Pedro Chosco
Aparencia
Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.
- Vaite de aí, Pedro Chosco
- non me tentes a criada,
- nin ma vistes, nin ma calzas,
- nin lle pagas a soldada.
Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. En Dinamarca existe Ole Kolpoje, ou sexa Ole Pechaollos, análogo ó galego. En Inglaterra é Billy Winker, en Escocia Wee Willie Winkie.[1]
Coplas populares
[editar | editar a fonte]Coplas publicadas por Lence-Santar en El Compostelano o 5 de novembro de 1938:
- Pedro Chusco
- vaite de aí.
- Ti non me calzas,
- ti non me vistes,
- ti non me fas
- os meus minesteres;
- Pedro Chusco,
- que me queres?
- Con Pedro Chusco
- teño un gran preito
- cando me toma
- logo me deito.
- Ai, Pedro Chusco!
- Vaite a deitar,
- déixame os nenos
- ó meu fiandar.!
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Cuba, Miranda & Reigosa 1999, pp. 195-196)