Behrendt Pick
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1861 Poznan, Polonia |
Morte | 4 de maio de 1940 Berlín Reich alemán. |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, arqueólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Jena |
Influencias | |
Premios | |
(1935): Medalla da Royal Numismatic Society. | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Behrendt Pick, nado o 21 de decembro de 1861 en Poznan, Reino de Prusia (actual Polonia), e finado o 4 de maio de 1940, en Berlín, foi un numismático alemán especializado na numismática antiga.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo da súa graduación na ensinanza secundaria, en 1880, no instituto Friedrich Wilhelms de Poznam, Behrendt Pick ingresou na Universidade de Berlín para cursar os seus estudos superiores, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.[3] En 1884 graduouse en Filoloxía Clásica, cunha tese dirixida por Theodor Mommsen e titulada De senatus consultis Romanorum. A influencia de Theodor Mommsen fixo que o seu futuro como investigador se centrase fundamentalmente na numismática.[1][2]
Logo dunha breve etapa como bibliotecario na Biblioteca Real (Königliche Bibliothek), en 1888 Pick ingresou na Universidade de Zürich, onde o ano seguinte obtivo a habilitación para a docencia universitaria de Arqueoloxía. Nesa universidade foi nomeado profesor axudante de Antigüidades Romanas, Historia e Numismática en 1891.[1][2][4]
En 1893 comezou a traballar na biblioteca ducal de Gotha xestionando a colección de moedas do seu gabinete numismático (Münzkabinett), do que pasou a ocupar o posto de director en 1899.[1][2]
En 1897 ingresou como profesor asociado de Numismática Antiga na Universidade de Jena, institución na que de 1903 a 1905 se ocupou da ordenación e da catalogación dos fondos do Gabinete de Moeda Oriental de Jena.[1] En 1911, esta universidade nomeouno profesor honorario e en 1931 acabou alí o seu período como docente.[2]
A obra máis representativa de Pick é o volume dedicado a Dacia e Mesia na serie Die Antiken Münzen Nordgriechenlands (Berlín, 1898), en colaboración con Kurt Regling, unha publicación da Real Academia de Ciencias de Prusia (Königlich-Preußische Akademie der Wissenschaften), no marco do proxecto Griechisches Münzwerk, concibido por Theodor Momsen e dirixido por Friedrich Imhoof-Blumer.[1][2][5]
En 1934, Pick retirouse por mor da súa "fe mosaica". Trasladouse a Berlín, onde se suicidou en 1940.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son algunhas das publicacións de Pick ao longo da súa carreira académica:[7]
Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1884): De senatus consultis Romanorum. Pars prior. Berlín.
- (1898-1910): Die antiken Münzen Nord-Griechenlands. Band 1: Dacien und Moesien. Reimer, Berlin. Parte I (1898) / Parte II. Die Münzen von Odessos und Tomis (1910) (con Kurt Regling).
- (1916): Die Arbeiten des Gothaer Stempelschneiders Ferdinand Helfricht (con Ferdinand Helfricht). Schmidt, Gotha.
- (1922): Die Münzkunde in der Altertumswissenschaft. Ein Vortrag. Perthes, Stuttgart.
- (1930): Die Kunstmuseen und die Münzen. Riechmann, Halle.
- (1931): Aufsätze zur Numismatik und Archäologie. Frommann. Jena.
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1885): "Zur Titulatur der Flavier. 1. Der Imperatortitel des Titus. / 2. Die Consulate Domitians als Caesar". En Zeitschrift für Numismatik. 13. Páxinas 190-238 / 356-383..
- (1890): "Über einige Münzen der römischen Kaiserzeit". En Zeitschrift für Numismatik. 17. Páxinas 180-197.
- (1904): "Die tempeltragenden Gottheiten und die Darstellung der Neokorie auf den Münzen[Ligazón morta]". En Österreichische Jahreshefte. Vol. 7.
- (1930): "Ein später Nachtrag". En Zeitschrift für Numismatik. 40. Páxinas 304-307.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Singer, I. (1906).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Lederer, P. (1941).
- ↑ Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5
- ↑ "Pick, Behrendt". Historische Vorlesungsverzeichnisse. Universität Zürich.
- ↑ "Griechisches Münzwerk". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Pick, Behrendt". WorldCat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lederer, P. (1941): "Geheimrat Prof. Dr. Behrendt Pick 1861-1940". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 28. Páxinas 87-89.
- Singer, I. (1906). "Pick, Behrendt". En Jewish Encyclopedia. Páxina 31.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Regling, Kurt Ludwig 1876-1935". Digital Library Numis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.
- "Regling, Kurt 1876-1935". WordCat.
- Nados en 1861
- Finados en 1940
- Suicidios en 1940
- Nados en Poznan
- Numismáticos de Alemaña
- Arqueólogos de Alemaña
- Historiadores de Alemaña
- Historiadores de Historia Antiga
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Profesores da Universidade de Zürich
- Profesores da Universidade de Jena
- Suicidas de Alemaña