Córvidos
Córvidos Corvidae Rango fósil: Mioceno medio - Actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo grande (Corvus corax), a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Distribución da familia.
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
A dos córvidos (Corvidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos.[1]
Actualmente (2021) 133 especies están incluídas nesta familia.[2]
Polo xeral teñen un tamaño medio maior que as das outras familias de paseriformes; de feito, a familia inclúe a algunhas das máis grandes especies da orde.
Os córvidos mostran unha intelixencia notábel para animais do seu tamaño, e están entre as aves máis intelixentes estudadas até agora. Unha revisión de 2004 suxeriu que a intelixencia dos córvidos é comparable á dos homínidos non humanos (chimpancés, orangutáns e gorilas) en termos de cognición social, razoamento causal, flexibilidade, imaxinación e prospección.[3]
Estas aves son polífagas, e con frecuencia preeiras.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach,[4] na obra Synopsis of the contents of the British Museum.[5] Porén, o WoRMS atribúe a súa descrición ao zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Corvidae está formado, segundo a norma, polos elementos Corv- e -ĭdae. O primeiro é a raíz do nome do xénero tipo da familia, Corvus, e o segundo o sufixo do latín científico empregado para formar os nome das familias de animais.[6]
Xéneros
[editar | editar a fonte]- Coloeus Kaup, 1829
- Corvus Linnaeus, 1758
- Cyanocitta Strickland, 1845
- Cyanocorax Boie, 1826
- Garrulus Brisson, 1760
- Pica Brisson, 1760
- Aphelocoma Cabanis, 1851
- Calocitta G.R.Gray, 1841
- Cissa F.Boie, 1826
- Coloeus Kaup, 1829
- Coquus Sclater, 1914
- Corvus Linnaeus, 1758
- Crypsirina Vieillot, 1816
- Cyanocephalus Bonaparte, 1840
- Cyanocitta Strickland, 1845
- Cyanocorax F.Boie, 1826
- Cyanolyca Cabanis, 1851
- Cyanopica Bonaparte, 1850
- Dendrocitta Gould, 1833
- Garrulus Brisson, 1760
- Gymnorhinus Wied-Neuwied, 1841
- Leucopterus Fitzinger, 1863
- Lophocitta Gray, 1840
- Miocitta Brodkorb, 1972
- Miocorvus Lambrecht, 1933
- Miopica Kurochkin & Sobolev, 2004
- Nucifraga Brisson, 1760
- Palaeocorax Forbes, 1892
- Perisoreus Bonaparte, 1831
- Pica Brisson, 1760
- Piezorhynchus Gould, 1841
- Platylophus Swainson, 1832
- Platysmurus Reichenbach, 1850
- Podoces Fischer von Waldheim, 1821
- Protocitta Brodkorb, 1957
- Psilorhinus Rüppell, 1837
- Ptilostomus Swainson, 1837
- Pyrrhocorax Tunstall, 1771
- Temnurus Lesson, 1831
- Urocissa Cabanis, 1850
- Xanthoura Bonaparte, 1850
- Xeocephus Bonaparte, 1854
- Zavattariornis Moltoni, 1938
- Aphelocoma Cabanis, 1851
- Calocitta G. R. Gray, 1841
- Cissa F. Boie, 1826
- Coloeus Kaup, 1829
- Corvus Linnaeus, 1758
- Crypsirina Vieillot, 1816
- Cyanocitta Strickland, 1845
- Cyanocorax F. Boie, 1826
- Cyanolyca Cabanis, 1851
- Cyanopica Bonaparte, 1850
- Dendrocitta Gould, 1833
- Garrulus Brisson, 1760
- Gymnorhinus Wied-Neuwied, 1841
- Nucifraga Brisson, 1760
- Perisoreus Bonaparte, 1831
- Pica Brisson, 1760
- Platylophus Swainson, 1832
- Platysmurus Reichenbach, 1850
- Podoces Fischer von Waldheim, 1821
- Psilorhinus Rüppell, 1837
- Ptilostomus Swainson, 1837
- Pyrrhocorax Tunstall, 1771
- Temnurus Lesson, 1831
- Urocissa Cabanis, 1850
- Zavattariornis Moltoni, 1938
Características
[editar | editar a fonte]- Bico robusto e recto, coa punta lixeiramente curvada.
- Aberturas nasais forradas con serdas longas.
- Adoitan seren de cor escura ou negra, pero tamén hai especies coloridas, con plumas azuis, verdes, grises ou marróns.
- Sexos moi parecidos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Ocupan unha gran variedade de hábitats, incluíndo bosques, praderías, desertos, terras de cultivo e cidades, por toda a Terra, excepto Nova Zelandia e varias illas oceánicas, e as zonas extremas do Ártico e da Antártida.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Platylophus galericulatus inclúese tradicionalmente nos córvidos, pero quizais non sexa un verdadeiro membro desta familia, posiblemente estando máis próximo á dos Malaconotidae ou á dos Laniidae. Polo momento é mellor consideralo como un Corvidae incertae sedis.[8][9]
Así mesmo, Pseudopodoces humilis é, de feito, un membro da familia dos páridos.[10]
A seguinte árbore filoxenetica presenta os coñecementos actuais sobre a filoxenia da familia dos córvidos segundo J. Boyd:[11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia encóntranse as especies Corvus corax, Corvus corone, Corvus monedula, Garrulus glandarius, Pica pica e Pyrrhocorax pyrrhocorax.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Corvidae Vigors, 1825 no WoRMS. Consultada o 27 de abril de 2022.
- ↑ Crows, mudnesters, melampittas, Ifrit, birds-of-paradise en IOC World Bird List. Versión 11.2. Consultada o 8 de decembro de 2021.
- ↑ Emery, N. J.; Clayton, Nicola S. (2004). "The mentality of crows: Convergent evolution of Intelligence in corvids and apes". Science 306 (5703): 1903–1907. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Corvidae Leach, 1820 no ITIS.
- ↑ Aínda que o nome do autor non consta na publicación, Leach era o conservador de Zooloxía en 1820.
- ↑ Corvidae no Merriam-Webster Dictyonary.
- ↑ Corvidae no GBIF.
- ↑ Madge, S. & Burn, H. (1993): Crows and Jays. Londres, UK: Cristopher Helm. ISBN 978-1-8734-0318-1.
- ↑ Goodwin 1986.
- ↑ James, Helen F.; Ericson, Per G.P.; Slikas, Beth; Lei, Fu-min & Olson, Storrs L. (2003): "Pseudopodoces humilis, a misclassified terrestrial tit (Aves: Paridae) of the Tibetan Plateau: evolutionary consequences of shifting adaptive zones". Ibis 145 (2): 185–202.
- ↑ Boyd, J. "Corvoidea genus tree". Corvoidea PDF jboyd.net. Consultada o 8 de decembro de 2021.
- ↑ VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X, pp. 583-863.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións, ISBN 84-9612-869-5, pp. 282-286.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Córvidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Córvidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amadon, Dean (1944): The Genera of Corvidae and their Relationships. American Museum Novitates 1251: 1–21.
- Goodwin, Derek (1986): Crows of the World. 2ª ed. Londres: British Museum Natural History. ISBN 0-5650-0979-6.
- Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-3000-4085-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos de córvidos en Internet Bird Collection