Saltar ao contido

2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2012
Calendario gregoriano2012
MMXII
Ab urbe condita2765
Calendario armenio1461
Calendario chinés4708 – 4709
Calendario hebreo5772 – 5773
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2067 – 2068
 ·  Shaka Samvat1934 – 1935
 ·  Kali Yuga5113 – 5114
Calendario persa1390 – 1391
Calendario musulmán1433 – 1434
Calendario rúnico2262
Década de 2010
2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 2012 o ano internacional das cooperativas, recoñecendo así a contribución destas ao desenvolvemento socioeconómico, en particular ao recoñecemento á redución da pobreza, o emprego e á integración social que xeran.

Acontecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1 de xaneiro: en Nixeria, conflitos por terras deixan un saldo de polo menos 50 mortos.[1]
  • 1 de xaneiro: no Xapón séntese un sismo de 7 graos sen vítimas nin alerta de tsunami.[2]
  • 1 de xaneiro: o Parlamento árabe pide retirar os seus observadores do territorio sirio, o que lle permite ao Goberno ocultar os seus abusos na guerra civil.[3]
  • 4 de xaneiro: descubrimento dos primeiros tiburóns híbridos en Australia.[4]
  • 4 de xaneiro: no fondo do océano Antártico descóbrense novas especies en fontes termais.[5]
  • 4 de xaneiro: lógrase abrir un burato no espazo-tempo, pero cunha duración de 40 picosegundos.[6]
  • 5 de xaneiro: en Bagdad e Nasiriya (Iraq) varios atentados terroristas contra musulmáns xiítas deixan polo menos 78 mortos e decenas de feridos. Esta nova escalada busca incitar a violencia sectaria no país.[7]
  • 6 de xaneiro: en Siria un atentado na capital Damasco deixa polo menos 26 mortos, mentres que a represión das forzas do goberno contra as manifestacións opositoras e os choques armados con militares rebeldes deixan polo menos outros 35 mortos en varias rexións do país.[8]
  • 6 de xaneiro: en Nixeria ataques terroristas cometidos nos últimos dous días polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram contra cristiáns deixan polo menos 28 mortos e obrigan a impoñer o toque de queda no estado nixeriano de Adamawa para conter unha escalada que podería desatar unha guerra civil sectaria no país.[9]
  • 6 de xaneiro: en Somalia un bombardeo aéreo das forzas militares da veciña Kenya contra forzas do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) deixa polo menos 60 milicianos mortos. O bombardeo formaba parte da ofensiva das tropas quenianas para conquistar a cidade costeira somalí de Kismayo baixo control de Al-Shabbaab, en resposta a accións terroristas como o secuestro de cooperantes españois.[10]
  • 10 de xaneiro: na cidade de Yamrud (Paquistán), un atentado terrorista deixa polo menos 35 mortos.[11]
  • 13 de xaneiro ao 22 de xaneiro: celébranse os primeiros Xogos Olímpicos da Xuventude de Inverno, en Innsbruck, Austria.
  • 13 de xaneiro: afúndese o cruceiro italiano Costa Concordia con máis de 4000 persoas a bordo. Dito accidente deixa 25 mortos.
    O Costa Concordia naufraga nas costas das Illas do Giglio.
  • 14 de xaneiro: na Cidade de Guatemala, Otto Pérez toma a presidencia.
  • 14 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida na cidade de Basora deixa polo menos 53 mortos. As vítimas eran peregrinos que participaban nunha festividade relixiosa islámica xiíta.[12]
  • 15 de xaneiro: en Guatemala realízase o cambio de gobernos municipais.
  • 15 de xaneiro: en Rada (Iemen), unha forza de asalto de 400 terroristas de Al Qaeda toma o control da cidade e proclama un «emirato islámico», mentres a poboación civil intenta fuxir ante o temor dunha batalla campal cando o exército iemení intente recuperar a cidade.[13]
  • 18 de xaneiro: en Birmania, unha explosión causa 3 mortos tras o reinicio das conversacións de paz.[14]
  • 18 de xaneiro: nos Estados Unidos, O Pentágono cifra en 19.000 os casos de abuso sexual nas Forzas Armadas.[15]
  • 20 de xaneiro: en Nixeria varios ataques terroristas cometidos na cidade de Kano polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram causan polo menos 250 mortos. Os obxectivos dos ataques eran principalmente comisarías de policía.[16]
  • 21 de xaneiro: na India morren polo menos 13 policías nun ataque armado de guerrilleiros comunistas maoístas.
  • 22 de xaneiro: en Finlandia realízase a primeira volta das eleccións presidenciais.
  • 22 de xaneiro: en Nixeria, o grupo Boko Haram continúa a campaña de terror asasinando a 9 persoas de relixión cristiá e destruíndo igrexas.
  • 23 de xaneiro: en Libia un grupo armado de presuntos partidarios do derrocado e falecido ditador libio Muammar al-Gaddafi toman o control de parte da cidade de Bani Walid logo de violentos combates, nun aparente intento de desatar unha rebelión contra o novo goberno.
  • 27 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida nun funeral xiíta en Bagdad deixa polo menos 31 mortos e 60 feridos.[17]
  • 30 de xaneiro: en Siria intensifícanse os combates entre as forzas leais ao goberno e os militares rebeldes do exército popular a poucos quilómetros da capital Damasco. As forzas gobernamentais empregan artillaría pesada e tanques nun esforzo para expulsar os rebeldes dos suburbios da capital que controlan.[18]
  • 30 de xaneiro: en Bruxelas comeza un cumio extraordinario da Unión Europea para tomar medidas para reactivar o crecemento e o emprego e seguir intentando evitar unha recesión grave nas economías europeas.[19]
  • 2 de marzo: en Irán celébranse eleccións parlamentarias. O réxime iraniano non permitiu a inscrición da maioría dos candidatos da oposición reformista democrática, polo que nos comicios participaron principalmente as dúas faccións enfrontadas nas que se dividiu o oficialismo ultraconservador: os partidarios do líder supremo Ali Khamenei, que obtiveron unha vitoria esmagadora, e os do presidente Mahmoud Ahmadinejad, que sufriu unha humillante derrota, mentres que a oposición reformista, que chamara á abstención, denunciou que o réxime inflou falsamente a cifra de participación.[34]
  • 2 de marzo: en Bruxelas os xefes de Estado e de Goberno de todos os países da Unión Europea ―exceptuando Reino Unido e a República Checa― asinan un tratado de austeridade fiscal acordado en principio tres meses atrás e que obriga aos países asinantes a cumprir unha drástica e ríxida disciplina nas súas contas públicas para atallar a crise da débeda soberana e tratar de evitar unha conmoción económica.[35]
  • 4 de marzo: en Rusia celébranse eleccións presidenciais. O actual primeiro ministro Vladimir Putin obtén unha vitoria esmagadora que lle permitirá volver ocupar a presidencia (que xa ocupou durante dous mandatos no pasado), mais a oposición denuncia fraude nunhas eleccións xa cuestionadas porque non se permitiu a participación dos líderes da oposición extraparlamentaria e polo vantaxismo oficial na campaña, o que desata protestas nas rúas.
  • 4 de marzo: en Polonia, un accidente ferroviario deixa 16 mortos e 58 feridos.
  • 4 de marzo: na República do Congo morren polo menos 246 persoas, centos quedan feridas e 5000 sen vivenda nunha serie de explosións nun depósito de municións do Exército ao lado dun barrio popular na capital, Brazzaville. Aparentemente a orixe das explosións foi un accidente.[36]
  • 4 de marzo: no Iemen Al Qaeda ataca un cuartel do Exército iemení no sur do país e logo dunha batalla campal logra matar polo menos 185 militares e capturar decenas, no peor golpe que sufriron as Forzas Armadas do Iemen no marco da loita antiterrorista.[37]
  • 7 de marzo: en Libia o presidente do Consello Nacional de Transición (presidente provisional de Libia) Mustafa Abdul Jalil ameaza con usar a forza para manter unido o país, logo da proclamación un día antes na cidade de Bengasi da autonomía da rexión de Cirenaica por líderes tribais e as milicias locais.[38]
  • 10 de marzo: en Somalia morren entre 50 e 100 combatentes en sanguentos combates entre o grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab e forzas gobernamentais somalís e da veciña Etiopía. Isto dáse no marco da ofensiva lanzada por Etiopía, Kenya e a forza multinacional da Unión Africana para destruír Al-Shabbaab, vinculado a Al Qaeda.[39]
  • 11 de marzo: no Salvador realízanse eleccións lexislativas e municipais.
  • 19 de marzo: en España celébrase o Bicentenario das Cortes de Cádiz.
  • 19 de marzo: en Siria prodúcense encarnizados combates entre forzas leais ao goberno e forzas rebeldes nun exclusivo e céntrico barrio da capital Damasco, nun feito infrecuente até ese momento no conflito que vive o país, poñendo á vista a capacidade dos rebeldes para golpear a fortemente vixiada capital.[40]
  • 20 de marzo: en Iraq unha vaga de atentados terroristas con bombas sacode varias cidades do país, entre elas a capital Bagdad, Kerbala, Kirkuk e Al-Hillah. En total morren polo menos 51 persoas e 250 quedan feridas.[41]
  • 20 de marzo: no municipio de Ometepec (México) prodúcese un forte terremoto dunha magnitude de 7,9 graos Richter, rexistrándose moitos danos materiais.[42]
  • 21 de marzo: en Malí un grupo de militares derroca o goberno nun sanguento golpe de estado. Os militares golpistas, que xustificaron a súa acción polo insuficiente apoio do goberno derrocado aos militares na súa loita contra os guerrilleiros separatistas do pobo tuareg do norte do país, cerraron as fronteiras do país e formaron unha xunta militar de goberno.[43]
    Bandeira dos rebeldes tuareg en Malí.
  • 22 de marzo: no Iemen as forzas do goberno conxuntamente con forzas militares estadounidenses bombardean posicións de Al Qaeda no sur do país matando polo menos 29 terroristas.[44]
  • 26 de marzo: en Somalia, o Exército de Etiopía, co apoio dunha milicia pro-gobernamental somalí, conquista a cidade de Elbur, un dos principais bastións do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab, asociado a Al Qaeda. A caída de Elbur súmase á conquista doutras cidades, até aquelas controladas por Al-Shabbaab, por parte das forzas gobernamentais somalís e dos seus aliados estranxeiros da forza multinacional africana.[45]
  • 31 de marzo: en Malí os guerrilleiros separatistas de etnia tuareg do norte do país (Movemento Nacional de Liberación do Azawad) lanzan unha ofensiva contra a estratéxica cidade de Gao, logo de ter conquistado o día anterior a tamén estratéxica localidade de Kidal. Os rebeldes independentistas están aproveitando a debilidade e a confusión que reinan nas forzas gobernamentais despois do recente golpe de estado para avanzar de forma acelerada, o que preocupa os países da rexión que ofrecen enviar tropas para frealos.[46]
  • 31 de marzo: en Tailandia un atentado terrorista na cidade de Yala, ao sur do país, causa polo menos 8 mortos e máis de 50 feridos. O atentado dáse nunha rexión onde son frecuentes os ataques dos guerrilleiros separatistas islámicos que loitan para crear un estado islámico independente e que denuncian a discriminación por parte da maioría budista de Tailandia.[47]
  • 1 de abril: en Malí, logo de ocupar as cidades de Kidal e Gao, os guerrilleiros secesionistas tuareg conquistan a histórica cidade de Tombouctou despois de que os soldados do Exército regular de Malí fuxiran e de que unha milicia árabe local pro-gobernamental se rendera ante os rebeldes. Con esta vitoria os rebeldes independentistas controlan practicamente a totalidade do norte do país, o que preocupa a comunidade internacional que teme que Al Qaeda aproveite esta situación para converter a rexión nunha base de operacións.[48]
  • 1 de abril: en Birmania celébranse eleccións parlamentarias parciais para cubrir unha parte relativamente pequena dos escanos ao Parlamento birmano. A oposición democrática contraria ao réxime militar arrasa nos comicios e a súa líder, a Premio Nobel da Paz Aung San Suu Kyi, é electa deputada.[49]
  • 2 de abril: en Malí un grupo próximo a Al Qaeda expulsa os rebeldes tuaregs da cidade de Tombouctou e conquístaa na súa maior parte. Os guerrilleiros tuareg que conquistaran a cidade o día anterior tiveron que repregarse ante a forza de Al Qaeda, o que complica a xa caótica situación de Malí despois do recente golpe de estado e que ameaza todo o norte de África.[50]
  • 3 de abril: no Iemen as forzas do goberno recuperan o control dunha rexión do sur do país despois de bombardear intensamente as posicións de Al Qaeda matando polo menos 43 guerrilleiros desa organización terrorista.[51]
  • 6 de abril: En Malí os rebeldes separatistas tuaregs proclaman a independencia de Azawad, o norte do actual Malí que ocuparon e que reivindican como patria súa. A comunidade internacional non recoñece a declaración de independencia deste pretendido novo Estado e pronúnciase pola defensa da unidade nacional e integridade territorial de Malí.[52]
  • 8 de abril: en Nixeria un atentado terrorista na cidade de Kaduna contra igrexas cristiás en plena celebración da Semana Santa deixa polo menos 38 persoas mortas e decenas feridas. Sospéitase que o atentado foi obra do grupo fundamentalista islámico Boko Haram na súa campaña para desatar unha guerra entre relixións no país.[53]
  • 9 de abril: en Somalia un atentado terrorista nun mercado da cidade de Baidoa deixa polo menos 11 mortos. A cidade onde ocorreu o atentado fora conquistada dous meses antes por tropas etíopes, que lle arrebataron o control ao grupo islamista Al-Shabbaab.[54]
  • 11 de abril: en Corea do Sur celébranse eleccións parlamentarias; triunfa o partido de centro-dereita do presidente Lee Myung-bak.[55]
  • 12 de abril: en Guinea-Bissau un grupo de militares derrocan o goberno nun golpe de Estado.[56]
  • 14 de abril: centenario do afundimento do RMS Titanic no océano Atlántico.
  • 14 e 15 de abril: en Cartaxena de Indias (Colombia) realízase o VI Cumio das Américas
  • 17 de abril: Cristina Fernández de Kirchner expropia YPF á empresa multinacional Repsol-YPF por razóns de interese nacional. O goberno español amósase desconforme e anuncia medidas en contra.[57]
    Cristina Fernández de Kirchner renacionaliza a empresa petroleira YPF, en mans da multinacional Repsol.
  • 20 de abril: científicos crean unha nova molécula capaz de transportar información xenética e reproducirse, chamado ADN sintético ou AXN.[58]
  • 22 de abril: en Francia celébrase a primeira volta das eleccións presidenciais. O socialista de centro-esquerda François Hollande obtén a vitoria, pero ao non ter a maioría absoluta do sufraxio popular deberá disputarse a presidencia nunha segunda volta co presidente saínte e aspirante a reelección, o conservador Nicolas Sarkozy.[59]
  • 23 de abril: as Forzas Armadas do Sudán anuncian que en tres días de combates mataron máis de 900 militares do Exército do Sudán do Sur no marco da guerra que sosteñen ambos países africanos por unha rexión rica en petróleo.[60]
  • 3 de maio: En Reino Unido celébranse eleccións municipais en varias rexións do país. O opositor Partido Laborista de centro-esquerda obtén importantes vitorias, aínda que o oficialista Partido Conservador logra tamén unha vitoria significativa ao reter a Alcaldía da capital Londres.
  • 4 de maio: en Irán celébrase a segunda volta das eleccións parlamentarias.[61]
  • 6 de maio: François Hollande é elixido Presidente da República Francesa na segunda volta das eleccións presidenciais.[62]
  • 6 de maio: en Grecia celébranse eleccións parlamentarias e a centro-dereita de Nova Democracia obtén a vitoria, pero cunha maioría relativa moi afastada da maioría absoluta e no contexto duns resultados moi fragmentados, co auxe ademais da esquerda populista e a extrema dereita, o que fai imposible formar goberno e obriga aos poucos días a adiantar as eleccións de novo, poñendo a Grecia a piques de abandonar o euro.[63]
  • 6 de maio: en Serbia celébranse eleccións presidenciais, parlamentarias e municipais. Ante a falta de maioría absoluta as eleccións presidenciais deberán definirse nunha segunda volta, e nas eleccións parlamentarias os resultados son fragmentados, pero os partidos pro-europeos obteñen suficiente apoio como para poder formar goberno.
  • 6 de maio: en Italia celébranse eleccións municipais en varias rexións do país.[64]
  • 9 de maio: en España, o Goberno anuncia recortes de 10.000 millóns de euros nos orzamentos de Educación e Saúde, e nacionaliza o banco Bankia, que necesitaría unha cifra similar para non quebrar.[65]
  • 11 de maio: os «indignados» anuncian retomar as protestas en distintos puntos de Madrid e de España, aproximándose o primeiro ano do seu nacemento: o 15 de maio de 2011.[66]
  • 12 de maio: os indignados retoman as protestas nas principais cidades españolas.[67]
  • 13 de maio: en Tiflis (capital de Xeorxia), as graves inundacións deixan 5 mortos, destrúen casas e deixan decenas de persoas atrapadas.
  • 15 de maio: na cidade de Bogotá (Colombia) cométese un atentado contra Fernando Londoño.
  • 20 de maio: eleccións presidenciais na República Dominicana.
  • 20 de maio: eclipse solar anular.
  • 20 de maio: en Serbia celébrase a segunda volta das eleccións presidenciais. Triunfa o nacionalista Tomislav Nikolic, o que fai temer maior inestabilidade política e unha debilitación do compromiso coa integración europea.[68]
  • 21 de maio: no Iemen un atentado terrorista suicida reivindicado por Al Qaeda deixa polo menos 70 mortos e 100 feridos entre os militares que participaban no ensaio dun desfile militar na capital Sana. O atentado (no que resultou ileso o Ministro de Defensa que presenciaba o ensaio) foi unha resposta á ofensiva militar do goberno iemení contra Al Qaeda no sur do país que deixou decenas de mortos nos días anteriores ao atentado.[69]
  • 21 de maio: en Malí o presidente interino Dioncounda Traoré é golpeado brutalmente por unha turba de manifestantes que asaltou o Palacio Presidencial reclamando a partida do presidente e a súa substitución polo líder da xunta militar que protagonizou un golpe de estado unhas semanas atrás.[70]
  • 23 de maio: en Exipto comeza a primeira volta das eleccións presidenciais, nunha votación que se estenderá durante dous días seguidos. Considéranse as primeiras eleccións libres da historia do país e elixirase o primeiro presidente democrático logo da caída da ditadura de Hosni Mubarak.[71]
  • 23 de maio: a Xendarmería do Vaticano detén o mordomo do papa Bieito XVI, Paolo Gabriele por supostamente desvelar documentos secretos (que apareceron no libro Sua Santità. Le carte segrete di Benedetto XVI). Comeza o fenómeno do Vatileaks.
  • 25 de maio: en Siria ocorre un masacre na cidade de Hula na que morren polo menos 108 persoas, na súa maioría civís e unha gran parte deles nenos. A oposición siria e a maior parte da comunidade internacional atribúen o masacre ás forzas leais ao goberno sirio que empregarían artillaría pesada e executarían persoas tomadas nos seus domicilios, mais o réxime sirio nega a súa responsabilidade nos feitos violentos, que continuarían os días seguintes.
  • 26 de maio: en Bakú (Acerbaixán) celébrase o LVII Festival da Canción de Eurovisión, que finaliza coa gañadora Loreen e a súa canción "Euphoria".
  • 27 de maio: no Uruguai celébranse eleccións internas na Fronte Ampla.
  • 29 de maio: en Italia, un terremoto de 5,8 graos deixa estragos na cidade de Boloña.
  • 30 de maio: o exditador de Liberia, Charles Taylor, é condenado a 50 anos de cárcere polo Tribunal Especial para Serra Leoa por crimes de lesa humanidade cometidos por Taylor ao apoiar os rebeldes da veciña Serra Leoa durante a guerra civil que azoutou ese país, apoio polo que Taylor recibiu diamantes de sangue. Trátase da primeira sentenza ditada por un tribunal penal internacional contra un ex-xefe de Estado desde os Xuízos de Nuremberg.[72]
Nenos fuxindo do fogo gazatí en Kiryat Mal'aji durante o conflito entre Israel e Gaza.
21 de decembro: reinicio do calendario maia.
Manifestantes durante a toma de protesta de Enrique Peña Nieto, no cerco de San Lázaro.

No ano de 2012, as seguintes persoas foron contempladas co premio Nobel:

Nome Nacionalidade Premio
Nobel
Serge Haroche Francia Física
David Wineland Física
Robert Lefkowitz Química
Brian Kobilka Química
John Gurdon Inglaterra Fisioloxía ou Medicina
Shinya Yamanaka Fisioloxía ou Medicina
Mo Yan República Popular da China Literatura
Unión Europea Paz
Alvin Roth Economía
Lloyd Shapley Economía

Acontecementos

[editar | editar a fonte]
  1. www.hoy.com.ec (1 de xaneiro de 2012). "Conflictos por tierras dejan saldo de al menos 50 muertos en Nigeria" (en español). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  2. www.caracol.com.co (1 de xaneiro de 2012). "Primer terremoto de 2012 le tocó a Japón" (en español). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  3. BBC (1 de xaneiro de 2012). "Parlamento árabe pide retirar observadores de Siria" (en español). Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  4. ABC (4 de xaneiro de 2012). "Descubrimiento del primer tiburón híbrido en Australia" (en español). Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  5. «Descubren especies en región termal cercana a la Antártida», Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. artigo no diario El País (Uruguai). (en castelán)
  6. ABC (4 de xaneiro de 2012). "Científicos crean un «agujero» en el espacio y el tiempo" (en español). Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  7. "Una serie de atentados en Irak deja 78 muertos". El Universal (México). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  8. «Con funeral multitudinario despiden a víctimas de atentado en Siria», Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en El Universal (Venezuela).
  9. «Grupo islámico amenaza con hundir a Nigeria en una guerra civil», Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. artigo en Milenio (México).
  10. «Ataque aéreo de Kenia en Somalia deja 60 muertos», en Noticieros Televisa (México).
  11. Atentado en Pakistán dejó un saldo de 35 muertos, en Univisión Noticias.
  12. «Murieron 53 personas en atentado en Irak», en Univisión Noticias (México).
  13. «Miembros de Al Qaeda instauran un “emirato islámico” en la ciudad yemení de Rada», en Radio Televisión Española.
  14. «Una explosión causa tres muertos en Birmania tras la reanudación de las conversaciones de paz».
  15. «El Pentágono cifra en 19.000 los casos de abuso sexual en las Fuerzas Armadas».
  16. «Los atentados en Nigeria acaban con más de 250 vidas», en Levante, de Valencia (España).
  17. Un coche bomba causa al menos 31 muertos y 60 heridos en Bagdad, en El Mundo (Madrid).
  18. «Las tropas de Asad tratan de frenar a los opositores en su camino a Damasco», en El Mundo (Madrid).
  19. "Cumbre europea para impulsar el empleo marcada por tensión con Grecia, en Univisión Noticias.". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  20. «Al menos dos muertos en Egipto en las protestas por la tragedia del estadio de Port Said», en Télam (Buenos Aires).
  21. feeds.univision.com, ed. (2 de febreiro de 2012). "Más de cien muertos por ola de frío en Ucrania" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  22. «Relatan opositores sirios masacre en Homs», Arquivado 12 de outubro de 2012 en Wayback Machine. en El Universal (México).
  23. «Miles de personas piden elecciones libres y justas en Rusia», en Vanguardia (México).
  24. Xosé Manuel Beiras le a resolución do Encontro Irmandiño Arquivado 15 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. en Praza Pública.
  25. «Dimite presidente alemán Christian Wulff, cercado por los casos de corrupción», en RTVE (Madrid).
  26. Italia anula privilegios fiscales de la Iglesia católica.
  27. www.univision.com, ed. (2012). "Catástrofe ferroviaria en Argentina causó 50 muertos y 703 heridos (oficial)." (en español). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  28. «Atentados con coches bomba en Irak», en el sitio web Télam.
  29. «Siria define nueva constitución mientras siguen combates», Arquivado 20 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en Los Andes (Mendoza).
  30. «Incendio en el crucero Costa Allegra», Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Cadena Ser.
  31. Fin da autocracia en Iemen, en Google (en inglés)
  32. O exército sirio asalta Homs en Google (en castelán)
  33. «A dos meses de la muerte del líder norcoreano, el heredero Kim Jong-Un anunció el cese de sus pruebas atómicas», en Página/12 (Buenos Aires).
  34. «Ahmadineyad pierde fuerza en las elecciones de Irán con la victoria de los leales a Jamenei», en 20 Minutos.
  35. «Los líderes europeos firman el tratado para reforzar la disciplina fiscal», en La Vanguardia (Madrid).
  36. «Congo: tras explosión no hay esfuerzo coordinado de ayuda», Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en Terra Perú.
  37. «Al Qaida en la Península Arábiga (AQPA) reivindica ataques en Yemen», Arquivado 06 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en Univisión Noticias.
  38. «Abdul Yalil amenaza con usar la fuerza para mantener la unidad del país», Arquivado 20 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en ABC (Madrid).
  39. "Decenas de muertos en combate de tropas somalíes y etíopes contra Al Shabab". Canal de Noticia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  40. «Siria: intensos combates en Damasco», Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en Voz de América.
  41. «Unas 16 explosiones simultáneas en Irak causan decenas de muertos, en El Universal (Venezuela).
  42. De 7.93 grados el sismo en México, rectifica el SSN, Arquivado 12 de outubro de 2012 en Wayback Machine. en El Universal.]
  43. «Los golpistas cierran el espacio aéreo y las fronteras terrestres de Malí», en El Mundo (Madrid).
  44. Al menos 29 muertos en un ataque contra bastiones de Al Qaeda en el sur de Yemen, en El Mundo (Madrid).
  45. Fuerzas etíopes toman la principal base de Al Shabab en el centro de Somalia, en El Mundo (Madrid).
  46. Los rebeldes tuaregs ganan terreno en Malí y entran en la estratégica ciudad de Gao, en El Mundo (Madrid).
  47. Al menos ocho muertos en un atentado con bombas en el sur de Tailandia, en El Mundo (Madrid).
  48. «Los rebeldes tuareg se apoderan de Tombuctú», en Ideal (Madrid).
  49. El partido de Aung San Suu Kyi gana al menos 40 de los 45 escaños en juego, en El Mundo (Madrid).
  50. «Grupo próximo a Al Qaeda se hace con control de ciudad maliense de Tombuctú», Arquivado 06 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en Univisión Noticias.
  51. «Matan a 43 guerrilleros», Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en El Tribuno (Salta).
  52. «Los rebeldes tuareg anuncian la independencia del norte de Mali», en Público (Madrid).
  53. «Atentado en Nigeria deja 38 muertos», Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine. en El Espectador (Colombia).
  54. «Al menos 11 muertos en un atentado al sur de Somalia», en El Mundo (Madrid).
  55. Los conservadores de Lee Myung-bak ganan las legislativas de Corea del Sur, en Radio Televisión Española.
  56. «Golpe de estado en Guinea Bissau: el presidente en paradero desconocido», Arquivado 09 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en Univisión Noticias.
  57. «Apoyo mexicano a la expropiación de YPF».
  58. José Manuel Nieves para ABC.es. "AXN, llega el ADN sintético". 
  59. «Hollande gana la primera vuelta y disputará la presidencia a Sarkozy», en El Mundo (Madrid).
  60. «Sudán asegura haber matado a 938 soldados sureños por el control de una zona petrolera», en El Mundo (Madrid).
  61. «Irán celebra hoy segunda vuelta de las elecciones al Parlamento nacional», Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en Ria Novosti.
  62. 20minutos.es. "Hollande es el nuevo presidente de Francia". 
  63. "Grecia disuelve su Parlamento, en CNN Expansión.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  64. Italia renueva ayuntamientos en primeras elecciones de Monti, Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. en Informador (México).
  65. «Rajoy salvó un banco privado con los recortes del ajuste español», artigo no diario Infonews (Buenos Aires) do 10 de maio de 2012.
  66. Los ‘indignados’, preparados para tomar calles y plazas en el primer aniversario del 15M
  67. «El 15M sale a las calles de las principales ciudades españolas», artículo en el diario Público.
  68. El nacionalista Nikolic gana las elecciones presidenciales en Serbia, en El País (Madrid).
  69. Yemen celebra el aniversario de su unificación de luto tras atentado en Saná, Arquivado 28 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en La Jornada (Bolivia).
  70. El presidente de Mali, herido tras el asalto de manifestantes progolpistas a su oficina, en Radio Televisión Española.
  71. Los egipcios se debaten entre regresar al pasado o apostar por los islamistas, en El Mundo (Madrid).
  72. Charles Taylor morirá en prisión, Arquivado 15 de decembro de 2012 en Wayback Machine. en Perú 21.
  73. «Mubarak, condenado a cadena perpetua», en El Mundo (Madrid).
  74. «Casas quemadas y tumbas, los restos visibles de la última masacre siria», en El Mundo (Madrid).
  75. «Ola de atentados en Irak mata a decenas de chiitas», en Excelsior (México).
  76. "El Ejército yemení recupera el ultimo bastión de Al Qaeda en la provincia de Abian". La Información (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2020-01-05. 
  77. «Egipto concluye segunda vuelta de elección presidencial», en Spanish People.
  78. «El PS logra mayoría absoluta en la Asamblea», en Radio Francia Internacional.
  79. «Un voto de desengaño, de protesta, de convicción», en La Vanguardia (Madrid).
  80. «Damasco vive sus horas más violentas: más de 80 muertos en combates en Siria», Arquivado 18 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en La Nación (Venezuela).
  81. «Atentado de Bulgaria».
  82. «Maher Assad, hermano del presidente sirio, pierde una pierna en una explosión», en El Mundo (Madrid).
  83. «Un joven enmascarado mata a 12 personas durante el estreno de la película “Batman” en Denver, Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. en "El Confidencial" (España).
  84. «Tropas de Madagascar actúan contra soldados amotinados», en BBC (Londres).
  85. «Mueren 107 personas en 22 ataques coordinados en 14 ciudades del país», en El Mundo (Madrid).
  86. «“España no va a ser rescatada, es una opción descartada”, asegura el Gobierno», en La Nueva España (Madrid).
  87. "Terremoto en Costa Rica.". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  88. "Voto de jóvenes de 16 años.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2012.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  89. Victoria abrumadora de las fuerzas proeuropeas en Holanda, en El Mundo (Madrid).
  90. [1] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Diario Perfil, 01-06-2012.
  91. Las clases medias altas porteñas se manifestaron con total libertad, Arquivado 17 de setembro de 2012 en Wayback Machine. en Tiempo Argentino.
  92. La ONU alerta de la consolidación de grupos terroristas en Malí.
  93. Disturbios en España.
  94. La represión policial en España.
  95. La represión policial en Grecia.
  96. Tropas de la Unión Africana llegan a Kismayo, Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en Euronews.
  97. 20minutos.es. "Turquía dice haber bombardeado territorio sirio en represalia por un ataque previo con obús". 
  98. «Chávez consiguió un cuarto mandato con el 54,4 % de los votos, frente al 44,9 % que obtuvo Capriles», en Página/12 (Buenos Aires).
  99. "Barack Obama é reeleito nos Estados Unidos.". G1 (en portugués). Consultado o 7 de novembro de 2012. 
  100. "Eclipse solar é visto no hemisfério sul". SUPER (en portugués). Consultado o 13 de novembro de 2012. 
  101. Huelga general en España
  102. Europa se moviliza con paros parciales, manifestaciones y huelgas en 23 países
  103. "PC chinês nomea Xi Jinping para assumir presidência.". Folha (en portugués). Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  104. China cierra una sucesión conservadora con el nombramiento de Xi Jinping, en El País de España.
  105. Xi Jinping, elegido nuevo secretario general del Partido Comunista chino, en Europa Press.
  106. "Corte Internacional de Justicia fijó límites marítimos con Nicaragua" (en castelán). Colombia: El Tiempo. 19 de novembro de 2012. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  107. "CPTM é condenada por acidente em Perus no ano 2000.". Gazeta do Povo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  108. Los rebeldes congoleños del M23 entran en la ciudad oriental de Goma, en El Mundo de España.
  109. "Rebeldes congoleños del M23 consolidan control de Goma y exigen partida de Kabila, en Terra Perú.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  110. "Goma: M23 rebels capture DR Congo city". BBC News (en inglés). 20-nov-2012. Consultado o 18-nov-2012. 
  111. [2]
  112. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de agosto de 2015.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  113. "Assembleia Geral da ONU dá status de 'Estado observador' aos palestinos.". G1 (en portugués). Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  114. "Climate talks: UN forum extends Kyoto Protocol to 2020". BBC News. 8 December 2012. 
  115. "Elevan a 647 los muertos por el tifón en Filipinas, en El Nacional de Venezuela.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  116. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2014. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  117. "Atirador mata 26 e morre em escola infantil em Connecticut, nos EUA". G1 (en portugués). Consultado o 14 de dezembro de 2012. 
  118. "Inauguração do Estádio do Castelão.". Estadão (en portugués). Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  119. "Miss USA, Olivia Culpo arrebata Miss Universo 2012 a Filipinas y Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  120. "Coreia do Sul elege sua primeira presidente mulher.". G1 (en portugués). Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  121. ""Planeta a 12 anos-luz da Terra poderá ser habitável"" (en Português). Boas Notícias. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  122. http://internacional.elpais.com/internacional/2012/12/21/actualidad/1356066257_348310.html
  123. "NASA confirma mais uma vez: mundo não acaba em 2012.". Tecmundo. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  124. "Conclusão das obras do Estádio do Mineirão.". Yahoo!. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  125. [3]
  126. "Acidente de avião mata 4 na Rússia". UOl (en portugués). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  127. "Una cadena de atentados deja en Irak al menos 23 muertos" (en castelán). ABC (España). 31 de decembro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  128. Asesinan a 9 personas durante en una fiesta dentro una finca en Enivgado
  129. "Año Internacional de las Cooperativas". www.un.org (en castelán). Consultado o 2020-01-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]