Rafael Candeira Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ponteareas, España |
Morte | 24 de xaneiro de 1938 Ponteareas, España |
Alcalde de Ponteareas | |
1894 – 1895 ← Gustavo Álvarez Álvarez – Antonio Domínguez Román ⊟ | |
Alcalde de Ponteareas | |
1892 – ← Benigno González Boullosa – Gustavo Álvarez Álvarez ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Manuel Candeira Álvarez, Benigno Candeira Álvarez, José Candeira Álvarez |
Rafael Candeira Iglesias, finado en Ponteareas o 24 de xaneiro de 1938,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario, comerciante e dono dunha Casa de Banca en Ponteareas. Representante político do Conde de Bugallal en Ponteareas. Concelleiro en Ponteareas, foi nomeado alcalde por Real Orde en xaneiro de 1892.[2] Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en outubro de 1894.[3] Foi presidente da Junta de Cultura constituída en Ponteareas en 1914.[4] En marzo de 1930 foi nomeado concelleiro[5] e primeiro tenente de alcalde, presentando a dimisión en xullo.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de la Luz Álvarez Álvarez, filla de Aquilino Álvarez Builla, e foi pai de Manuel, José e Benigno Candeira Álvarez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 22-1-1939, p. 7.
- ↑ El Regional, 15-1-1892, p. 3.
- ↑ El Regional, 23-10-1894, p. 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 11-6-1914, p. 1.
- ↑ El Tea, 3-3-1930, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-7-1930, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candeira Mosquera, Francisco (1990). Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (distrito de Ponteareas, 1881-1894). Ponteareas: Galicia - Sur. ISBN 84-404-8088-1.
Predecesor: Benigno González Boullosa |
Alcalde de Ponteareas 1892 - |
Sucesor: Gustavo Álvarez Álvarez |
Predecesor: Gustavo Álvarez Álvarez |
Alcalde de Ponteareas 1894 - 1895 |
Sucesor: Antonio Domínguez Román |