Margaret Yvonne Middleton, nada en Vancouver, Canadá, o 1 de setembro de 1922 e finada nos Ánxeles o 8 de xaneiro de 2007, foi unha actriz e cantante de cinema e televisión canadense nacionalizada estadounidense, coñecida como Yvonne De Carlo, célebre pola súa personaxe de Sephora no filme The Ten Commandments (1956)[1] e pola súa personaxe de Lily Munster na serie The Munsters (1964-1966),[2] da cadea CBS.

Modelo:BiografíaYvonne De Carlo

(1964) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Margaret Yvonne Middleton Editar o valor en Wikidata
1 de setembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Vancouver, Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 2007 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz de televisión, actriz de cinema, bailarina, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata - 1995 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBlues, música pop e Jazz Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBob Morgan (1955–1973) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webofficialyvonnedecarlo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001119 Allocine: 18151 Rottentomatoes: celebrity/yvonne_decarlo Allmovie: p17673 158902 TV.com: people/yvonne-de-carlo IBDB: 37608
BNE: XX1266514 Spotify: 2UuQBUxCXiRguGvOpwAMYh Musicbrainz: 1163dff9-28ef-4657-892f-e807d398d1bf Discogs: 694887 WikiTree: Middleton-1667 Find a Grave: 17377818 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Yvonne De Carlo era filla do vendedor William Shelto Middleton, vendedor neozelandés,[3][4] e a súa esposa, a aspirante a actriz Marie De Carlo, nada en Francia.[5] O seu avó materno, Michael De Carlo, naceu en Sicilia, e a súa avoa materna, Margaret Purvis, era de orixe escocesa. Ambos os avós traballaban para Lord Kitchener, el como mordomo e ela como secretaria.[6] Familiarmente chamábana "Peggy" pola estrela do cinema mudo Baby Peggy.[7] O seu pai abandonou o fogar familiar cando Yvonne tiña tres anos.

De nena recibiu clases de danza e abandonou a escola secundaria para traballar en clubs nocturnos e teatros locais. A súa paixón polo baile continuou cando se mudou coa súa nai aos Ánxeles. En 1940 quedou segunda no concurso "Miss Venice Beach".[8]

Paramount Pictures contratouna en 1942, e foi entón cando adoptou o apelido de solteira da súa nai. Tras unha vintena de pequenos papeis deixou a Paramount por Universal. A actriz interpretou nos seus inicios pequenos papeis en producións cinematográficas como Road to Morocco ou For Whom the Bell Tolls, a adaptación da novela homónima de Hemingway, grazas en parte, á súa exótica fotoxenia. Con todo, a fama non chegou ata 1945, polo filme Salome, Where She Danced, filme producido por Walter Wanger, que a describiu como "a rapaza máis fermosa do mundo".[9][10][11]

A partir de aí, De Carlo protagonizou un gran número de filmes, abranguendo varios xéneros, dende westerns e filmes de ambientación árabe, ata cinema negro (onde destacou coa súa actuación en Criss Cross[12]), drama e comedia. Demostrou o seu talento actuando xunto a grandes da pantalla, tales como Burt Lancaster, Rock Hudson, Clark Gable, Alec Guinness e David Niven. En moitos dos seus filmes demostrou ademais o seu talento como bailarina e cantante; no filme The Captain's Paradise (1953) convenceu o director para que Alec Guinness bailase o mambo, ofrecéndose ela mesma como instrutora.

 
Yvonne De Carlo, arredor de 1979.

En 1954, durante a preparación da película bíblico-épica The Ten Commandments (1956) de Cecil B. DeMille, a actriz Audrey Hepburn foi suxerida para o papel de Nefertari e a actriz Anne Baxter foi elixida para o papel de Sephora. Pouco despois, Hepburn foi rexeitada por ser demasiado "plana de peito", e o papel de Nefertari asignóuselle a Baxter. Cando DeMille viu a De Carlo en Sombrero (1953), ofreceulle o papel vacante de Sephora. De Carlo aceptou, e rexeitou outro papel que se lle ofreceu nun filme alemán ao momento. A actriz dixo nunha ocasión: «Traballar co señor DeMille foi unha experiencia de aprendizaxe que nunca esquecerei». Cun soldo de 25 000 dólares, a prestación interpretativa de De Carlo no filme converteuna nunha actriz de primeira clase que podía interpretar calquera tipo de papel en filmes de grande orzamento.

Ademais de filmar nos estudios da Paramount, De Carlo acompañou a DeMille e ao resto do equipo de rodaxe a Exipto, onde se filmaron varias escenas exteriores. De Carlo coñeceu en Exipto a Robert Drew Morgan (1915-1999),[13] un dobre de primeira categoría, e casou con el o 21 de novembro de 1955 na Capela Episcopal de Reno, Nevada. Tiveron dous fillos, Bruce Ross (n. 1956, que tivo de padriño a DeMille[14]) e Michael (1957-1997) e a parella sufriu varias separacións e reconciliacións.[15] Para el era o seu segundo matrimonio, e tiña unha filla do anterior, Bari Lee (n. 1947).

Ao ano seguinte, 1957, interpretou outro dos seus papeis máis lembrados, o do filme dirixido por Raoul Walsh Band of Angels, que protagonizou xunto a Clark Gable e Sidney Poitier, onde daba vida a Amantha Starr, a filla dun terratenente do sur que descubría trala morte do seu pai que tiña sangue negro, polo que se vía desposuída das súas terras e vendida a un aposto cabaleiro nunha poxa de escravos.

Yvonne De Carlo gravou un disco chamado Yvonne De Carlo Sings en 1957.

En 1962 durante a filmación dunha escena perigosa nun tren en movemento para A conquista do Oeste, Morgan caeu baixo as rodas nun accidente que lle custou unha perna. O estudo non se responsabilizou e negouse a indemnizalo. A familia atravesou dificultades económicas por mor dos gastos médicos.

 
Yvonne De Carlo e o resto do elenco de The Munsters (1964).

John Wayne, amigo de De Carlo, ofreceulle un papel no filme McLintock! (1963), mais esta axuda non serviu de moito. Así foi como De Carlo decidiu aceptar o papel de Lily, a nai vampiresa máis famosa de todos os tempos, na serie televisiva The Munsters a mediados do sesenta. A pesar de que a serie só se gravou durante dous anos (de 1964 a 1966), tivo un grande éxito, e chegou a converterse nunha serie de culto, con reposicións durante máis de catro décadas. Ao finalizar a serie, o elenco (agás Pat Priest), protagonizou un filme baseado na mesma, Munster Go Home (1966).[16]

Durante o resto da década De Carlo volveu á pantalla grande e apareceu en westerns como Hostile Guns (1967) ou Arizona Bushwhackers (1968) e no filme de ficción científica The Power (1968).

En 1973 puxo fin ao seu matrimonio con Robert (Bob) Drew Morgan.[17] O ano seguinte conseguiu un importante papel no musical de Broadway Follies de Stephen Sondheim, obra que gañou sete premios Tony. A súa personaxe era Carlotta Campion.

De Carlo apareceu xunto cos seus vellos amigos Fred Gwynne e Al Lewis en The Munsters' Revenge (1981).

Nos seus últimos anos, De Carlo viviu preto de Solvang,[18] ao norte de Santa Bárbara. O seu fillo Michael morreu en 1997 e a actriz sufriu un ataque de apoplexía o ano seguinte. Posteriormente pasou a residir no Motion Picture & Television Hospital,[19] no barrio de Woodland Hills, nos Ánxeles, onde faleceu aos 84 anos de idade.[20]

Recoñecemento

editar

Yvonne De Carlo conta con dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood pola súa contribución ao cine (6124 Hollywood Blvd.) e á televisión (6715 Hollywood Blvd.).[21]

  1. Jacob Sparks, Karen (2008). Encyclopædia Britannica. p. 123. ISBN 9781593394257. 
  2. "Yvonne De Carlo Is The Mama In a Nice Monster Family". St. Petersburg Times. 23 de xuño de 1964. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  3. De Carlo & Warren 1987, p. 16.
  4. Bang, Maureen (15 de novembro de 1972). "The first Aussie Yvonne met was a kangaroo". The Australian Women's Weekly. Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  5. "Marie Decarlo Middleton, "California, Death Index, 1940-1997"". FamilySearch. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  6. Raised by the Stars. Capítulo 10: Bruce Ross Morgan
  7. De Carlo & Warren 1987, p. 17.
  8. De Carlo & Warren 1987, p. 4.
  9. ""Most Beautiful Girl" Discovered". Spokane Daily Chronicle. 18 de setembro de 1944. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  10. Cohen, Harold V. (7 de maio de 1945). ""Salome, Where She Danced" Comes to Harris". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  11. "Yvonne De Carlo Chosen for Role Over '20,000 Beautiful Girls'". The Montreal Gazette. 25 de xullo de 1945. Consultado o 25 de marzo de 2014. 
  12. Strong, E J., "Yvonne De Carlo May Brave Suspension, So She Can Return to Troops: GI's Show Needs Told by Actress", Los Angeles Times, 3 de outubro de 1948, pg. D1.
  13. Foster 2003, p. 135.
  14. Orrison 1999, p. 113.
  15. Xenealoxía
  16. Johnson, Erskine (24 de abril de 1966). "Monstrous Mayor". The Pittsburgh Press. Consultado o 11 de outubro de 2014. 
  17. "Peggy Y Middleton - California Divorce Index". FamilySearch. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  18. De Carlo & Warren 1987, p. 239.
  19. Saxon, Wolfgang (2007-01-11). "Yvonne De Carlo - The Munsters - Obituary". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2017-08-09. 
  20. El País "Muere Yvonne De Carlo, la inolvidable Lily de 'Los Munsters'" - actualizado xaneiro 2007
  21. "Yvonne De Carlo - Hollywood Star Walk - Los Angeles Times". Los Angeles Times. Consultado o 1 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar