JavaScript/Meta-caracteres
Aparencia
JavaScript | ||
← Volver a Delimitadores | Meta-caracteres | Seguir con Secuencias de escape ⊟ |
A potencia das expresións regulares reside na posibilidade de incluír alternativas e repeticións nos patróns. Estas codifícanse no patrón mediante o uso de meta-caracteres, que non se representan a si mesmo senón que se interpretan doutro xeito.
Existen dos grupos distintos de meta-caracteres: os que se recoñecen en calquera parte do patrón salvo entre corchetes, e os que se recoñecen incluso dentro dos corchetes.
Fóra dos corchetes
[editar]Os que se recoñecen fóra son os seguintes:
- \
- Carácter de escape xeral con varios usos.
- ^
- Inicio do suxeito (ou dunha liña no modo de varias liñas).
- $
- Fin do suxeito (ou dunha liña no modo de varias liñas).
- .
- Calquera carácter salvo o salto de liña.
- [
- Inicia unha definición de clase de carácter.
- ]
- Pecha unha definición de clase de carácter.
- |
- Concorda se se cumpre algunha das condicións que ten a cada lado.
- (
- Inicia un sub-patrón.
- )
- Pecha un sub-patrón.
- ?
-
- Amplía o significado de (.
- Cuantificador de unha ou ningunha repeticións.
- Fai que os cuantificadores “avariciosos” collan o mínimo contido posible.
- *
- Cuantificador de cero ou máis repeticións.
- Cuantificador de unha ou máis repeticións.
- {
- Inicia un cuantificador de mínimo e máximo.
- }
- Pecha un cuantificador de mínimo e máximo.
Dentro dos corchetes
[editar]As partes dos patróns que están entre corchetes chámanse «clase de carácter». Nas clases de caracteres os únicos meta-caracteres son os seguintes:
- \
- Carácter de escape xeral.
- ^
- Nega a clase, pero só se se trata do primeiro carácter.
- -
- Indica un rango de caracteres ASCII.
- ]
- Pecha a definición de clase de carácter.
JavaScript | ||
← Volver a Delimitadores | Meta-caracteres | Seguir con Secuencias de escape ⊟ |