11 de febreiro
Aparencia
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 11 de febreiro é o 42º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 323 días para finalizar o ano, 324 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 55 - En Roma, morre envelenado Británico, herdeiro do Imperio romano, un día antes de cumprir 14 anos de idade, deixando a vía libre ao seu medio irmán Nerón, de 17 anos, para converterse no novo emperador.
- 1873 - Proclámase a Primeira República Española.
- 1979 - Revolución islámica no Irán: o Aiatolá Khomeini chega ao poder.
- 1990 - Nelson Mandela é liberado da prisión en Suráfrica.
- 2013 - O papa Bieito XVI anuncia que o 28 do mesmo mes abandonará as súas funcións, dando paso á convocatoria dun conclave para a elección dun novo pontífice.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1567 - Honoré d'Urfé, escritor francés (m. 1625).
- 1800 - William Henry Fox Talbot, fotógrafo e inventor británico (m. 1877).
- 1821 - Auguste Mariette, exiptólogo francés (m. 1881).
- 1834 - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (m. 1885).
- 1841 - José Antonio Parga Sanjurjo, avogado, xuíz e escritor galego (m. 1919).
- 1847 - Thomas Alva Edison, inventor e empresario estadounidense (m. 1931).
- 1863 - Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista, Día das Letras Galegas de 2006 (m. 1940).
- 1885 - Wenceslao Fernández Flórez, xornalista e escritor galego (m. 1964).
- 1899 - Evaristo Correa Calderón, escritor e xornalista galego (m. 1986).
- 1900 - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán (m. 2002).
- 1902 - Arne Jacobsen, arquitecto e deseñador dinamarqués. (m. 1971).
- 1903 - Irène Némirovsky, escritora en lingua francesa (m. 1942).
- 1909 - Joseph L. Mankiewicz, director de cine estadounidense (m. 1993).
- 1910 - Xurxo Lorenzo Fernández, investigador e debuxante, irmán de Xaquín Lorenzo, Xocas. (m. 1934).
- 1913 - Santiago Álvarez, político comunista galego (m. 2002).
- 1915 - Xosé Castro Veiga, O Piloto, último maquis galego (m. 1965).
- 1934 - Mary Quant, creadora de moda británica.
- 1938 - Manuel Antonio Noriega, militar e político panameño.
- 1956 - María Xosé Agra Romero, profesora e investigadora galega.
- 1969 - Jennifer Aniston, actriz estadounidense.
- 1973 - Javier Veiga, actor galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1650 - René Descartes, filósofo francés (n. 1596).
- 1795 - Carl Michael Bellman, poeta sueco (n. 1740).
- 1931 - Charles Algernon Parsons, enxeñeiro e inventor británico (n. 1854).
- 1960 - José Cao Moure, editor e escritor galego (n. 1880).
- 1962 - Indalecio Prieto, político socialista español (n. 1883).
- 1962 - José Couselo Bouzas, sacerdote e escritor galego (n. 1869).
- 1963 - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana (n. 1932).
- 1968 - Pitirim Sorokin, sociólogo estadounidense de orixe rusa (n. 1889).
- 1978 - Harry Martinson, escritor sueco (n. 1904).
- 1986 - Frank Herbert, escritor estadounidense de ciencia ficción (n. 1920).
- 1994 - Paul Feyerabend, filósofo da ciencia austríaco (n. 1924).
- 2012 - Whitney Houston, cantante e actriz estadounidense (n. 1963).
- 2014 - Shirley Temple, actriz infantil estadounidense (n. 1928).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial do Enfermo
- Día Mundial do Cambio Climático
- Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Nosa Señora de Lourdes.