Ángel Anido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1852 Santiago de Compostela, España |
Morte | 9 de xuño de 1901 (48/49 anos) Paraná, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Ángel Anido Sánchez, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1852 e finado en Paraná o 9 de xuño de 1901[1], foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose con 21 anos. En 1874 obtivo o grao de doutor. Trasladouse a Vigo onde foi médico municipal e director do Hospital da Casa-hospicio. Embarcouse para Montevideo a principios de 1876, permanecendo no país seis anos. Marchou a Arxentina en 1882 onde foi médico do Asilo Romero Jiménez e despois da Asociación Española de Socorros Mutuos e de Italia Unita. Tivo unha abnegada actuación na Revolución de 1890 como membro da Cruz Vermella. Colaborou en Almanaque Gallego, e pertenceu á Asociación Patriótica Española de Buenos Aires da que foi elixido presidente en 1900.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Ayala, filla do tenente xeneral Ayala.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Galicia, 348, 20-6-1901, p. 1-3.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel Anido |