Ó leste do Edén
Ó leste do Edén | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | East of Eden |
Director | Elia Kazan |
Produtor | Elia Kazan |
Guión | Paul Osborn |
Baseado en | East of Eden, de John Steinbeck (1952) |
Intérpretes | James Dean Julie Harris Raymond Massey Jo Van Fleet |
Música | Leonard Rosenman |
Fotografía | Ted D. McCord |
Montaxe | Owen Marks |
Estudio | Warner Bros. |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 9 de marzo de 1955 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Recadación | 5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Ó leste do Edén (en inglés: East of Eden) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Elia Kazan, baseado vagamente na novela homónima de John Steinbeck de 1952. Está protagonizado por Julie Harris, James Dean e Raymond Massey.
O filme, xunto con Rebel Without a Cause e Xigante, foi declarado polo American Film Institute como un dos 400 filmes estadounidenses de todos os tempos.[2] En 2016 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.
Foi emitido na TVG o 23 de agosto de 2002.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]En Salinas (California) vive un taciturno agricultor de leitugas, Adam Trask cos seud dous fillos, Cal e Aron. Cal é rebelde, problemático e falcatrueiro, mentres que Aron é tranquilo e traballador. Porén, a moza de Aron, Abra, e o vello shériff local, Sam, saben que Cal ten bo fondo. Entre os irmáns existe unha rivalidade pola atención e o afecto do pai. Un día, o destino leva a Cal a descubrir que a súa nai, Kate, que el e o seu irmán crían morta, realmente vive administrando un bordel en Monterrey.
O pai decide investir todo o seu capital no arriscado negocio de transportar a súa produción de leitugas a Nova York por ferrocarril, nun vagón refrixerado, mais o plan fracasa e queda na ruína económica. Nun intento de axudar o seu pai e gañar a súa atención, Cal decide investir nunha sementeira de feixóns pedindo axuda financeira á súa nai. Aproveitando a alza do prezo dos feixóns debido ao inicio da primeira guerra mundial, o seu negocio ten éxito. Cal ofrece os cartos gañados ao seu pai, que o rexeita debido a que o considera aproveitamento da guerra.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Julie Harris como Abra Bacon
- James Dean como Caleb Trask
- Raymond Massey como Adam Trask
- Richard Davalos como Aron Trask
- Burl Ives como Sam (o shériff)
- Jo Van Fleet como Cathy Ames/Kate Trask
- Albert Dekker como Will Hamilton
- Nick Dennis como Rantani
- Lois Smith como Anne, servente de Kate
- Timothy Carey como Joe, secuaz de Kate (sen acreditar)
- Barbara Baxley como enfermeira de Adam (sen acreditar)
- Richard Garrick como Dr. Edwards (sen acreditar)
- Lonny Chapman como Roy Turner, mecánico de automóbiles (sen acreditar)
- Lester Dorr como oficial da cidade (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 'The Top Box-Office Hits of 1955', Variety Weekly, 25 de xaneiro de 1956.
- ↑ "American Film Institute's Top 400 American Films". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2018.
- ↑ "Programación". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- East of Eden resource guide by Automation Librarian Terry Ballard
- Filmes de 1955
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Elia Kazan
- Filmes rodados en California
- Filmes sobre irmáns
- Filmes ambientados en 1917
- Filmes ambientados en 1918
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1955 con versión en galego