1,4-Benzoquinona
1,4-Benzoquinona | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 106-51-4 |
PubChem | 4650 |
ChemSpider | 4489 |
UNII | 3T006GV98U |
Número UN | 2587 |
KEGG | C00472 |
ChEBI | CHEBI:16509 |
ChEMBL | CHEMBL8320 |
Ligando IUPHAR | 6307 |
Número RTECS | DK2625000 |
Referencia Beilstein | 773967 |
Referencia Gmelin | 2741 |
3DMet | B01254 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H4O2 |
Masa molar | 108,09 g mol−1 |
Aspecto | Sólido amarelo |
Olor | Punxente, parecido ao cloro[2] |
Densidade | 1,318 g/cm3 a 20 °C |
Punto de fusión | 115 °C; 239 °F; 388 K |
Punto de ebulición | Sublima |
Solubilidade en auga | 11 g/L (18 °C) |
Solubilidade | Lixeiramene soluble en éter de petróleo; soluble en acetona; 10 % en etanol, benceno, dietil éter |
Presión de vapor | 0,1 mmHg (25 °C)[2] |
−38,4·10−6 cm3/mol | |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | |
Palabra sinal GHS | Danger (Perigo) |
Principais perigos | Tóxico |
Punto de inflamabilidade | 38–93 °C; 100–200 °F; 311–366 K |
LD50 | 296 mg/kg (mamíferos, subcutánea) 93,8 mg/kg (rato, subcutánea) 8,5 mg/kg (rato, intraperitoneal) 5,6 mg/kg (rata) 130 mg/kg (rata, oral) 25 mg/kg (rata, intravenosa)[3] |
Compostos relacionados | |
relacionados | Cetona |
Compostos relacionados | 1,2-Benzoquinona |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A 1,4-benzoquinona, comunmente coñecida como para-quinona, é un composto químico coa fórmula C6H4O2. En estado puro forma cristais amarelos brillantes cun cheiro característico irritante, que lembra o do cloro, lixivia e plástico quente ou formaldehido. Este composto cun anel de seis membros é o derivado oxidado da 1,4-hidroquinona.[4] A molécula é multifuncional: presenta propiedades de cetona, podendo formar oximas; e de oxidante, formando o derivado dihidroxi; e mesmo de alqueno, sufrindo reaccións de adición, especialmente as típicas das cetonas α,β-insaturadas. A 1,4-benzoquinona é sensible tanto a ácidos minerais fortes coma a álcalis, o cal causa a condensación e descomposición do composto.[5][6]
Preparación
[editar | editar a fonte]A 1,4-benzoquinona prepárase industrialmente por oxidación da hidroquinona, a cal pode obterse por varias rutas. Unha ruta implica a oxidación de diisopropilbenceno e o rearranxo de Hock. A reacción neta pode representarse como segue:
- C6H4(CHMe2)2 3 O2 → C6H4O2 2 OCMe2 H2O
A reacción procede por medio do bis(hidroperóxido) e a hidroquinona. A acetona é un coproduto.[7]
Outro proceso importante utiliza a hidroxilación directa do fenol polo peróxido de hidróxeno ácido: C6H5OH H2O2 → C6H4(OH)2 H2O Prodúcense tanto a hidroquinona coma o catecol. A subseguinte oxidación da hidroquinona dá a quinona.[8]
A quinona preparouse orixinalmente de forma industrial por oxidación da anilina, por exemplo por dióxido de manganeso.[9] Este método practícase principalmente na China, onde as regulacións ambientais son máis relaxadas.
A oxidación da hidroquinona é fácil.[4][10] Un método utiliza o peróxido de hidróxeno como oxidante e o iodo ou sal de iodo como catalizador para a oxidación, que tn lugar nun solvente polar; por exemplo, o alcohol isopropílico.[11]
Cando se quenta preto do seu punto de ebulición, a 1,4-benzoquinona sublima, incluso a presión atmosférica, o que permite unha efectiva purificación. As mostras impuras adoitan ser de cor escura debido á presenza de quinhidrona, un complexo de transferencia de carga 1:1 verde escuro de quinona con hidroquinona.[12]
Estrutura e redox
[editar | editar a fonte]A benzoquinona é unha molécula plana con enlaces localizados alternantes C=C, C=O e C–C. A redución dá lugar ao anión semiquinona C6H4O2−, que adopta unha estrutura máis deslocalizada. Unha maior redución acoplada á protonación dá a hidroquinona, na cal o anel C6 está totalmente deslocalizado.[13]
Reaccións e aplicacións
[editar | editar a fonte]A quinona utilízase principalmente como precursor da hidroquinona, que se usa en fotografía e a fabricación de goma como axente redutor e antioxidante.[8] O benzoquinonio é un relaxante do músculo esquelético, axente bloqueante dos ganglios que se fai a partir da benzoquinona.[14]
Síntese orgánica
[editar | editar a fonte]Utilízase como un aceptor de hidróxeno e oxidante en síntese orgánica.[15] A 1,4-benzoquinona serve como reactivo de deshidroxenación. Tamén se usa como un dienófilo nas reaccións de Diels Alder.[16]
A benzoquinona reacciona co anhídrido acético e ácido sulfúrico para dar o triacetato de hidroxiquinol.[17][18] Esta reacción denomínase reacción de Thiele ou reacción de Thiele–Winter[19][20] polo químico Johannes Thiele, que foi o primeiro que a describiu en 1898, e por Ernst Winter, que decribiu con detalle o mecanismo de reacción en 1900. Unha aplicación é este paso da síntese total de metacromina A:[21]
A benzoquinona tamén se usa para suprimir a migración de dobres enlaces durane as reaccións de matátese de olefinas.
Unha solución de iduro de potasio ácida reduce unha solución de benzoquinona a hidroquinona, a cal pode ser reoxidada á quinona cunha solución de nitrato de prata.
Debido á súa capacidade de funcionar como oxidante, a 1,4-benzoquinona pode ser parte de métodos que usan a oxidación de Wacker-Tsuji, onde un sal de paladio cataliza a conversión dun alqueno a unha cetona. Esta reacción é tipicamente levada a cabo usando oxíxeno presurizado como oxidante, pero a benzoquinona pode ás veces ser preferible. Tamén se usa como reactivo nalgunhas variantes das oxidacións de Wacker.
A 1,4-benzoquinona utilízase na síntese de Bromadol e análogos relacionados.
1,4-Benzoquinones relacionadas
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Quinona.
A 2,3-dicloro-5,6-diciano-1,4-benzoquinona (DDQ) é un oxidante e axente de deshidroxenación máis forte que a 1,4-benzoquinona.[23] O cloranil 1,4-C6Cl4O2 é outro potente oxidante e axente de deshidroxenación. A monocloro-p-benzoquinona é outro oxidante, pero máis suave.[24]
Metabolismo
[editar | editar a fonte]A 1,4-benzoquinona é un metabolito tóxico atopado no sangue humano e pode usarse para rastrear a exposición ao benceno ou mesturas que conteñan benceno e compostos de benceno, como o petróleo.[25] O composto pode interferir coa respiración celular e atopáronse danos nos riles en animais que sufriron unha forte exposición. É excretada na súa forma orixinal e tamén como variantes do seu propio metabolito, a hidroquinona.[9]
Seguridade
[editar | editar a fonte]A 1,4-benzoquinona pode tinguir a pel de cor marrón, causa eritema (pel avermellada e erupcións) e orixina necrose localizada dos tecidos. É especialmente irritante para os ollos e sistema respiratorio. A súa capacidade de sublimar a temperaturas que son moi habituais fai que o risco de exposición aérea sexa maior que o que cabería esperar dun sólido a temperatura dunha habitación. A IARC atopou evidencias insuficientes sobre a carcinoxenicidade do composto, pero sinalou que pode pasar doadamente á circulación sanguínea e que mostraba actividade depresora da produción da medula ósea en ratos e pode inhibir as encimas proteases que interveñen na apoptose celular.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nomenclature of Organic Chemistry : IUPAC Recommendations and Preferred Names 2013 (Blue Book). Cambridge: The Royal Society of Chemistry. 2014. pp. 723–724. ISBN 978-0-85404-182-4. doi:10.1039/9781849733069-FP001.
- ↑ 2,0 2,1 "NIOSH Pocket Guide to Chemical Hazards #0542". National Institute for Occupational Safety and Health (NIOSH).
- ↑ "Quinone". Immediately Dangerous to Life and Health. National Institute for Occupational Safety and Health (NIOSH).
- ↑ 4,0 4,1 Underwood, H. W. Jr.; Walsh, W. L. (1936). "Quinone". Org. Synth. 16: 73. doi:10.15227/orgsyn.002.0085.
- ↑ Patai, Saul; Rappoport, Zvi, eds. (1988). The Quinonoid Compounds: Vol. 1 (1988). ISBN 978-0-470-77211-9. doi:10.1002/9780470772119.
- ↑ Patai, Saul; Rappoport, Zvi, eds. (1988). The Quinonoid Compounds: Vol. 2 (1988). ISBN 978-0-470-77212-6. doi:10.1002/9780470772126.
- ↑ Gerhard Franz, Roger A. Sheldon "Oxidation" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2000 doi 10.1002/14356007.a18_261
- ↑ 8,0 8,1 Phillip M. Hudnall "Hydroquinone" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, 2002, Wiley-VCH, Weinheim. 2005 Wiley-VCH, Weinheim. doi 10.1002/14356007.a13_499.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "1,4-Benzoquinone (para-Quinone)". Re-evaluation of Some Organic Chemicals, Hydrazine and Hydrogen Peroxide (Part 1, Part 2, Part 3) (PDF). IARC Monographs.
- ↑ Vliet, E. B. (1922). "Quinone". Org. Synth. 2: 85. doi:10.15227/orgsyn.016.0073.
- ↑ Modelo:Cite patent
- ↑ Sakurai, T. (1968). "On the refinement of the crystal structures of phenoquinone and monoclinic quinhydrone". Acta Crystallographica Section B 24 (3): 403–412. Bibcode:1968AcCrB..24..403S. doi:10.1107/S0567740868002451.
- ↑ 13,0 13,1 Lü, Jian-Ming; Rosokha, Sergiy V; Neretin, Ivan S; Kochi, Jay K (2006). "Quinones as Electron Acceptors. X-Ray Structures, Spectral (EPR, UV−vis) Characteristics and Electron-Transfer Reactivities of Their Reduced Anion Radicals as Separated vs Contact Ion Pairs". Journal of the American Chemical Society 128 (51): 16708–19. PMID 17177421. doi:10.1021/ja066471o.
- ↑ Cavallito, Chester J.; Soria, Albert E.; Hoppe, James O. (1950). "Amino- and Ammonium-alkylaminobenzoquinones as Curarimimetic Agents". Journal of the American Chemical Society 72 (6): 2661–2665. ISSN 0002-7863. doi:10.1021/ja01162a088.
- ↑ Yang, T.-K.; Shen, C.-Y. (2004). "1,4-Benzoquinone". En L. Paquette. Encyclopedia of Reagents for Organic Synthesis. Nova York: J. Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-93623-7. doi:10.1002/047084289X.rb033.
- ↑ Oda, M.; Kawase, T.; Okada, T.; Enomoto, T. (1996). "2-Cyclohexene-1,4-dione". Org. Synth. 73: 253. doi:10.15227/orgsyn.073.0253.
- ↑ Vliet, E. B. (1941). "Hydroquinone Triacetate". Organic Syntheses 1: 317. doi:10.15227/orgsyn.004.0035.
- ↑ Knowles, M. B. (1952). "Process for production of 2,4,5-trihydroxyacetophenone" (PDF). Google Patents. Eastman Kodak Co. Consultado o 24 de decembro de 2014.
- ↑ McOmie, J. F. W.; Blatchly, J. M. (2011). "The Thiele-Winter Acetoxylation of Quinones". Organic Reactions 19. pp. 199–277. ISBN 978-0-471-19619-8. doi:10.1002/0471264180.or019.03.
- ↑ Thiele, J. (1898). "Ueber die Einwirkung von Essigsäure-anhydrid auf Chinon und auf Dibenzoylstyrol". Berichte der Deutschen Chemischen Gesellschaft 31 (1): 1247–1249. doi:10.1002/cber.189803101226.
- ↑ Almeida, W. P.; Correia, C. R. D. (1999). "Stereoselective Total Synthesis and Enantioselective Formal Synthesis of the Antineoplastic Sesquiterpene Quinone Metachromin A" (PDF). Journal of the Brazilian Chemical Society 10 (5): 401–414. doi:10.1590/S0103-50531999500500011.
- ↑ Moussa, Jamal; Guyard-Duhayon, Carine; Herson, Patrick; Amouri, Hani; Rager, Marie Noelle; Jutand, Anny (2004). "η5-Semiquinone Complexes and the Related η4-Benzoquinone of (Pentamethylcyclopentadienyl)rhodium and -iridium: Synthesis, Structures, Hydrogen Bonding, and Electrochemical Behavior". Organometallics 23 (26): 6231–6238. doi:10.1021/om049292t.
- ↑ Vogel, E.; Klug, W.; Breuer, A. (1974). "1,6-Methano[10]annulene". Org. Synth. 54: 11. doi:10.15227/orgsyn.054.0011. Carácter borrado en
|title=
na posición 1 (Axuda) - ↑ Harman, R. E. (1955). "Chloro-p-benzoquinone". Org. Synth. 35. doi:10.15227/orgsyn.035.0022.
- ↑ Lin, Y. S.; McKelvey, W.; Waidyanatha, S.; Rappaport, S. M. (2006). "Variability of Albumin Adducts of 1,4-Benzoquinone, a Toxic Metabolite of Benzene, in Human Volunteers". Biomarkers 11 (1): 14–27. PMID 16484134. doi:10.1080/13547500500382975.