1916
Aparencia
1916 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1916 MCMXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2669 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1365 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4612 – 4613 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5676 – 5677 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1971 – 1972 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1838 – 1839 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5017 – 5018 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1294 – 1295 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1334 – 1335 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2166 | ||||||||||||||||||
|
1916 (MCMXVI) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Revolución en México; o político Venustiano Carranza chega co seu séquito a Querétaro, cidade que proclama capital da república.
- 21 de abril - Alzamento de Pascua en Irlanda, liderado por James Connolly, Éamon de Valera e Michael Collins. A pesar da derrota, constitúe un pulo decisivo para a loita do pobo irlandés pola independencia.
- 18 de maio - Fundación das Irmandades da Fala, na Coruña.
- 12 de outubro - 5 labregos foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil na ponte de Cans (Nebra), logo dunha mobilización contra un imposto que crían inxusto.
- 14 de novembro - Comeza a publicarse A Nosa Terra, nacida como voceiro das Irmandades da Fala. Deixou de publicarse en 1936.
- 21 de novembro: Fronte ás costas da canle de Kea afúndese a nave xemelga do RMS Titanic, o HMHS Britannic. Falecen 29 persoas.
- Na Arxentina, o presidente Hipólito Yrigoyen presenta o proxecto de nacionalización do petróleo.
- 15 de decembro - Na primeira guerra mundial Francia vence na batalla de Verdún.
- 28 de decembro - Fundación do coro galego Cántigas da Terra, na Coruña
Acontecementos de maior duración
[editar | editar a fonte]Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Alfonso Escámez, banqueiro español.
- 2 de xaneiro - Betty Furness, actriz estadounidense.
- 10 de xaneiro - Bernard Bilin Dadié, escritor e político marfilés.
- 12 de xaneiro - Pieter Willem Botha, presidente sul-africano durante o apartheid (m. 2006).
- 12 de xaneiro - Miguel González Garcés, poeta galego.
- 4 de marzo - Giorgio Bassani, escritor italiano.
- 9 de abril - Abdul-Ahad Raban, relixioso caldeo, bispo de Aqra.
- 9 de abril - Manuel Lueiro Rey, xornalista e escritor galego.(m.1990)
- 15 de marzo - Blas de Otero, poeta español.
- 21 de abril - Xosé Velo, político galego.
- 11 de maio - Camilo José Cela, en Iria Flavia, Padrón, escritor español e Premio Nobel de Literatura (m. 2002)
- 10 de xullo - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (m. 2003).
- 10 de agosto - Lorenzo Varela, escritor galego.
- 11 de agosto - Amparo Alvajar, xornalista, tradutora e escritora galega. (m. 1998).
- 16 de agosto - Francisco Bernis Madrazo, ornitólogo e biólogo español (m. 2003)
- 28 de agosto - Charles Wright Mills, sociólogo estadounidense (m. 1962).
- 13 de setembro - Roald Dahl, escritor británico de ascendencia norueguesa.
- 29 de setembro - Antonio Buero Vallejo, dramaturgo español.
- 26 de outubro - François Mitterrand, estadista francés.
- 8 de novembro - Peter Weiss, escritor alemán.
- 9 de decembro - Kirk Douglas, actor norteamericano.
- 23 de decembro - Dino Risi, director de cine italiano (m. 2008).
Mortes
[editar | editar a fonte]- 6 de febreiro - Rubén Darío, poeta nicaraguano.
- 20 de febreiro - Klas Pontus Arnoldson, político, periodista e pacifista sueco, premio Nobel da Paz en 1908.
- 28 de febreiro - Henry James, escritor estadounidense, naturalizado inglés.
- 8 de abril - Francisco Mañach, comerciantem xornalista e escritor galego (n. 1861).
- 26 de abril - Mário de Sá-Carneiro, escritor portugués.
- 28 de abril - Gumersindo Pardo Reguera, pintor e farmacéutico (n. 1847)
- 12 de maio - James Connolly, líder socialista irlandés.
- 20 de maio - José Salgado Rodríguez, avogado, empresario e político galego.
- 6 de xullo - Odilon Redon, pintor e artista gráfico francés (n. 1840).
- 16 de xullo - Ilya Ilyich Mechnikov, microbiólogo ruso, premio Nobel de Medicina en 1908.
- 23 de xullo - Sir William Ramsay, químico británico, premio Nobel de Química en 1904.
- 24 de xullo - Wenceslao Veiga Gadea, xornalista e escritor galego (n. 1853).
- 23 de agosto - Serafín Avendaño Martínez, pintor galego.
- 14 de setembro - José Echegaray, enxeñeiro, dramaturgo e político español, premio Nobel de Literatura en 1904.
- 20 de setembro - August Leskien, lingüista alemán (n. 1840).
- 30 de setembro - Alfredo Vicenti, xornalista e político galego. (n. 1850).
- 15 de novembro - Henryk Sienkiewicz, escritor polaco, premio Nobel de Literatura en 1905.
- 21 de novembro - Francisco Xosé I, Emperador de Austria e Rei de Hungría.
- 22 de novembro - Jack London, escritor estadounidense.
- Física: Non concedido
- Química: Non concedido
- Fisioloxía ou Medicina: Non concedido
- Literatura: Verner von Heidenstam
- Paz: Non concedido
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1916 |