Yin Xu é unha antiga capital da China. Localizada preto da cidade de Anyang, no norte da Provincia de Henan, Yin Xu foi a capital do estado durante a última parte da dinastía Shang. As ruínas testemuñan unha nova era na historia da China, cunha economía, sistema político e militar, tecnoloxía e cultura desenvolvidas, no que era unha sociedade de escravos típica. As inscricións en oráculos atopados no lugar representan a máis antiga escrita chinesa coñecida.

Modelo:Xeografía físicaYin Xu
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAnyang, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°08′22″N 114°18′11″L / 36.139444444444, 114.30305555556
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 414 ha
zona de protección: 720 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Asia-Oceanía insular
Data2006 (30ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador1114
Monumentos da República Popular da China
Data4 de marzo de 1961
Historia
Código do catálogoprimeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 142. Editar o valor en Wikidata

Yin Xu foi descuberta a comezos do século XX, efectuándose as primeiras escavacións en 1928. De 1926 a 1937 foron realizadas quince escavacións. Desde 1950, téñense feito múltiplos estudos do lugar. En 1961, Yin Xu foi proclamado lugar histórico protexido e en 2006 declarouse Patrimonio Mundial da UNESCO.[1]

Principais Atraccións

editar

Zona do Templo de adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu

editar

Na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu existen arredor de oitenta fundacións de construcións antigas. Foron desenterrados cerca de 160.000 fragmentos de cunchas de tartaruga e de óso con inscricións, así como un túmulo dun membro da familia real moi ben conservado (o Túmulo de Fu Hao).[1]

Túmulo de Fu Hao

editar
 
Túmulo de Fu Hao.

O Túmulo de Fu Hao está localizado na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados. Fu Hao era a muller do Rei Wuding da dinastía Shang, a cal tiña a patente de xeneral, de acordo con documentos antigos. Nas escavacións do túmulo atopáronse un total de 1.928 fragmentos, incluíndo cunchas de tartaruga e osos con inscricións, vasos de bronce, artigos de xade, óso, ferramentas de pedra, obxectos de marfil e cunchas, que se encontran depositadas no Museo de Henan, Zhengzhou, e na Estación Arqueolóxica de Anyang, do Instituto de Ciencias Sociais da China. Foron deixadas dentro do túmulo algunhas réplicas dos achados das escavacións. Foi unha importante descuberta para a arqueoloxía e historia chinesas.[1]

Zona do Palacio de Yin Xu

editar

Na Zona do Palacio de Yin Xu foron desenterrados trece templos reais e descubertos millares de altares e moitos vestixios de sacrificios humanos e animais, así como un gran número de inscricións en cunchas de tartaruga e óso, ademais de delicados vasos de bronce, ferramentas e utensilios. O vaso cadrado Si Muwu, cun peso de 875 quilos, é unha descuberta extremadamente rara. Todos os aparellos atopados neste lugar ilustran o estadio avanzado da civilización da dinastía Shang. A maior parte dos túmulos e altares foron enterrados de novo e só algunhas sepulturas, que se encontran cubertas, conserváronse de mostra e para estudo posterior. Estas escavacións exhiben unha carruaxe e cabalo, altares e os túmulos reais. As plantas e maquetas úsanse para mostrar a localización e o formato das sepulturas.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Datos tirados do website "CRI online"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar