Zostera
Zostera, as zosteras[1] é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebas[2]. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar"[3])) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.
Cebas (xénero Zostera) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ceba (Zostera marina) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Distribución de todas as especies do xénero.
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto |
Descrición
editarAs cebas atópanse nos substratos areentos ou nos esteiros, mergulladas ou a boiar parcialmente. A maioría das especies de zosteras son perennes e teñen longas e brillantes follas coma fitas de cor verde de 1 cm de largo e moitos de longo. Os seus curtos caules agroman dun rizoma abrancazado. As flores atópanse enclaustradas nas vaíñas das follas da base. Os froitos poden flotar. Non son en verdade algas: pertencen ao reino das plantas, son espermatofitas e anxiospermas.
Zostera son importantes para a deposición de sedimentos, estabilización de substratos e coma substrato de algas epífitas e de micro invertebrados, e coma abeiro de moitas especies de peixes de importancia económica.
Especies
editar- Zostera angustifolia
- Zostera asiatica
- Zostera caespitosa
- Zostera capensis
- Zostera capricorni
- Zostera caulescens
- Zostera chilensis
- Zostera japonica
- Zostera marina - ceba común, zostera, golfe, xebra, lavanqueiro, paniño
- Zostera mucronata
- Zostera muelleri
- Zostera nigricaulis
- Zostera noltii
- Zostera novazelandica
- Zostera polychlamys
- Zostera tasmanica
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. Arquivado 24 de maio de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Zostera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zostera |
Bibliografía
editar- Felger, Richard; Mary B. Moser. (1985). People of the desert and sea: ethnobotany of the Seri Indians. Tucson: University of Arizona Press.