1936
Aparencia
1936 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1936 MCMXXXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2689 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1385 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4632 – 4633 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5696 – 5697 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1991 – 1992 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1858 – 1859 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5037 – 5038 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1314 – 1315 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1355 – 1356 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2186 | ||||||||||||||||||
|
1936 (MCMXXXVI) foi un ano bisesto comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Neste ano tivo lugar o inicio da guerra civil española, tras o fracaso parcial do golpe de estado do 18 de xullo de 1936, que deixou a España dividida en dous bandos: o bando republicano e o bando sublevado.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Galicia
[editar | editar a fonte]- 28 de xuño - O Estatuto de Autonomía de Galicia é votado en referendo cun 99% de votos a favor.
- 10 de setembro - Milicianos e gardas de asalto asasinan no cárcere de Porlier a Xerardo Abad Conde.
- 21 de outubro - Son fusilados en Lugo os republicanos Rafael de Vega Barrera, Ramón García Núñez, Ángel Pérez López, José Ramos López e Perfecto Abelairas Castro.
- 9 de novembro - Os militares Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita son fusilados en Ferrol por negarse a secundar a sublevación do 18 de xullo de 1936.
- 9 de decembro - Son executados na Coruña os mártires de Brens.
España
[editar | editar a fonte]- 16 de febreiro - A coaligazón de partidos de esquerda Fronte Popular vence nas eleccións xerais en España, e Manuel Azaña tórnase primeiro ministro, restaurando a constitución de 1931.
- 14 de marzo - FE de las JONS é declarado partido ilegal
- 15 de marzo - José Antonio Primo de Rivera é encarcerado.
- Manuel Azaña substitúe como presidente da II República a Niceto Alcalá Zamora, destituído polas Cortes.
- Santiago Casares Quiroga nomeado presidente do goberno de España, substituíndo a Manuel Azaña.
- 17 de xullo - Debido as investigacións gobernamentais o Golpe de Estado xorde en Melilla un día antes do estipulado para o conxunto do país.
- 18 de xullo - Iníciase en gran parte do territorio español un golpe de estado do exército, ás ordes do comandante director Emilio Mola, contra o goberno da II República Española.
- 18 de xullo - Diego Martínez Barrio nomeado presidente do goberno, substituíndo a Santiago Casares Quiroga.
- 19 de xullo - Os sindicatos érguense contra a sublevación militar. Comeza a guerra civil española.
- 4 de setembro - Talavera de la Reina cae en mans dos nacionais, véndose así Madrid ameazada.
- 4 de setembro - O goberno de José Giral é deposto e Francisco Largo Caballero, do PSOE, forma novo goberno.
- 1 de outubro - Francisco Franco é nomeado xefe de estado.
- 8 de novembro - Os nacionais atacan Madrid.
- 17 de decembro - Guerra civil española: chegada dos primeiros voluntarios fascistas italianos a España.
Europa
[editar | editar a fonte]- 4 de marzo - Voo inaugural do dirixíbel alemán LZ 129 Hindenburg.
- 7 de marzo - Adolf Hitler ordena ocupar as zonas desmilitarizadas da Renania
- 12 de maio - Na Italia, a nova lei electoral restrinxe o dereito ao voto: O Gran consello Fascista escolle 400 deputados dunha lista de candidatos presentada por diversas corporacións. Os deputados sométense despois a plebiscito popular.
- 5 de xuño - Constitúese en Francia o gabinete da Fronte Popular, presidido por Léon Blum.
- 21 de xuño - Fai o seu primeiro voo o bombardeiro Handley Page Hampden que participará na segunda guerra mundial.
- 25 de outubro - Adolf Hitler asina unha alianza co ditador fascista italiano Benito Mussolini.
- 25 de novembro - Sinatura do Pacto Anti-Komintern pola Alemaña e o Xapón, acordo que tiña como obxectivo a oposición ao desenvolvemento do comunismo.
- 11 de decembro - O Rei Eduardo VIII do Reino Unido abdica da coroa para o seu irmán Xurxo VI.
- Pacto xermano-italiano, futuro Eixo Roma-Berlín-Toquio.
África
[editar | editar a fonte]- 26 de agosto - Exipto asina co Reino Unido o tratado polo que obtén a súa independencia.
Asia
[editar | editar a fonte]- 26 de febreiro - Revolta militar en Toquio após o éxito electoral dos liberais
- 7 de abril - Expedición de Chiang Kai-shek contra os militares do norte da China.
- 8 de xuño - As tropas de Chiang Kai-shek toman Pequín.
- 2 de decembro - Incidente de Sián: Chang Hue Liang e Yang Hut Sheng fan prisioneiro a Chiang Kai-shek para obrigalo a adoptar unha política máis activa en contra do Xapón e un achegamento á Unión Soviética.
Acontecementos de maior duración
[editar | editar a fonte]- Guerra civil española (1936-1939)
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Georgina Spelvin, actriz estadounidense.
- 4 de xaneiro - Gianni Vattimo, filósofo italiano.
- 6 de xaneiro - Julio María Sanguinetti, expresidente do Uruguai.
- 10 de xaneiro - Robert Woodrow Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel.
- 12 de xaneiro - Émile Lahoud, presidente do Líbano.
- 28 de xaneiro - Ismail Kadaré, escritor albanés.
- 28 de xaneiro - Alan Alda, actor estadounidense.
- 19 de xaneiro - Ziaur Rahman, presidente de Bangladesh.
- 22 de xaneiro - Alan J. Heeger, físico estadounidense, Premio Nobel en química.
- 27 de xaneiro - Samuel Chao Chung Ting, físico estadounidense, Premio Nobel.
- 28 de xaneiro - Ismail Kadare, escritor albanés.
- 12 de febreiro - Fang Lizhi, astrofísico e activista chinés (m. 2012).
- 22 de febreiro - John Michael Bishop, virologista estadounidense, Premio Nobel.
- 23 de febreiro - Federico Luppi, actor arxentino.
- 6 de marzo - Choummaly Sayasone, presidente de Laos.
- 8 de marzo - Raimundo Patiño, pintor galego.
- 11 de marzo - Harald zur Hausen, científico alemán Premio Nobel en fisioloxía ou medicina.
- 18 de marzo - Frederik Willem de Klerk, presidente de Suráfrica, Premio Nobel da Paz.
- 19 de marzo - Ursula Andress, actriz suíza, a Bond Girl orixinal
- 25 de marzo - Francisco Ibáñez, debuxante de cómics español.
- 26 de marzo - Giora Feidman, clarinetista arxentino.
- 28 de marzo - Mario Vargas Llosa, escritor peruano, Premio Nobel de Literatura.
- 5 de abril - Xoán Bernárdez Vilar, escritor e historiador galego.
- 7 de abril - Xosé Manuel Beiras, político e economista galego.
- 10 de abril - Manuel Aramburu, pintor galego.
- 23 de abril - Roy Orbison, cantor estadounidense (m. 1998).
- 27 de abril - Theo Angelopoulos, realizador de cinema grego (m. 2012).
- 29 de abril - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina.
- 29 de abril - Zubin Mehta, rexente de orquestra indiano.
- 9 de maio - Ernest Shonekan, presidente de Nixeria.
- 12 de maio - Guillermo Endara, presidente de Panamá (m. 2009).
- 17 de maio - Dennis Hopper, actor e realizador de cinema estadounidense.
- 21 de maio - Günter Blobel, científico alemán-estadounidense, Premio Nobel.
- 7 de xuño - Luis González Seara, sociólogo e político galego.
- 8 de xuño - Kenneth Geddes Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel.
- 18 de xuño - Ronald Venetiaan, presidente de Suriname.
- 22 de xuño - Hermeto Pascoal, músico e compositor brasileiro.
- 23 de xuño - Konstantinos Simitis, primeiro ministro de Grecia.
- 25 de xuño - Jusuf Habibie, presidente de Indonesia.
- 16 de xullo - Yasuo Fukuda, primeiro ministro do Xapón.
- 30 de xullo - Pilar de Borbón, Infanta de España e irmá do rei Xoán Carlos I de España.
- 31 de xullo - Boniface Alexandre, presidente do Haití.
- 1 de agosto - Yves Saint-Laurent, modisto francés (m. 2008).
- 12 de agosto - André Kolingba, presidente da República Centroafricana (m. 2010).
- 18 de agosto - Robert Redford, actor e realizador de cinema estadounidense.
- 20 de agosto - Hideki Shirakawa, químico xaponés, Premio Nobel.
- 29 de agosto - John McCain, político estadounidense.
- 3 de setembro - Zine El Abidine Ben Ali, presidente de Tunisia.
- 7 de setembro - Buddy Holly, cantor estadounidense (m. 1959).
- 14 de setembro - Ferid Murad, biólogo estadounidense, Premio Nobel.
- 23 de setembro - Valentín Paniagua Corazao, presidente do Perú (m. 2001).
- 25 de setembro - Moussa Traoré, presidente do Malí.
- 29 de setembro - Silvio Berlusconi, primeiro ministro de Italia.
- 29 de setembro - Xosé Alexandre Cribeiro, escritor galego.
- 2 de outubro - Fernando Sánchez Dragó, ensaísta, romancista, crítico literario e animador español.
- 2 de outubro - Antonio Gala, escritor español.
- 5 de outubro - Václav Havel, presidente de Checoslovaquia, e despois de Chequia (m. 2011).
- 10 de outubro - Gerhard Ertl, físico alemán, Premio Nobel.
- 4 de novembro - Didier Ratsiraka, presidente de Madagascar.
- 11 de novembro - Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español.
- 16 de novembro - Antonio Gades, coreógrafo e bailarín español.
- 19 de novembro - Yuan T. Lee, químico taiwanés-estadounidense, Premio Nobel.
- 22 de novembro - Camilo Nogueira Román, político e economista galego.
- 2 de decembro - Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador galego (m. 2021)
- 8 de decembro - David Carradine, actor estadounidense.
- 13 de decembro - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego.
- 28 de decembro - Han Seung-soo, primeiro ministro da Corea do Sur.
- 29 de decembro - Mary Tyler Moore, actriz estadounidense.
- Eva Cantarella - xurista e clasicista italiana.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 5 de xaneiro - Ramón María del Valle-Inclán, escritor natural de Galiza (n. 1866).
- 18 de xaneiro - Rudyard Kipling, Premio Nobel de Literatura en 1907 (n. 1865).
- 20 de xaneiro - Rei Xurxo V do Reino Unido (n. 1865).
- 26 de febreiro - Takahashi Korekiyo, primeiro ministro do Xapón (n. 1854).
- 26 de febreiro - Saito Makoto, primeiro ministro do Xapón (n. 1858).
- 27 de febreiro - Ivan Pavlov, psicólogo ruso, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1849).
- 28 de febreiro - Charles Nicolle, bacteriólogo francés, Premio Nobel (n. 1866).
- 2 de marzo - Manuel Álvarez Vicente, xornalista, escritor e político galego (n. 1857).
- 4 de marzo - Antón Vilar Ponte, escritor e político galego (n. 1881).
- 13 de marzo - Manuel Viturro Posse, avogado e político galego.
- 8 de abril - Robert Bárány, físico austríaco, Premio Nobel (n. 1876).
- 28 de abril - Fuad I de Exipto.
- 29 de abril - Víctor Cancela Noguerol, médico e político galego.
- 30 de abril - Carlos José Solórzano, presidente de Nicaragua (n. 1860).
- 8 de maio - Oswald Spengler, filósofo e matemático alemán (n. 1880).
- 13 de maio - Felipe Pinglo Alva, compositor peruano (n. 1899).
- 13 de xuño - Francisco Álvarez de Nóvoa, xornalista e escritor galego.
- 14 de xuño - Maxim Gorki, escritor ruso (n. 1868).
- 14 de xuño - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés.
- 13 de xullo - José Calvo Sotelo, político español.
- 20 de xullo - José Sanjurjo Sacanell, militar español (n. 1872).
- 20 de xullo - Francisco Ascaso, anarcosindicalista español.
- 21 de xullo - Georg Michaelis, chanceler alemán (n. 1857).
- 24 de xullo - Francisco Pérez Carballo, gobernador civil da Coruña (fusilado).
- 24 de xullo - Juan Prieto Balsa, sindicalista e político galego (paseado).
- 2 de agosto - Louis Blériot, pioneiro de aviación francés (n. 1872).
- 6 de agosto - Ramón Acín Aquilué, pintor, escultor e xornalista español (n. 1888).
- 6 de agosto - Víctor Valverde Mayo, funcionario e político galego (paseado).
- 6 de agosto - Manuel del Río Vázquez, sindicalista e político galego (fusilado).
- 8 de agosto - Manuel Gallego Durán, político galego (asasinado).
- 9 de agosto - Francisco Paradela Núñez, comerciante e político galego (asasinado).
- 10 de agosto - Jacobo Zbarsky Kuper, odontólogo e político galego (fusilado).
- 10 de agosto - Narciso Vidal Fraga, avogado e político galego (paseado).
- 10 de agosto - Rodrigo Álvarez Pardo, avogado e político galego (paseado).
- 11 de agosto - Blas Infante, político andaluz, Pai da Patria Andaluza.
- 11 de agosto - Manuel Gómez del Valle, escritor e xornalista galego (fusilado).
- 11 de agosto - Jesús Parrado Vaamonde, político galego (asasinado).
- 11 de agosto - Manuel Piñeiro Pastoriza, sindicalista galego (asasinado).
- 12 de agosto - Juan Antonio Suárez Picallo, galeguista e agrarista sadense (paseado).
- 12 de agosto - Manuel Prego Chas, sindicalista galego (asasinado).
- 14 de agosto - Camilo Díaz Baliño, pintor, escenógrafo e artista galego (paseado).
- 15 de agosto - Grazia Deledda, escritora italiana, Premio Nobel de Literatura (n. 1871).
- 16 de agosto - Ramón Bou Gil, Manuel Castro Álvarez e José Ramón González Vidal, republicanos de Pantón (asasinados).
- 17 de agosto - Alexandre Bóveda, intelectual galeguista (fusilado).
- 18 de agosto - Federico García Lorca, poeta andaluz (n. 1898).
- 18 de agosto - Xaime Quintanilla Martínez, médico, alcalde de Ferrol e escritor (asasinado).
- 18 de agosto - Juana Capdevielle, intelectual, pedagoga e arquiveira española (asasinada).
- 18 de agosto - Nicanor Villar Martínez, mestre e político galego (asasinado).
- 18 de agosto - Félix Salgado del Moral, mestre galego (fusilado).
- 18 de agosto - Celso Pérez Enríquez, político galego (fusilado).
- 18 de agosto - Carmen Pesqueira Domínguez, lavandeira galega (asasinada).
- 18 de agosto - Guillermo Cedrón Gómez, político galego.
- 18 de agosto - Matías Usero Torrente, relixioso, avogado e político galego (asasinado).
- 19 de agosto - Ánxel Casal, editor e político galego (asasinado).
- 19 de agosto - María Vázquez Suárez mestra galega (paseada).
- 19 de agosto - José Boedo López, sindicalista galego (fusilado).
- 19 de agosto - Amador Rodríguez Guerra, agrarista e político galego (paseado).
- 19 de agosto - Pablo Rico Couceiro, político galego (paseado).
- 19 de agosto - Oscar von Sydow, primeiro ministro de Suecia (n. 1873).
- 20 de agosto - Luís Huici, pintor, debuxante e gravador galego (asasinado).
- 20 de agosto - Rafael Fernández Casas, mestre e escritor galego (asasinado).
- 21 de agosto - Luis Barrena, político español asasinado en Outes.
- 21 de agosto - Anunciación Casado Atanes, política galega (asasinada).
- 22 de agosto - Manuel Ramos Fernández, político galego (asasinado).
- 22 de agosto - José María Hinojosa, escritor español asasinado polo bando republicano durante a guerra civil española.
- 22 de agosto - Eduardo Ferreirós Boullosa, sindicalista galego (asasinado).
- 25 de agosto - Manuel Noya Gil, político republicano (asasinado).
- 25 de agosto - Castor Sánchez Martínez, alcalde de Amoeiro (asasinado).
- 25 de agosto - Lev Kámenev, político soviético (n. 1883).
- 27 de agosto - Emilio Martínez Garrido, industrial e alcalde de Vigo (fusilado).
- 27 de agosto - Enrique Heraclio Botana, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Antonio Bilbatúa Zubeldía, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Ignacio Seoane Fernández, sindicalista e dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - José Antela Conde, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Apolinar Torres, mestre e sindicalista galego (fusilado).
- 27 de agosto - José Pintos Quinteiro, político galego (paseado).
- 27 de agosto - Manuel Ferreiro Panadeiro, político e exalcalde de Lalín (fusilado).
- 27 de agosto - José Novás Soto, mestre e político galego (asasinado).
- 28 de agosto - Uxío Carré Naya, político e sindicalista galego (asasinado).
- 29 de agosto - Amadeo López Bello, mestre republicano galego (asasinado).
- 30 de agosto - José López Bouza, político republicano galego (asasinado).
- 30 de agosto - Manuel García Hermo, xastre e político galego (asasinado).
- 31 de agosto - Manuel Guzmán García, político español (fusilado).
- 31 de agosto - Alfredo Suárez Ferrín, industrial e político galego (fusilado).
- 31 de agosto - Joaquín Martín Martínez, xornalista e político galego (fusilado).
- 31 de agosto - Ramón Maseda Reinante, político galego (fusilado).
- 1 de setembro - Álvaro López Brenlla, mestre galego (asasinado).
- 3 de setembro - Juan Abramo Dios, mestre e político galego (asasinado).
- 4 de setembro - Bernardo Mato Castro, mestre galego (asasinado).
- 4 de setembro - Manuel Pedreira Pazos, mestre e político galego (asasinado).
- 7 de setembro - Rosendo Vila Fernández, exalcalde de Monforte de Lemos (asasinado).
- 10 de setembro - Xerardo Abad Conde, político galego (n. 1881).
- 10 de setembro - Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, mestre e militante anarquista (fusilado).
- 11 de setembro - Manuel Díaz González, médico e político do Incio (asasinado).
- 12 de setembro - Xoán Xesús González, xornalista, avogado, escritor e político galego (fusilado).
- 12 de setembro - Arturo Noguerol, intelectual galeguista (asasinado).
- 12 de setembro - Gonzalo Acosta Pan, político galego (fusilado).
- 12 de setembro - José Vázquez Grela, mestre e xornalista (asasinado).
- 14 de setembro - Eugenio Arbones Castellanzuelo, médico e político galego (asasinado).
- 14 de setembro - Javier Estévez Viana, comerciante, xornalista e político galego (asasinado).
- 14 de setembro - Antonio Dopazo Fernández, mestre e político galego (asasinado).
- 16 de setembro - Pedro Galán Calvete, dirixente das Mocedades Galeguistas (asasinado).
- 17 de setembro - Gonzalo Martín March, político galego (fusilado).
- 19 de setembro - Luís Tato Vento, político socialista galego (asasinado).
- 20 de setembro - Pedro Guimarey, escritor, xornalista e político galego (asasinado).
- 20 de setembro - Rudesindo Fernández Vilor, político galego, alcalde de Becerreá (asasinado).
- 22 de setembro - Marcelino Pasín Noya, sindicalista galego (fusilado).
- 22 de setembro - Cándido Comesaña Álvarez, zapateiro e político galego (paseado).
- 24 de setembro - José Villaverde Velo, anarcosindicalista galego (fusilado).
- 24 de setembro - Agustín Jorge Etcheverri, médico e político galego (fusilado).
- 24 de setembro - Víctor Sánchez Mártil, mestre e político estremeño (fusilado).
- 24 de setembro - Lorenzo Corbacho Rodal, canteiro, sindicalista e político galego (fusilado).
- 25 de setembro - José María Díaz Díaz-Villamil, avogado e político republicano galego (asasinado).
- 25 de setembro - Avelino López Otero, xornalista e político galego (n. 1903).
- 25 de setembro - José de la Torre López, carpinteiro e político galego (asasinado).
- 26 de setembro - Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, mestre e político galego (fusilado).
- 26 de setembro - Francisco Piñeiro Barreiro, comerciante e político galego (asasinado).
- 28 de setembro - Francisco Miguel, pintor galego (asasinado).
- 30 de setembro - Erundina Álvarez Pérez, republicana galega (fusilada).
- 1 de outubro - Tomás López da Torre, avogado e político socialista galego, alcalde de Betanzos (fusilado).
- 2 de outubro - Juho Sunila, primeiro ministro de Finlandia (n. 1875)
- 3 de outubro - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego. Asasinado polos falanxistas.
- 3 de outubro - Andrés Ares Díaz, sacerdote galego (asasinado).
- 3 de outubro - Constante Liste Forján, canteiro, sindicalista e político galego (asasinado).
- 4 de outubro - Francisco Rodríguez Otero, político galego (asasinado).
- 6 de outubro - Manuel Villar Cimadevila, político e xornalista galego (asasinado).
- 7 de outubro - Francisco Cofán Eiriz, comerciante e político galego (paseado).
- 9 de outubro - Xesús Froiz, escritor, xornalista e político galego (asasinado).
- 9 de outubro - Manuel Guillán Abalo, mestre e político galego (asasinado).
- 11 de outubro - Abdón Blanco García, político galego (fusilado).
- 15 de outubro - José Cortés Fernández, mestre e político galego (fusilado).
- 15 de outubro - José Gómez Rivas, labrego e político galego (fusilado).
- 21 de outubro - Rafael de Vega Barrera, médico e político español (fusilado).
- 21 de outubro - Ramón García Núñez, gobernador civil de Lugo (fusilado).
- 21 de outubro - Perfecto Abelairas Castro, practicante e político galego (fusilado).
- 21 de outubro - Gumersindo Rodríguez Casales, chofer e político galego (fusilado).
- 21 de outubro - José Araújo Pérez, empresario e político galego (fusilado).
- 29 de outubro - Severino Rivas Barja, alcalde de Castro de Rei (asasinado).
- 29 de outubro - Ramiro de Maeztu, escritor e político español.
- 30 de outubro - Humberto Solleiro Rivera, sindicalista galego (fusilado).
- 30 de outubro - Darío Álvarez Limeses, médico galego (fusilado).
- 30 de outubro - Alejo Diz Jurado, médico e político galego (fusilado).
- 31 de outubro - Ignacy Daszyński, primeiro ministro de Polonia (n. 1866).
- 31 de outubro - Herminio González Cobelo, industrial e político galego (asasinado).
- 1 de novembro - Jacinto Santiago, xornalista e político galego.
- 5 de novembro - Cipriano Fernández Brage, político galego.
- 9 de novembro - José Gómez Sampayo, médico e político galego (asasinado).
- 9 de novembro - Luís Frade Pazos, sindicalista e político galego (asasinado).
- 10 de novembro - Manuel Lustres Rivas, xornalista galego (asasinado).
- 12 de novembro - Víctor Casas, político e xornalista galego (fusilado).
- 12 de novembro - Amancio Caamaño, médico e político galego (fusilado).
- 12 de novembro - José Adrio Barreiro, avogado e político galego (fusilado).
- 12 de novembro - Germán Adrio Mañá, mestre e político galego (fusilado).
- 19 de novembro - Mercedes Romero Abella mestra republicana galega (asasinada).
- 20 de novembro - José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española (fusilado).
- 20 de novembro - Buenaventura Durruti, sindicalista e revolucionario anarquista español.
- 21 de novembro - Fortunato Carreras Trigo, funcionario e político galego.
- 27 de novembro - Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada (fusilado).
- 28 de novembro - Pedro Muñoz Seca, escritor español asasinado polo bando republicano durante a Guerra civil española (n. 1879).
- 28 de novembro - Antonio Villaverde Hermida, político galego (fusilado).
- 2 de decembro - José Miñones Bernárdez, político galego (fusilado).
- 2 de decembro - Cesáreo López Pinal, farmacéutico, poeta e político galego (n. 1867).
- 3 de decembro - Luis Rastrollo, mestre e sindicalista (fusilado).
- 3 de decembro - Manuel Maroño Calvo, sindicalista e político galego (fusilado).
- 4 de decembro - Luis Pando Rivero, xuíz de Vilagarcía de Arousa (fusilado).
- 5 de decembro - Vicente Sáez Ruiz, mestre e político español (asasinado).
- 7 de decembro - Arvid Lindman, primeiro ministro de Suecia (n. 1862)
- 7 de decembro - Francisco Escáneo Franco, industrial e político galego (asasinado).
- 7 de decembro - Jacinto Lamosa Novas, sindicalista e político galego (asasinado).
- 7 de decembro - Francisco García Villanueva, político galego (asasinado).
- 9 de decembro - Juan de la Cierva Codorníu, inventor español, inventor do autoxiro.
- 9 de decembro - Ramón Fuentes Canal, político socialista galego (fusilado).
- 9 de decembro - Brasilino Álvarez Sobrino, alcalde da Garda (fusilado) (n. 1836).
- 10 de decembro - Luigi Pirandello, escritor italiano premio Nobel de Literatura en 1934 (n. 1867).
- 10 de decembro - Constante Moreda, gaiteiro e militante comunista galego (fusilado).
- 10 de decembro - Urbano Rodríguez Moledo, escritor galego (fusilado).
- 10 de decembro - Enrique Blein Budiño, político galego.
- 10 de decembro - Benito Colín Veiga, político galego (fusilado).
- 17 de decembro - Xavier Soto Valenzuela, escritor, xornalista e político galego (fusilado).
- 17 de decembro - Ángel Fraga Orosa, mestre e político galego (fusilado).
- 17 de decembro - Cesar Parapar Sueiras, carpinteiro e político galego (fusilado).
- 24 de decembro - Manuel González Fresco, político galego (asasinado).
- 28 de decembro - Antonio Chaves del Río, sindicalista galego (asasinado).
- 29 de decembro - Abraham Zbarsky Geller, odontólogo e político galego (asasinado).
- 29 de decembro - Antonio López Barro, funcionario e político asturiano (fusilado).
- 31 de decembro - Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español (n. 1864).
- 31 de decembro - Antonio Blanco Solla, político galego, alcalde de Marín (fusilado).
- 31 de decembro - Manuel Calvelo López, médico e político galego (fusilado).
- 31 de decembro - José Fandiño Pidre, político galego, alcalde de Moaña (fusilado).
- Física: Victor Francis Hess e Carl David Anderson
- Química: Peter Joseph Wilhelmus Debye
- Fisioloxía ou Medicina: Sir Henry Dale e Otto Loewi
- Literatura: Eugene O'Neill
- Paz: Carlos Saavedra Lamas
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1936 |