Saltar ao contido

25ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 25.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 19 de marzo de 1953 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles e no NBC Century Theatre de Nova York (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Bob Hope nos Ánxeles e Conrad Nagel en Nova York. Foi a primeira cerimonia dos Óscar televisada.[1]

Con cinco premios, The Bad and the Beautiful ten o récord de Óscar sen ser candidata ao mellor filme, igual que John Ford na súa cuarta vitoria como director.

Por primeira vez os premios ao mellor filme, director e intérpretes foron a seis filmes diferentes.

Cecil B. DeMille, mellor filme
John Ford, mellor dirección
Gary Cooper, mellor actor
Shirley Booth, mellor actriz
Anthony Quinn, mellor actor secundario
Gloria Grahame, mellor actriz secundaria
Cedric Gibbons, mellor vestiario en branco e negro
Elmo Williams, mellor montaxe

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión
Mellor argumento Mellor curtametraxe de animación
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción, un rolo Mellor curtametraxe de ficción, dous rolos
Mellor banda sonora, comedia ou drama Mellor banda sonora, musical
Mellor canción Mellor son
Mellor dirección de arte, branco e negro Mellor dirección de arte, cor
Mellor fotografía, branco e negro Mellor fotografía, cor
Mellor vestiario, branco e negro Mellor vestiario, cor
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Oscar honorífico

[editar | editar a fonte]
  • George Alfred Mitchell, "polo deseño e desenvolvemento da cámara que leva o seu nome e pola súa presenza continua e dominante no campo da cinematografía"
  • Joseph M. Schenck "polo seu longo e distinguido servizo á industria cinematográfica"
  • Merian C. Cooper "polas súas moitas innovacións e contribucións á arte do cinema"
  • Harold Lloyd "mestre cómico e bo cidadán"
  • Bob Hope "polas súas contribucións ao riso no mundo, os seus servizos á industria do cinema e a súa devoción pola premisa americana"

Irving G. Thalberg Memorial Award

[editar | editar a fonte]

Controversia

[editar | editar a fonte]

Houbo un forte malestar cando o gran favorito Só ante o perigo perdeu o premio principal contra O maior espectáculo do mundo, considerado un dos peores filmes que gañaron o Óscar ao mellor filme. A revista estadounidense Premiere listouno entre os dez peores gañadores do Óscar[3] e a británica Empire considerouno no número 3 na súa lista dos dez peores gañadores do Óscar.[4] Ten a cualificación máis baixa en Rotten Tomatoes de todos os gañadores ao mellor filme.[5]

Dos filmes nomeados para un Óscar nesta edición, Só ante o perigo e Singin' in the Rain son os únicos que paracen na listaxe do American Film Institute dos mellores filmes estadounidenses do século XX. Aínda que Singin' in the Rain só recibiu dúas candidaturas aos Óscar, foi nomeado o mellor filme musical estadounidense da historia e o quinto mellor filme na actualización da lista do AFI en 2007, e nesa mesma listaxe Só ante o perigo aparece no posto 27.

  1. Bacon, James (1953-03-19). "TV Will Carry Film Awards Show Tonight". The Fresno Bee. Associated Press. 
  2. "The 25th Academy Awards (1953) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-20. 
  3. "'Chicago' and 'Oliver!' Among "Worst" Oscar Winners". Imdb.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-06-10. Consultado o 2012-07-28. 
  4. "The worst Oscar winners!". Rediff.com movies. 2005-03-01. Arquivado dende o orixinal o 2012-02-14. Consultado o 2012-07-28. 
  5. "The Best of the Best Pictures". Rotten Tomatoes. 2008-02-23. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-02. Consultado o 2012-07-28. 
Predecesor:
24ª edición dos Óscar
Premios Óscar
25ª edición dos Óscar
Sucesor:
26ª edición dos Óscar