Universidade Yale
Universidade Yale Yale University | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | New Haven, Connecticut |
Fundación | 1701, (323 anos) |
Datos actuais | |
Alumnos | 12 223 pregrao: 5414 posgrao: 6809 |
Datos de contacto | |
Enderezo | 221 Whitney Avenue, |
Páxina web | http://www.yale.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.[1]
O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais. Restrinxido en orixe á teoloxía e as linguas sacras, o currículo da institución comezou a incorporar humanidades e ciencias na época da Revolución colonial. No século XIX, a escola introduciu formación para graduados e profesionais, e en 1861 concedeu o primeiro Philosophiæ doutor (Ph.D.) nos Estados Unidos e organizouse como universidade en 1887.[2] O seu número de profesores e estudantes creceu despois de 1890 coa rápida expansión do seu campus e da investigación científica.
Conta co segundo sistema bibliotecario universitario máis grande, e forma parte da Ivy League. Yale é especialmente famosa pola súa Facultade de Dereito.
O nome da universidade rende homenaxe a Elihu Yale, un dos seus primeiros benefactores.
Destaca por ser unha das institucións educativas privadas máis recoñecidas dos Estados Unidos e do mundo.
Admisións
[editar | editar a fonte]Yale é moi selectiva nas súas admisións. Son admitidos menos do 6 por cento dos case 30.000 solicitantes anuais a programas de pregrao.[Cómpre referencia]
A Facultade de Dereito de Yale é a máis selectiva do país: acepta a só o 6 por cento dos solicitantes.[Cómpre referencia]
Facultades e escolas
[editar | editar a fonte]Yale componse das seguintes escolas e facultades:
- Yale College
- Graduate School of Arts and Sciences
- Professional Schools (School of Architecture, School of Art, Divinity School, School of Drama, School of Engineering & Applied Science, School of Forestry & Environmental Studies, Facultade de Dereito de Yale, School of Management, Facultade de Medicina de Yale, School of Music, School of Nursing, School of Public Health, Institute of Sacred Music).
Colexios maiores
[editar | editar a fonte]Lista oficial de colexios maiores de Yale:
- Pierson College, en honor o primeiro reitor de Yale, Abraham Pierson
- Davenport College, en honor o Rev. John Davenport (coñeceselle como "DPort")
- Jonathan Edwards College, en honor o teólogo Jonathan Edwards (xeralmente chamada "J.E.")
- Branford College, en honor a Branford, Connecticut
- Saybrook College, en honor a Old Saybrook, Connecticut
- Trumbull College, en honor a Jonathan Trumbull, gobernador de Connecticut
- Berkeley College, en honor o Rev. George Berkeley
- Calhoun College, en honor a John C. Calhoun
- Silliman College, en honor a Benjamin Silliman
- Timothy Dwight College, en honor dos presidentes da universidade, Timothy Dwight IV e Timothy Dwight V (coñeceselle como "T.D.")
- Ezra Stiles College, en honor o Rev. Ezra Stiles é coñecida como "Stiles," a pesar dos intentos do director Traugott Lawler de usar o nome completo
- Morse College, en honor a Samuel Morse
Rivalidade
[editar | editar a fonte]A rivalidade entre Yale e Harvard é coñecida historicamente, pois é a primeira, máis antiga e intensa da Ivy League, tanto nos aspectos académico e deportivo, en remo e fútbol americano, deporte inventado por un adestrador de Yale.[Cómpre referencia]
Seitas
[editar | editar a fonte]Na Universidade Yale atópanse as sociedades secretas Skull & Bones, Scroll and Key e Wolf's Head.[Cómpre referencia]
Deportes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Yale Bulldogs.
Practícanse un total de 35 variedades deportivas en Yale,[Cómpre referencia] que pertence á NCAA e compite na conferencia da Ivy League.
Alumnado notable
[editar | editar a fonte]Algúns egrexios destacados son:
- Paul Newman, actor.
- Meryl Streep, actriz.
- Jodie Foster, actriz.
- Edward Norton, actor.
- George W. Bush, expresidente dos Estados Unidos.
- Bill Clinton, expresidente dos Estados Unidos.
- Hillary Clinton, exsecretaria de Estado dos Estados Unidos.
- Dick Cheney, ex-vicepresidente dos Estados Unidos.
- John Kerry, secretario de Estado dos Estados Unidos.
- Howard Dean, ex-gobernador de Vermont.
- Joe Lieberman, senador dos Estados Unidos.
- Ernesto Zedillo, expresidente de México.
- Peter Mathews, arqueólogo, bolseiro MacArthur
- Mario Monti, ex-primeiro ministro de Italia.
- Josiah Willard Gibbs, científico e profesor de Yale.
- Paul Krugman, gañador do premio Nobel.
- Edmund Phelps, gañador do premio Nobel.
- John Bennett Fenn, gañador do premio Nobel.
- Raymond Davis Jr., gañador do premio Nobel.
- George Akerlof, gañador do premio Nobel.
- Thomas A. Steitz, gañador do premio Nobel.
- Stephen Vincent Benet, gañador do premio Pulitzer.
- Bob Woodward, gañador do premio Pulitzer.
- John Hersey, gañador do premio Pulitzer.
- Garry Trudeau, gañador do premio Pulitzer.
- David McCullough, gañador do premio Pulitzer.
Episodio das 40000 pezas incas procedentes do Perú
[editar | editar a fonte]En 1911, esta universidade tomou 42 000 pezas incas atopadas por Hiram Bingham, coa promesa de devolvelas en 3 anos. Esas pezas estiveron en Yale durante máis de 100 anos. Redes sociais e blogs peruanos e doutras partes do mundo esixían que os achados fosen devoltos ao seu país de orixe. En 2012 Yale devolveu as pezas ao Perú en 4 cargamentos desde Connecticut.[3]
- Véxase tamén: Machu Picchu.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Calhoun College
-
Branford College
-
Davenport College
-
Trumbull College
-
Pierson College
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berkin, Carol; Miller, Christopher; Cherny, Robert; Gormly, James; Egerton, Douglas (2012). Wadsworth, ed. Making America: A History of the United States, Brief (6th ed.). p. 79. ISBN 9781133317692.
- ↑ Yale.edu (ed.). "Academic programs | Yale". Consultado o 16 de setembro de 2009.
- ↑ Fowks, Jacqueline (13 de novembro de 2012). "La Universidad de Yale entrega a Perú el último lote de tesoros de Machu Picchu". elpais.com (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2020.