Saltar ao contido

Apódidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apódidos
Apodidae

Rango fósil: Eoceno-Actualidade

Apus apus, o cirrio común
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Cypselomorphae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Hartert, 1897

A dos apódidos (Apodidae) é unha familia de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), e da orde dos apodiformes.[1][2]

Comprende ao redor dunhas 100 especies de cirrios, salanganas e similares, agrupadas en dúas subfamilias con catro tribos.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1897 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Apodidae está formado, como é a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Apus coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais. (Ver a etimoloxía de apodiformes).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dentro da familia dúas subfamilias,[1] con catro tribos:[3]

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

A taxonomía dos cirrios e especies relacionadas é complicda, e os límites entre os xéneros e especies foron moi discutidas, especialmente entre os da tribo Collocaliini. A análise do comportamento e vocalizacións é complicada porque houbo unha evolución paralela, mentres que as análises de diferentes trazos morfolóxicos e de varias secuencias de ADN deron resultados equívocos e parcialmente contraditorios.[4]

Tradicionalmente na orde dos apodiformes considerábanse tres familias: as dos egotelos, cirrios e salanganas (familia apódidos), os chamados cirrios arborícolas (familia hemiprócnidos) e os colibrís (familia troquílidos).[5][6]

Na denominada taxonomía de Sibley-Ahlquist, proposta por Charles Sibley e Jon E. Ahlquist, baseada en estudos de hibridación ADN-ADN realizados a fins dos anos 1960 e durante os 1980,[7] os colibrís foron separados dos apodiformes para formaren unha nova orde, a dos troquiliformes (Trochiliformes), cunha única familia, a dos troquílidos. Porén, colibrís, cirrios e salanganas teñen entre si moitas semellanzas anatómicas, e diversos autores non aceptaron dita separación.[8][9]

Esta clasificación non é recoñecida pola maioría dos taxónomos actuais, que utilizan estudos de filoxenia molecular máis recentes.

Por outra parte, incorporáronse os egotelos (familia egotélidos), que durante moito tempo se clasificaron dentro da orde dos caprimulxiformes.[10]


Os apódidos (Apodidae) son unha familia de aves da que forman parte os cirrios,[11] ou birrios,[12] e as salanganas[13] asiáticas, dos cales en Galicia se poden atopar cinco especies, todas no xénero Apus. Son superficialmente similares ás andoriñas, pero non están estreitamente emparentados con elas nin con ningún paseriforme, e as semellanzas coas andoriñas son só o resultado dunha converxencia evolutiva. Os apódidos están clasificados na orde Apodiformes, xunto cos troquílidos (colibrís). Os Hemiprocne están moi emparentados cos verdadeiros cirrios, pero constitúen unha familia separada chamada Hemiprocnidae.

O nome da familia, Apodidae, deriva do grego ἄπους (ápous), 'sen patas', facendo referencia ao pequeno tamaño e debilidade das patas destas aves, que son eminentemente aéreas.[14][15] A tradición antiga de representar os cirrios sen patas continuou na Idade Media, como se pode ver nas marletas da heráldica.

Son veloces voadores e algunhas especies de apódidos están entre os animais máis rápidos do planeta

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
O fósil Scaniacypselus

Os taxónomos clasificaron desde hai moito tempo os cirrios e o xénero Hemiprocne como parentes dos troquílidos (colibrís), o que foi corroborado polo descubrimento dos Jungornithidae (aparentemente parentes dos troquílidos similares a cirrios) e de troquílidos primitivos como Eurotrochilus. Os taxónomos tradicionais sitúan a familia Trochilidae na mesma orde que os cirrios e Hemiprocne (e ningunha ave máis); a taxonomía de Sibley-Ahlquist tratou este grupo como unha superorde na cal a orde dos cirrios era denominada Trochiliformes.

A taxonomía dos cirrios é complicda, e os límites entre os xéneros e especies foron moi discutidas, especialmente entre os da tribo Collocaliini. A análise do comportamento e vocalizacións é complicada porque houbo unha evolución paralela, mentres que as análises de diferentes trazos morfolóxicos e de varias secuencias de ADN deron resultados equívocos e parcialmente contraditorios.[16]

As Apodiformes diversificáronse durante o Eoceno, ao final do cal apareceron as familias existentes; coñécense xéneros fósiles en toda a Europa temperada, na zona entre as actuais Dinamarca e Francia, como a especie primitiva Scaniacypselus, similar a un cirrio[17] (Eoceno temperán-medio) e o máis moderno Procypseloides (Eoceno tardío-Oligoceno temperán–Mioceno temperán). Un xénero prehistórico ás veces asignado aos cirrios é Primapus (Eoceno temperán de Inglaterra), podería tamén ser un antepasado máis distante.


Descrición

[editar | editar a fonte]

Os cirrios son as aves máis rápidas. As especies de maior tamaño están entre os voadores máis rápidos do reino animal; na especie Hirundapus caudacutus rexistráronse velocidades en voo de 169 km/h.[18] Mesmo o cirrio común (Apus apus) pode voar a 112 km/h. Nun só ano un cirrio común pode voar unha distancia de polo menos 200.000 km.[19]

Comparados coas aves típicas, as ás das especies da tribo Collocaliini teñen uns ósos da punta da á proporcionalmente máis grandes. Ao cambiaren o ángulo entre os ósos do extremo da á e os ósos do antebrazo, poden alterar a forma e a área das ás, maximizando a súa eficiencia e manobrabilidade a distintas velocidades.[20] Como os seus parentes troquílidos (colibrís), e a diferenza doutras aves, poden rotar as ás desde a base, unha característica que lles permite que a á permaneza ríxida e totalmente estendida derivando potencia tanto no batido descendente da á coma na posterior retirada ascendente da á.[21] O movemento ascendente da á durante o batido produce tanto forza de sustentación coma impulso, mentres que o batido ascendente produce un impulso negativo (arrastre) que é o 60% do xerado durante o batido descendente, pero simultaneamente contribúe cunha forza de sustentación que é tamén do 60% da producida durante o batido descendente. Esta característica do voo podería tamén ser beneficiosa para o control e manobrabilidade do voo no aire.[22]

Os apódidos que viven en covas desenvolveron unha forma de ecolocalización para voar nos sistemas de covas escuros onde repousan.[23] Observouse recentemente que a especie Aerodramus papuensis usa tamén este sistema de navegación pola noite fóra das covas.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Os apódidos viven en todos os continentes menos na Antártida, e tampouco viven en latitudes moi ao norte, nin en grandes desertos nin en moitas illas oceánicas.[24] Os apódidos das rexións temperadas son moi migratorios e invernan nos trópicos. Algunhas especies poden vivir durante curtos períodos de tempo con temperaturas frías entrando nun estado de torpor, un estado similar á hibernación.[23]

Moitos teñen unha forma característica, cunha cola curta bifurcada e ás longas en frecha que lembran unha lúa crecente ou un búmerang. O voo dalgunhas especies está caracterizado por unha distintiva acción de movementos rápidos bastante diferente da que fan as andoriñas. O tamaño dos apódidos vai dos 9 cm de longo e 5,4 g do Collocalia troglodytes aos 25 cm e 184 g do Hirundapus celebensis.[23]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O niño de moitas especies está adherido a unha superficie vertical con saliva, e o xénero Aerodramus usa só esa substancia. Estes niños son o ingrediente básico necesario para dar textura á sopa de niño de ave (ás veces mal chamada de niño "de andoriña"). Os ovos tardan en eclosionar de 19 a 23 días, e as crías abandonan o niño despois de seis ou oito semanas. Ambos os pais axudan a criar aos fillos.[23]

Os apódidos teñen postas de ovos máis pequenas, períodos de incubación máis longos e variables e tempos que tardan en emplumar maiores que os dos paseriformes que poñen ovos de tamaño similar, e lembran máis nestes aspectos aos procelariformes. As aves novas chegan a ter un peso máximo maior que o dos seus pais; poden aguantar non ser alimentdos durante longos períodos de tempo, e retardan o crecemento das plumas cando están malnutridos. Os apódidios e as aves mariñas elixen xeralmente sitios para aniñar seguros, pero as súas fontes de comida non son fiables, mentres que os paseriformes son máis vulnerables no niño pero adoitan dispoñer de abundancia de comida.[25][26]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Todos os apódidos comen insectos e outros artrópodos, como arañas aéreas, libélulas, moscas, formigas, áfidos, avespas e abellas. Algunhas especies, como os Chaetura pelagica, cazan xunto con outras especies de aves.

Ningunha especie de apódido se extinguiu desde o ano 1600,[27] pero BirdLife International considerou o Aerodramus bartschi de Guam como especie en perigo e incluíu a Aerodramus sawtelli da illa Atiu (illas Cook), Apus acuticauda de Asia, Schoutedenapus schoutedeni de África, Aerodramus elaphrus das Seychelles e Aerodramus leucophaeus de Tahití na lista das especies vulnerables; outras doce especies están case ameazadas ou carécese de datos suficientes para asignarlles un status.[28]

Explotación humana

[editar | editar a fonte]

Os niños de saliva endurecida das salanganas Aerodramus fuciphagus e Aerodramus maximus úsanse na cociña da China desde hai polo menos 400 anos, xeralmente para facer sopa de niño de ave.[29] A sobreexplotación deste caro manxar causou un declive nas poboacións destas aves,[30][31] especialmente porque tamén se cre que os niños teñen beneficios para a saúde e propiedades afrodisíacas. A maioría dos niños constrúenos os machos durante a época reprodutora e tardan en facelo uns 35 días. Teñen forma de cunca pouco profunda pegada á parede dunha cova. Os niños están compostos de filamentos entretecidos de cemento salivar e conteñen altos niveis de calcio, ferro, potasio e magnesio.[31]

  1. 1,0 1,1 Apodidae no ITIS.
  2. Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  3. 3,0 3,1 Chantler & Driessens 2000, pp. 19–20.
  4. Thomassen, Henri A.; Tex, Robert-Jan; de Bakker, Merijn A.G.; Povel, G. David E. (2005). "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37 (1): 264–277. PMID 16006151. doi:10.1016/j.ympev.2005.05.010. 
  5. Haaramo, Mikko. "Apodiformes – housemartins, hummingbirds, and relatives". Mikko's Phylogeny Archive. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  6. Apodiformes (hummingbirds and swifts) na ADW.
  7. Charles G. Sibley, John A. Comstock & Jon E. Ahlquistos (1990): "DNA Hybridization Evidence of Hominoid Phylogeny: A Reanalysis of the Data". J. Mol. Evol. 30 (3):202-236. Resume.
  8. Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  9. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Apodiformes.
  10. Gerald Mayr (2002): "Osteological evidence for paraphyly of the avian order Caprimulgiformes (nightjars and allies)", Journal of Ornithology, 143 (1): 82-97. PDF Ver texto completo.
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cirrio.
  12. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
  13. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  14. Jobling (2010) pp. 50–51.
  15. Kaufman (2001) p. 329.
  16. Thomassen, Henri A.; Tex, Robert-Jan; de Bakker, Merijn A.G.; Povel, G. David E. (2005). "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37 (1): 264–277. PMID 16006151. doi:10.1016/j.ympev.2005.05.010. 
  17. Mayr, Gerald (2003). "A new Eocene swift-like bird with a peculiar feathering" (PDF). Ibis 145: 382–391. doi:10.1046/j.1474-919x.2003.00168.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  18. Bourton, Jody (2 March 2010). "Supercharged swifts fly fastest". BBC News. 
  19. Piper, Ross (2007), Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals, Greenwood Press.
  20. On Swift Wings | Natural History Magazine
  21. Birds of Venezuela – Steven L. Hilty
  22. Vortex wake and flight kinematics of a swift in cruising flight in a wind tunnel
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 Collins, Charles T. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. pp. 134–136. ISBN 1-85391-186-0. 
  24. Martins, Thais; Mead, Christopher J. (2003). "Swifts". En Perrins, Christopher. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. pp. 346–350. ISBN 1-55297-777-3. 
  25. Lack, David; Lack, Elizabeth (1951). "The breeding biology of the Swift Apus apus". Ibis 93 (4): 501–546. doi:10.1111/j.1474-919X.1951.tb05457.x. 
  26. Boersma, P Dee (1982). "Why some birds take so long to hatch". The American Naturalist 120 (6): 733–750. JSTOR 2461170. doi:10.1086/284027. 
  27. del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo (eds.). "Apodidae". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 10 September 2013. (require subscrición (?)). 
  28. "Apodidae". Species. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 October 2013. 
  29. Hobbs, Joseph J (2004). "Problems in the harvest of edible birds’ nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo". Biodiversity and Conservation 13: 2209–2226. doi:10.1023/b:bioc.0000047905.79709.7f. 
  30. Gausset, Quentin (2004). "Chronicle of a Foreseeable Tragedy: Birds' Nests Management in the Niah Caves (Sarawak)". Human Ecology 32: 487–506. doi:10.1023/b:huec.0000043517.23277.54. 
  31. 31,0 31,1 Marcone, Massimo F (2005). "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125–1134. doi:10.1016/j.foodres.2005.02.008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]