7 de xullo
Aparencia
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 7 de xullo é o 188º día do ano do calendario gregoriano e o 189º nos anos bisestos. Quedan 177 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1456 - Un novo veredicto levanta a acusación de herexía sobre Xoana de Arco 25 anos despois da súa morte.
- 1534 - Jacques Cartier contacta cos pobos aborixes do Canadá.
- 1978 - As Illas Salomón independízanse do Reino Unido
- 1980 - Institúese a xaria en Irán.
- 2005 - Atentados terroristas en Londres. 37 mortos e 700 feridos. Explosións no túnel entre as estacións de Moorgate e Liverpool Street, as de King's Croos e Russell Square. Na estación de Egdware Road e en Woburn Place. O atentado foi reivindicado pola célula europea de Al Qaeda.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1746 - Giuseppe Piazzi, astrónomo e sacerdote italiano (m. 1826).
- 1838 - Luis Diéguez Amoeiro, avogado e político galego (m. 1913).
- 1843 - Camillo Golgi, médico italiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1926).
- 1848 - Francisco de Paula Rodrigues Alves, presidente do Brasil (m. 1919).
- 1858 - José Leite de Vasconcelos, lingüista e etnógrafo portugués (m. 1951)..
- 1860 - Gustav Mahler, compositor austríaco (m. 1911).
- 1861 - Nettie Stevens, xenetista (m. 1912)
- 1887 - Marc Chagall, pintor ruso (m. 1985).
- 1901 - Vittorio De Sica, director de cine italiano (m. 1974).
- 1904 - Antonio Fernández Carnicero, médico e político galego (m. 1997).
- 1907 - Robert A. Heinlein, escritor de ficción científica norteamericano (m. 1988).
- 1917 - Fidel Sánchez Hernández, presidente salvadoreño (m. 2003)
- 1930 - Antonio Gandoy Díaz, cura e fundador de Preescolar na Casa (m. 2002).
- 1932 - Manuel Álvarez Torneiro, xornalista e poeta galego (m. 2019).
- 1945 - Manuel Chaves, político español.
- 1946 - Ringo Starr, músico e cantante británico (The Beatles).
- 1951 - Xesús Veiga Buxán, economista e político galego.
- 1954 - Menchu Lamas, pintora galega.
- 1963 - Vonda Shepard cantante estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1304 - Bieito IX, papa (n. 1240).
- 1816 - Richard Brinsley Sheridan, político e dramaturgo británico (n. 1751).
- 1889 - Nicolás Chicarro, contraalmirante galego (n. 1812).
- 1922 - Cathal Brugha, político e revolucionario irlandés (n. 1874).
- 1927 - Gösta Mittag-Leffler, matemático sueco (n. 1846).
- 1930 - Arthur Conan Doyle, escritor inglés (n. 1859).
- 1937 - Xermán Alonso Hortas, médico galego (n. 1881).
- 1948 - Higinio Fernández de la Vega Pasarín, notario e escritor galego (n. 1862).
- 1960 - Ángel Cabrera Latorre, zoólogo e paleontólogo español dedicado á taxonomía dos mamíferos (n. 1879).
- 1962 - Anita Delgado, bailaora e cantaora andaluza (n. 1890).
- 1965 - Moshe Sharett, primeiro ministro de Israel (n. 1894).
- 1966 - Victoriano García Martí, sociólogo e escritor galego (n. 1881).
- 1967 - Vivien Leigh, actriz británica (n. 1913).
- 1973 - Max Horkheimer, filósofo e sociólogo alemán (n. 1895).
- 1980 - Luís Calvo Sanz, empresario galego (n. 1897).
- 1986 - Mario de Langullo, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1913).
- 2006 - Syd Barrett, membro da banda Pink Floyd (n. 1946).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día da Independencia das Illas Salomón
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Bieito XI.