13 Reasons Why
13 Reasons Why | |
---|---|
Xénero | |
Intérpretes | |
Narrado por | Katherine Langford |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 49 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Produtor(es) |
|
Editor(es) | Leo Trombetta |
Localización(s) | California |
Cámara | Cámara única |
Duración | 49–61 minutos |
Distribuidor | |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K (Ultra HD)[1] |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 2017 |
Derradeiro episodio | 5 de xuño de 2020 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80117470 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
13 Reasons Why (estilizado coma TH1RTEEN R3ASONS WHY) é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada na novela de 2007 Thirteen Reasons Why de Jay Asher e adaptada por Brian Yorkey para Netflix.[2] A serie trata o tema do acoso escolar, centrándose nun estudante de instituto, Clay Jensen, e a súa amiga Hannah Baker, unha rapaza que se suicidou tras vivir unha serie de situacións xunto a varios individuos da súa escola. En cada capítulo Clay escoita unhas cintas de casete gravadas por Hannah antes de suicidarse nas que detalla trece motivos polos que decidiu poñer fin á súa vida.
Diana Son e Brian Yorkey foron os coprodutores da serie, e a primeira tempada é de trece episodios.[3][4] A serie estivo producida por July Moon Productions, Kicked to the Curb Productions, Anonymous Content e Paramount Television. Concibida orixinalmente coma un filme para que fose publicado por Universal Pictures con Selena Gomez no papel protagonista, Netflix optou pola adaptación como serie de televisión a finais de 2015, e Gomez fixo finalmente de produtora executiva. A serie xunto co especial 13 Reasons Why: Beyond the Reasons publicáronse en todo o mundo en Netflix o 31 de marzo de 2017.
A serie recibiu críticas positivas e unha boa acollida de audiencia, louvando a súa temática e o seu elenco de actores, particularmente os dous protagonistas Dylan Minnette e Katherine Langford.[5] Algunhas representacións gráficas na serie foron obxectivo de controversia, particularmente os temas do suicidio e violación, ademais doutros contidos. En maio de 2017 anunciouse que a serie renovara por unha segunda temporada, programada para a súa estrea en 2018.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Dylan Minnette como Clay Jensen[4]
- Katherine Langford como Hannah Baker[4]
- Christian Navarro como Tony Padilla[4]
- Alisha Boe como Jessica Davis[4]
- Brandon Flynn como Justin Foley[4]
- Justin Prentice como Bryce Walker[4]
- Miles Heizer como Alex Standall[7]
- Ross Butler como Zach Dempsey[4]
- Devin Druid como Tyler Down[4]
- Amy Hargreaves como Lainie Jensen[8]
- Derek Luke como Kevin Porter[7]
- Kate Walsh como Olivia Baker[7]
Recorrentes
[editar | editar a fonte]- Brian d'Arcy James como Andrew "Andy" Baker
- Josh Hamilton como Matt Jensen
- Michele Selene Ang como Courtney Crimsen
- Steven Silver como Marcus Cole
- Ajiona Alexus como Sheri Holland
- Tommy Dorfman como Ryan Shaver
- Sosie Bacon como Skye Miller
- Brandon Larracuente como Jeff Atkins
- Timothy Granaderos como Montgomery de la Cruz
- Steven Weber como Director Gary Bolan
- Keiko Agena como Pam Bradley
- Mark Pellegrino como Sheriff Standall
- Joseph C. Phillips como Mr. Davis
- Cindy Cheung como Karen Dempsey
- Henry Zaga como Brad
- Robert Gant como Todd Crimsen
- Wilson Cruz como Dennis Vasquez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "13 Reasons Why". instantwatcher.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2017. Consultado o 2 de abril de 2017.
- ↑ "'Spotlight's Brian d'Arcy James Cast In Netflix Series '13 Reasons Why', Joins TNT Pilot 'Civil'". Deadline. 15 de xuño de 2016.
- ↑ Andreeva, Nellie (26 de febreiro de 2016). "Diana Son Joins Selena Gomez's Netflix Series '13 Reasons Why' As Showrunner". Deadline. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Andreeva, Nellie (8 de xuño de 2016). "'13 Reasons Why' Netflix Series: Dylan Minnette & Katherine Langford Lead Cast". Deadline. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "13 Reasons Why: Season 1 (2017)". Rotten Tomatoes. Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ "’13 Reasons Why’ Renewed for a Second Season at Netflix". Variety. 7 de maio de 2017. Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Andreeva, Nellie (10 de xuño de 2016). Deadline, ed. "'13 Reasons Why': Kate Walsh To Co-Star In Netflix Series, Derek Luke Also Cast". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ Petski, Denise (23 de xuño de 2016). Deadline, ed. "'13 Reasons Why' Casts Amy Hargreaves; Frances Conroy In 'The Mist'". Consultado o 16 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 13 Reasons Why |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 13 Reasons Why na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |