Premio Nobel de Economía
Premio Nobel de Economía | |
---|---|
Tipo | premio de economía e premio científico |
Fundador(es) | Sveriges Riksbank |
Nomeado en referencia a | Alfred Nobel |
País | Suecia |
Na rede | |
https://www.nobelprize.org/prizes/economic-sciences/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel (en sueco Sverixes Riksbanks pris i ekonomisk vetenskap till Alfred Nobels minne) foi instituído en 1969 polo Banco de Suecia (‘‘Sverixes Riksbank’‘), o máis antigo dos bancos centrais, para celebrar o tricentésimo aniversario da súa fundación.
O premio é xestionado pola Real Academia das Ciencias de Suecia, que o outorga anualmente, entregándose á vez que os premios Nobel (excepto o da Paz). Como nos premios Nobel, non pode repartirse entre máis de tres persoas en cada ocasión. O premio non é sufragado pola Fundación Nobel, senón polo Banco de Suecia, mais a cantidade é a mesma que a atribuída aos premios Nobel.
O premio acostuma ser citado como Premio Nobel de Economía, mais non é exactamente parte dos premios instituídos en 1895 por Alfred Nobel (distribuídos desde 1902), o que deu lugar a unha crecente polémica. Os críticos, entre os que se atopan membros da familia Nobel, consideran que o historial de concesións está nesgado para a economía neoclásica, especialmente a Escola de Chicago, e que o 80% dos premiados son estadounidenses (65%) ou británicos (15%). Alegouse tamén que despois dos primeiros anos non houbo suficientes economistas de mérito como para xustificar a concesión. Outro tipo de críticas procede das ciencias, desde as que se discute o carácter científico dos modelos teóricos desta disciplina.
Lista cronolóxica de premiados
[editar | editar a fonte]2020 - actual
[editar | editar a fonte]- 2024: Daron Acemoglu, Simon Johnson e James A. Robinson, polos seus estudos sobre a formación das institucións e o seu papel na prosperidade
- 2023: Claudia Goldin, polos seus estudos na fenda de xénero no mercado laboral.
- 2022: Ben Bernanke, Douglas W. Diamond e Philip H. Dybvig, polas súas pescudas en bancos e crises financeiras.
- 2021: David Card, pola súa achega empírica ao estudo dos mercados laborais, e a Joshua Angrist e Guido Imbens, polas súas achegas metodolóxicas na análise das relacións causais en economía.
- 2020: Paul Milgrom e Robert B. Wilson, polas melloras na teoría de poxas e polo desenvolvemento de novos formatos de poxa.
2010 - 2019
[editar | editar a fonte]- 2019 Abhijit Banerjee, Esther Duflo e Michael Kremer, polas súas contribucións experimentais para mitigar a pobreza no planeta.
- 2018 William Nordhaus e Paul Romer, por integraren nas análises macroeconómicas a longo prazo os factores ambientais e o cambio climático (Nordhaus) e as innovacións tecnolóxicas (Romer).
- 2017 Richard Tahler, polos seus traballos sobre a psicoloxía e o comportamento dos mercados.
- 2016 Oliver Hart e Bengt Holmstrom, polos seus traballos sobre a eficacia da redacción de contratos.
- 2015 Angus Deaton, polas súas análises do consumo, a pobreza e o benestar.
- 2014 Jean Tirole, polos seus traballos sobre o impacto da información asimétrica na xestión dos regulamentadores do mercado.
- 2013 Eugene Fama, Lars Peter Hansen e Robert Shiller, polo seu estudo sobre a predición da variabilidade das bolsas ao longo prazo.
- 2012 Alvin Roth e Lloyd Shapley.
- 2011 Thomas Sargent e Christopher Sims, polas súas pescudas nas causas e efectos macroeconómicos das variacións nos tipos de xuro.
- 2010 Peter Diamond, Dale T. Mortensen e Christopher Pissarides.
2000 - 2009
[editar | editar a fonte]- 2009 Elinor Ostrom, primeira muller a recibir esta distinción e Oliver Eaton Williamson, polas súas análises sobre o goberno económico e os límites das empresas.
- 2008 Paul Krugman, pola súa análise dos patróns de comercio e a localización da actividade económica.
- 2007 Leonid Hurwicz, Eric Maskin e Roger Myerson
- 2006 Edmund Phelps
- 2005 Robert J. Aumann e Thomas C. Schelling polas súas achegas á comprensión dos conflitos e a cooperación por medio da análise da teoría de xogos.
- 2004 Finn E. Kydland e Edward C. Prescott
- 2003 Robert F. Engle, Clive William John Granger
- 2002 Danel Kahneman, Vernon Smith
- 2001 George Akerlof, Michael Spence, Joseph Stiglitz
- 2000 JamesHeckman, Danel McFadden
1990 - 1999
[editar | editar a fonte]- 1999 Robert Mundell
- 1998 Amartya Sen
- 1997 Robert C. Merton, Myron Schois
- 1996 James Mirrlees, William Vickrey
- 1995 Robert Lucas
- 1994 Reinhard Selten, John Forbes Nash, John Harsanyi
- 1993 Robert Fogel, Douglas North
- 1992 Gary Becker
- 1991 Ronald Coase
- 1990 Harry Markowitz, Merton Miller, William Sharpe
1980 - 1989
[editar | editar a fonte]- 1989 Trygve Haavelmo
- 1988 Maurice Allais
- 1987 Robert Solow
- 1986 James M. Buchanan
- 1985 Franco Modigliani
- 1984 Richard Stone
- 1983 Gerard Debreu
- 1982 George Stigler
- 1981 James Tobin
- 1980 Lawrence Klein
1969 - 1979
[editar | editar a fonte]- 1979 Theodore Schultz, Arthur Lewis
- 1978 Herbert Simon
- 1977 Bertil Ohlin, James Meade
- 1976 Milton Fredman
- 1975 Leonide Kantorovich, Tjalling Koopmans
- 1974 Gunnar Myrdal, Friedrich Hayek
- 1973 Wassily Leontief
- 1972 John Hicks, Kenneth Arrow
- 1971 Simon Kuznets
- 1970 Paul Samuelson
- 1969 Ragnar Frisch, Jan Tinbergen