244
Aparencia
244 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 244 CCXLIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 997 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | N/A | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 2940 – 2941 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4004 – 4005 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 299 – 300 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 166 – 167 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 3345 – 3346 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 378 BP – 377 BP | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 390 BH – 389 BH | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 494 | ||||||||||||||||||
|
O ano 244 (CCXLIV) foi un ano bisesto comenzado en luns do calendario xuliano, en vigor naquela data.
No Imperio romano o ano foi nomeado como "o do consulado de Armenio e Emiliano" ou, menos comunmente, como o 997 Ab urbe condita, sendo a súa denominación como 244 posterior, da Idade Media, ao establecerse o Anno Domini.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Por lugar
[editar | editar a fonte]Imperio romano
[editar | editar a fonte]- Batalla de Misiche: O rei Shapur I lanza un contraataque cerca de Faluya (Iraq) e derrota ao exército romano augas arriba do río Éufrates.
- 11 de febreiro: o emperador Gordiano III es asasinado por soldados amotinados en Zaitha (Mesopotamia). Un montículo se eleva en Carchemish na súa memoria.
- Filipo o Árabe se declara a si mesmo coemperador e fai unha paz vergoñosa cos persas. Evacúase Siria e dálle a Sapor I 500 000 pezas de ouro.
- Filipo o Árabe constrúe a cidade de Shahba (Siria), a provincia do seu nacemento. Os persas ocupan Armenia.
- Filipo o Árabe é recoñecido polo Senado Romano como novo emperador e lle da ao seu irmán Prisco o poder supremo (rector Orientis) nas provincias orientais.
- Filipo I é proclamado Augusto e se designa ao seu fillo Filipo, de 6 anos, co título de César e herdeiro ao trono.
- O contido de prata do denario romano cae a 0,5% en tempo do emperador Filipo I, fronte ao 28% en tempo de Gordiano III.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 22 de decembro: Caio Aurelio Valerio Diocleciano, emperador romano.
- Alexandre de Constantinopla, patriarca de Constantinopla.
Finamentos
[editar | editar a fonte]- 11 de febreiro: Gordiano III, emperador romano (n. 225).
- Heliconis, mártir de Tesalónica.
- Cao Xun (n. 230).
- Zhang Cheng, xeral do Reino de Wu (n. 178)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 244 |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |