Saltar ao contido

Trans World Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TWA»)
Trans World Airlines
IATA
TW
OACI
TWA
Indicativo
TWA
Fundación1930 (como Transcontinental & Western Air)
Inicio das operacións1930
Fin das operacións1 de decembro de 2001 (mercada por American Airlines)
Plan de voo frecuenteAviators
Frota190
Destinos132

Trans World Airlines (TWA) foi unha gran aeroliña estadounidense que existiu dende 1930 ata 2001. Formouse co nome Transcontinental & Western Air para operar unha ruta dende Nova York a Os Ánxeles a través de St. Louis, Kansas City e outras paradas con avións Ford Trimotor. Con American, United e Eastern, foi unha das "Grandes Catro" aeroliñas domésticas dos Estados Unidos formadas na Conferencia Spoils de 1930.[1]

Howard Hughes fíxose co control de TWA en 1939, e despois da segunda guerra mundial liderou a expansión da aeroliña para servie Europa, Oriente Medio e Asia, convertendo a TWA nunha segunda aeroliña nacional non oficial despois de Pan Am.[5][2] Hughes abandonou o control nos anos 60 e os novos xerentes de TWA mercaron Hilton International e Century 21 nun intento de diversificar os negocios da compañía.

Como a Lei de Desregulación Aérea de 1978 provocou unha onda de desaparición de aeroliñas, aparición doutras novas, e adquisicións nos Estados Unidos, TWA foi separada da súa compañía matriz en 1984. Carl Icahn fíxose co control de TWA tomou a compañía de forma privada nunha compra financiada por terceiros en 1988. TWA comezou a embargarse polas súas débedas, vendeu as súas rutas a Londres, experimentou o Capítulo 11 da Lei de quebras reestruturándose en 1992 e 1995, e a súa situación complicouse aínda máis despois do estoupido do voo 800 de TWA en 1996.

En 2001, TWA presentouse por terceira e última vez en bancarrota e foi mercada por American Airlines. American despediu a moitos dos antigos empregados de TWA tras os atentados do 11 de setembro de 2001 e pechou o seu centro de conexións en St. Louis hub en 2003.[3]

TWA tiña a súa sede en Kansas City, Missouri, e planeaba converter o aeroporto de Kansas City no seu principal centro de conexións, tanto nacional como internacional, pero abandonou este plan nos anos 70.[4] Posteriormente a aeroliña desenvolveu o seu maior centro de conexións no aeroporto de St. Louis Lambert. O seu principal centro de conexións transatlántico era o TWA Flight Center no aeroporto internacional John F. Kennedy de Nova York, unha icona arquitectónica deseñada por Eero Saarinen e completada en 1962.[5]

  1. "the start of airlines". www.century-of-flight.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-29. 
  2. Meier, Barry. "Ailing T.W.A. Still a Symbol, and So Perhaps a Target, Abroad" (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  3. Grant, Elaine X. (2006-07-28). "TWA - Death Of A Legend" (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  4. "The why of KCI: A broken plan that many travelers still love". kansascity (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  5. "JFK's Most Famous Terminal May Soon Be Transformed Into a Flashy Hotel". CityLab (en inglés). Consultado o 2018-11-29.