1929
Aparencia
1929 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1929 MCMXXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2682 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1378 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4625 – 4626 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5689 – 5690 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1984 – 1985 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1851 – 1852 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5030 – 5031 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1307 – 1308 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1348 – 1349 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2179 | ||||||||||||||||||
|
1929 (MCMXXIX) foi un ano común comezado en martes, segundo o calendario gregoriano.
Este ano marcou o final dun período coñecido na historia estadounidense como os felices anos vinte despois de que o desplome financeiro de Wall Street dese paso a unha Gran Depresión en todo o mundo.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Entra en vigor un novo Código Penal en España.
- 4 de xaneiro - As dúas Fundacións Rockefeller fúndense nunha, que se converte na organización filantrópica máis poderosa do mundo.
- 11 de febreiro - Pacto de Letrán entre a Santa Sé e Italia, polo que se crea o Estado pontificio e a Cidade do Vaticano.
- 10 de agosto - Abre ó público o Museo de Pontevedra, no pazo de Castro Monteagudo.
- 1 de setembro - Alemaña: atentan con bombas contra o edificio do Reichstag en Berlín.
- 5 de setembro - Aristide Briand, xefe do goberno francés, propón na asemblea da Sociedade de Nacións a Constitución dos Estados Unidos de Europa.
- 24 de outubro - Xoves Negro: a caída da Bolsa de Valores de Nova York marca o inicio da Gran Depresión.
- 22 de decembro - Fracasa o plebiscito organizado pola extrema dereita alemá contra o "Plan Young".
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Sergio Leone , director de cine italiano (m. 1989).
- 3 de xaneiro - Gordon E. Moore, cofundador de Intel e autor da lei de Moore.
- 4 de xaneiro - Antonio Barrera de Irimo, avogado, economista e exministro español.
- 6 de xaneiro - Babrak Karmal, presidente do Afganistán (m. 1996).
- 9 de xaneiro - Heiner Müller, dramaturgo alemán (m. 1995).
- 15 de xaneiro - Martin Luther King, defensor dos Dereitos Humanos estadounidense, Premio Nobel da Paz (m. 1968).
- 23 de xaneiro - John Charles Polanyi, químico canadense, Premio Nobel de Química.
- 31 de xaneiro - Rudolf Mößbauer, físico alemán, Premio Nobel de Física.
- 21 de febreiro - Roberto Gómez Bolaños, escritor e actor mexicano.
- 9 de marzo - Desmond Hoyte, primeiro ministro e presidente da Güiana (m. 2002).
- 18 de marzo - Christa Wolf, escritora alemá (m. 2011).
- 1 de abril - Milan Kundera, escritor checoslovaco.
- 5 de abril - Ivar Giaever, físico noruegués, Premio Nobel
- 6 de abril - Keijo Liinamaa, primeiro ministro da Finlandia (m. 1980).
- 10 de abril - Max von Sydow, actor sueco.
- 1 de maio - Ralf Dahrendorf, sociólogo e politicólogo xermano-inglés.
- 4 de maio - Audrey Hepburn, actriz estadounidense (m. 1993).
- 6 de maio - Paul Lauterbur, químico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 16 de maio - Adrienne Rich, poeta, ensaísta e feminista norteamericana (m. 2012).
- 3 de xuño - Werner Arber, microbioloxista suízo, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
- 4 de xuño - Karolos Papoulias, presidente da Grecia
- 12 de xuño - Anne Frank, escritora alemá, vítima do Holocausto (m. 1945)
- 18 de xuño - Jürgen Habermas, sociólogo alemán.
- 29 de xuño - Oriana Fallaci, xornalista e escritora italiana (m. 2006)
- 1 de xullo - Gerald Edelman, biólogo estadounidense, Premio Nobel.
- 2 de xullo - Imelda Marcos, esposa de Ferdinand Marcos.
- 9 de xullo - Rei Hasan II de Marrocos (m. 1999).
- 11 de xullo - Hermann Prey, barítono alemán (m. 1998).
- 28 de xullo - Jacqueline Kennedy Onassis, esposa de John F. Kennedy e de Aristóteles Onassis (m. 1994)
- 29 de xullo - Jean Baudrillard, sociólogo francés.
- 1 de agosto - Hafizullah Amin, presidente do Afeganistán (m. 1979)
- 2 de agosto - Zeca Afonso, cantante e compositor portugués.
- 24 de agosto - Yasser Arafat, líder da OLP, Premio Nobel da Paz (m. 2004)
- 27 de agosto - Ira Levin, escritor estadounidense (m. 2007)
- 15 de setembro - Murray Gell-Mann, físico estadounidense, Premio Nobel
- 6 de outubro - Manuel María, poeta de Outeiro de Rei.
- 16 de outubro - Fernanda Montenegro, actriz brasileira
- 21 de outubro - Ursula K. Le Guin, escritora estadounidense de ciencia ficción.
- 29 de outubro - Yevgeni Primakov, primeiro ministro de Rusia.
- 31 de outubro - Luis Feito, pintor español.
- 2 de novembro - Richard E. Taylor, físico estadounidense, Premio Nobel
- 2 de novembro - Muhammad Rafiq Tarar, presidente do Paquistán
- 7 de novembro - Eric R. Kandel, neurocientista austríaco, Premio Nobel
- 9 de novembro - Imre Kertész, escritor húngaro, Premio Nobel de Literatura en 2002.
- 11 de novembro - Hans Magnus Enzensberger, poeta e ensaísta alemán.
- 12 de novembro - Michael Ende, escritor alemán.
- 13 de novembro - Jaime Gil de Biedma, escritor español.
- 22 de novembro - Xohana Torres, escritora galega.
- 1 de decembro - Alfred Moisiu, presidente da Albania.
- 9 de decembro - John Cassavetes, actor e cineasta independente.
- 9 de decembro - Bob Hawke, primeiro ministro da Australia
- 13 de decembro - Christopher Plummer, actor canadense
- 20 de decembro - Manuel Losada, científico español, premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1995.
- 23 de decembro - Chet Baker, músico de jazz estadounidense (m. 1988)
- 25 de decembro - China Machado, modelo e editora.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 11 de xaneiro - Elfrida Andrée, organista, compositora e directora de orquestra sueca[1] (n. 1841).
- 24 de xaneiro - Delfín Mein Estévez, xornalista galego (n. 1869).
- 2 de febreiro - Enrique Zas Simó, xornalista e escritor galego (n. 1877).
- 20 de marzo - Ferdinand Foch, militar francés, comandante en xefe dos exércitos Aliados durante a primeira guerra mundial.
- 4 de abril - Karl Benz, fundador da Mercedes Benz (n. 1844).
- 21 de maio - Archibald Primrose, primeiro ministro británico (n. 1847).
- 27 de agosto - Senén Canido Pardo, avogado e político galego (n. 1847).
- 10 de setembro - Daniel Granada Conti, filólogo e escritor galego (n. 1847).
- 23 de setembro - Richard Adolf Zsigmondy, químico austríaco, Premio Nobel (n. 1865).
- 29 de setembro - Tanaka Giichi, primeiro ministro do Xapón (n. 1863).
- 3 de outubro - Gustav Stresemann, chanceler alemán, Premio Nobel da Paz (n. 1878).
- 6 de outubro - Guillermo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1867).
- 15 de outubro - Antón Losada Diéguez, escritor galego (n. 1884).
- 28 de outubro - Bernhard von Bülow, chanceler alemán (n. 1849).
- 6 de novembro - Maximiliano de Baden, chanceler alemán (n. 1867).
- 12 de novembro - Pegerto Pardo Balmonte, político galego (m. 1843).
- 17 de novembro - Herman Hollerith, inventor americano (n. 1860).
- 24 de novembro - Georges Clemenceau, primeiro ministro de Francia (n. 1841).
- 20 de decembro - Émile Loubet, presidente de Francia (n. 1838).
- 29 de decembro - Wilhelm Maybach, proxectista alemán de automóbiles (n. 1846).
- Física: Louis de Broglie
- Química: Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin
- Fisioloxía ou Medicina: Christiaan Eijkman e Frederick Gowland Hopkins
- Literatura: Thomas Mann
- Paz: Frank B. Kellogg
Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Baker, Theodore; Slonimsky, Nicolas (1995). Dictionnaire biographique des musiciens, vol. 1, A-G. París: Robert Laffont. Colección « Bouquins » (en francés). ISBN 978-2221065105. p. 89
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1929 |