ADEOS 2
Aparencia
ADEOS 2 / Midori 2 | |
---|---|
Representación artística de ADEOS 2 | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASDA |
Contratistas principais | Mitsubishi Electric[1] |
Data de lanzamento | 14 de decembro de 2002[2][3][4][5][6] |
Foguete portador | H-2[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[1][3] |
Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre en diferentes lonxitudes de onda[1][3] |
NSSDC ID | 2002-056A |
Masa | 3700 kg[1][3] |
Dimensións | Corpo principal de 4 x 4 x 5 m cun panel solar, unha vez despregado, de 0,3 x 24 m[1][3] |
Potencia | 5 kW[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7182,0 km[2] |
Inclinación | 98,3 graos[2] |
Apoapse | 811,1 km[2] |
Periapse | 810,9 km[2] |
ADEOS 2 (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori 2 (verde, en xaponés[6]) tras a súa posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 14 de decembro de 2002 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][3]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de ADEOS 2 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita inicial de 820 km de apoxeo, 803 km de perixeo, cun período orbital de 101 minutos e unha inclinación orbital de 98,7 graos[4] e rebautizado como Midori 2. O corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 0,3 metros de ancho por 24 metros de longo[1][3][5]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]ADEOS 1 levaba cinco instrumentos a bordo:[1][3][5]
- AMSR (Advanced Microwave Scanning Radiometer)
- GLI (Global Imager)
- Sea Winds
- POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances)
- ILAS-II (Improved Limb Atmospheric Spectrometer-II)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ADEOS 2 (Midori 2)" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ADEOS 2" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 NASA (4 de novembro de 2011). "Adeos 2" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 14 March 2003 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-83546 (E)): 3. 29 de abril de 2003. Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "ADEOS 2" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 David Darling, David Darling (2012). "ADEOS (Advanced Earth Observing Satellite)" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2012.