7 de febreiro
Aparencia
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 7 de febreiro é o 38º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 327 días para finalizar o ano, 328 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 457: no Imperio bizantino, León I o Tracio convértese en emperador.
- 1301 - Eduardo II de Inglaterra é proclamado como o primeiro príncipe de Gales.
- 1876 - Publícase en Ourense o primeiro número da revista satírica O Tio Marcos d'a Portela, primeira publicación periódica integramente en galego.
- 1923 - Estrea internacional da Selección de fútbol de Galicia.
- 1965 - A Forza Aérea dos Estados Unidos de América comeza a utilización de napalm sobre Vietnam do Norte.
- 1966 - O ministro franquista de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne, báñase na praia de Palomares (provincia de Almería), ante o temor a radioactividade dunha bomba H estadounidense perdida no mar nun accidente aéreo.
- 1981 - Inaugúrase oficialmente a Ponte de Rande, cuxas obras comezaron a finais de 1973.
- 1986 - En Haití, un levantamento popular fai saír do país ao ditador Jean-Claude Duvalier
- 1992 - Mediante o tratado de Maastricht, créase a Unión Europea, en Maastricht (Países Baixos)
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1478 - Sir Thomas More, humanista inglés (m. 1535).
- 1804 - John Deere, fabricante estadounidense (m. 1886).
- 1812 - Charles Dickens, escritor británico (m. 1870).
- 1816 - Jean Frédéric Frenet, matemático francés (m. 1900).
- 1862 - Francisco Martínez de la Rosa, poeta, dramaturgo e político español (m. 1862).
- 1870 - Vicente Ramos Rodríguez, empresario filántropo brionés (m. 1937).
- 1877 - Alfredo García Ramos, xornalista, escritor e xurista galego (m. 1934).
- 1885 - Sinclair Lewis, escritor estadounidense (m. 1951).
- 1905 - Paul Nizan, escritor francés (m. 1940).
- 1909 - Hélder Câmara, bispo brasileiro (m. 1999).
- 1914 - Ramón Mercader, militar e político catalán (m. 1978).
- 1926 - William D'Antonio, sociólogo estadounidense.
- 1933 - Adela Akers, artista téxtil estadounidense.
- 1940 - Toshihide Maskawa, físico xaponés.
- 1948 - María del Carmen Pallares Méndez, historiadora galega.
- 1956 - María Angélica Ayllón Urbina, intérprete e folclorista peruana.
- 1961 - Benxamín Dosil López, lingüista galego.
- 1967 - Tareixa Paz, política galega.
- 1987 - Kerli, pianista e cantante estoniana.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1074 - Pandulfo IV de Benevento, copríncipe de Benevento.
- 1569 - Sir Francis Drake, corsario inglés (n. 1543).
- 1823 - Ann Radcliffe, novelista británica (n. 1764).
- 1878 - Papa Pío IX (n. 1792).
- 1922 - Guillermo de Osma Scull, diplomático, arqueólogo e político español (n. 1853).
- 1934 - José Rodrigues Vale, coñecido pelo pseudónimo de João Verde, escritor portugués (n. 1866).
- 1963 - José Puente Castro, médico galego (n. 1883).
- 1974 - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta galego (n. 1901).
- 1988 - Manuel Pesqueira, pintor galego (n. 1911).
- 1990 - Alan Perlis, catedrático de ciencias da computación estadounidense (n. 1922).
- 1994 - Witold Lutosławski, compositor polaco (n. 1913).
- 1998 - Antón Risco, escritor galego (n. 1926).
- 1999 - Hussein I de Xordania (n. 1935).
- 2003 - Augusto Monterroso, escritor hondureño (n. 1921).
- 2017 - Tzvetan Todorov, filósofo e historiador francés (n. 1939).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Ricardo.