24 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1147 - Lisboa é tomada aos mouros.
- 1648 - O Tratado de Westfalia (asinado en Münster) pon fin á guerra dos Trinta Anos.
- 1848 - Fundación da cidade de Manaus, no Brasil.
- 1851 - William Lassell descobre as lúas do planeta Urano, Ariel e Umbriel.
- 1857 - No Reino Unido fúndase o Sheffield F. C., o club de fútbol máis antigo do mundo.
- 1906 - Santiago Ramón y Cajal recibe o Premio Nobel de Medicina.
- 1929 - Xoves negro da Bolsa dos Estados Unidos (NYSE).
- 1945 - Creación da ONU (Organización das Nacións Unidas).
- 1964 - Independencia de Rodesia do Norte (actual Zambia).
- 2009 - Comeza en Santiago de Compostela a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova, durará dous días.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 51 - Domiciano, emperador romano (m. 96).
- 1632 - Antoni van Leeuwenhoek, microbiólogo neerlandés (m. 1723).
- 1868 - Alexandra David-Néel, exploradora e escritora francesa (m. 1969).
- 1897 - Francisco Vázquez Saco, eclesiástico e escritor (m. 1962).
- 1919 - Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario galego (m. 1992).
- 1921 - Faustino Rey Romero, sacerdote e escritor galego (m. 1971).
- 1926 - Rafael Azcona, guionista español.
- 1927 - Gilbert Bécaud, cantante francés.
- 1928 - Jürgen Untermann, indoeuropeísta, filólogo e epigrafista alemán.
- 1939 - Ismael González Díaz, cineasta e escritor galego (m. 2015).
- 1953 - Juan Miguel Diz Guedes, político galego.
- 1954 - Fernando Vázquez, adestrador de fútbol galego, técnico da Selección galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1537 - Xoana Seymour, terceira esposa de Henrique VIII de Inglaterra.
- 1601 - Tycho Brahe, astrónomo dinamarqués.
- 1842 - Bernardo O'Higgins, líder da independencia de Chile (n.1778).
- 1898 - Pierre Puvis de Chavannes, pintor francés (n. 1824).
- 1975 - Cipriano Mera, dirixente anarcosindicalista español (n. 1897).
- 1977 - José María de Cossío, escritor e polígrafo español.
- 1978 - Francisco Luís Bernárdez, escritor e diplomático arxentino (n. 1900).
- 1991 - Gene Roddenberry, director e produtor estadounidense, a quen se debe Star Trek.
- 1994 - Raúl Juliá, actor portorriqueño.
- 2001 - Eugenio Granell, pintor e escritor galego (n. 1912).
- 2015 - Maureen O'Hara, actriz estadounidense (n. 1920).
- 2018 - Carmen Alborch, política valenciana (n. 1946).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día das Nacións Unidas [1]
- Día das Bibliotecas
- Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- Día Mundial da Polio [1]
A partir deste día, desde 1978, celébrase a Semana do Desarme.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santo Antonio María Claret, bispo. San Florentino. Santa Valentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día de las Naciones Unidas. 24 de octubre" (en castelán). Consultado o 27.11.2022.