Óscar García Patiño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (60/61 anos) Cambre, España |
Alcalde de Cambre | |
13 de xuño de 2015 – 7 de marzo de 2024 (dimisión) ← Manuel Rivas Caridad – María Pan ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Óscar Alfonso García Patiño, nado en Cambre en 1964 é un político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militou no PSdeG-PSOE, formación pola que foi elixido concelleiro en Cambre en 2003 e ocupou a área de medio ambiente. En marzo de 2007 a executiva local socialista propuxo, co apoio das bases, unha candidatura á alcaldía que encabezaba el e que excluía o alcalde Antonio Varela Saavedra e outros membros do executivo local.[2] Porén, a intervención das direccións autonómica e provincial en prol do alcalde supuxo que este volvese encabeza-la candidatura socialista.[3] El e mais outros edís díscolos foron cesados polo alcalde.
En maio de 2009 presentou a formación Unión por Cambre (UxC),[4] a cal encabezou nas eleccións municipais de 2011. Desta forma logrou 3 concelleiros e foi a terceira forza máis votada tralo PPdeG e o PSdeG. Optou por absterse na votación de investidura polo que favoreceu o acceso do PPdeG á alcaldía como forza máis votada. Tras tumbar nunha moción de confianza, xunto cos demais grupos da oposición, ao goberno local en marzo de 2013 negociou unha moción de censura cos grupos de esquerdas que finalmente non frutificou, polo que os populares seguiron gobernando o resto do mandato. Nas municipais de 2015 volveu encabeza-la candidatura de Unión por Cambre e subiu a 5 concelleiros, sendo a segunda forza, e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o BNG.[5]
Nas eleccións municipais de 2019 logrou a vitoria con 8 concelleiros e volveu ser escollido alcalde,[6] gobernando en coalición cos socialistas. Nas municipais de 2023 volveu se-la forza máis votada, se ben baixou a 7 concelleiros. Desta forma, revalidou novamente a alcaldía e conformou un novo goberno de coalición co PSdeG.[7] O 7 de marzo de 2024 fíxose pública a súa dimisión ante o "cansazo polo bloqueo administrativo" no Concello.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2015-05-04). "Óscar García Patiño. Candidato de UxC". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2024-03-08.
- ↑ "Los socialistas de Cambre aprueban una candidatura que deja fuera a su alcalde". El País (en castelán). 26 de marzo de 2007.
- ↑ Obelleiro, Paola (18 de abril de 2007). "El PSdeG ratifica al alcalde de Cambre sin consultar a las bases". El País (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ Redacción (16 de maio de 2009). "García Patiño lidera el nuevo partido Unión por Cambre". La Opinión (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ Silveira, elena (13 de xuño de 2015). "García Patiño, alcalde de Cambre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ "Cambre". www.fegamp.gal. Consultado o 2024-03-08.
- ↑ Europa Press. "Unión x Cambre y PSOE cierran un pacto de gobierno con siete dedicaciones exclusivas y una parcial, del alcalde". galiciapress.es (en castelán). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Silva, Toni (2024-03-07). "Dimite el alcalde de Cambre cansado por el bloqueo administrativo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Silva, Toni (7 de marzo de 2024). "El alcalde de Cambre: «No soy el culpable, pero mi marcha puede ser la solución»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Manuel Rivas Caridad |
Alcalde de Cambre 2015 - 2024 |
Sucesor: María Pan |