Saltar ao contido

99942 Apophis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Animacióndo encontro de 2029 con Apophis, a Terra e a Lúa
Animación do encontro de 2029 con Apophis, a Terra e a Lúa

99942 Apophis é un asteroide NEA cun diámetro duns 350 m para o que, tras a súa descuberta no 2004, os cálculos da súa traxectoria daban un 2,7 % de probabilidade de impacto coa Terra no 2029. Posteriores melloras dos datos fan desestimar esa e outras posibles datas, de xeito que en marzo de 2021 se descarta a súa posibilidade de impacto coa Terra nun século, sendo removido da lista de risco.[1] Nesa data, establécese que o asteroide pasará a menos de 35 000 km de altura en 2029, máis baixo que os satélites xeoestacionarios, e poderá verse a ollo nu.[1]

Observacións de radar (8-10 de marzo de 2021, liberadas o 26 de marzo)
Observacións de radar (8-10 de marzo de 2021, liberadas o 26 de marzo)
  1. 1,0 1,1 "Apophis impact ruled out for the first time". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-26.