Xosé Daniel Costas
poeta galego
(Redirección desde «Xosé Daniel Costas Currás»)
Xosé Daniel Costas Currás, nado en Moaña o 6 de xullo de 1981, é un político e poeta galego.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1981 (43 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Premios | |
Traxectoria
editarMembro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Activista social e cultural vinculado á vila de Moaña, exerceu durante anos como responsable local do BNG de Moaña ata que abandona a formación frentista no ano 2013. No ano 2019 preséntase ás eleccións municipais de número 8 na lista encabezada por Leticia Santos Paz como independente na lista do BNG. En setembro do 2020 accede á corporación substituíndo a Paulo Ríos como concelleiro de Mocidade e Igualdade do Concello de Moaña.
Nas eleccións de 2023 convértese en primeiro tenente de alcaldesa do Concello de Moaña e concelleiro de Obras e Servizos, e Participación veciñal.
Obra
editarPoesía
editar- Conservas, Sotelo Blanco, 2010.
- Infancia de vacas mortas, Barbantesa, 2012.
- Monicreques, 2012, PEN Galicia.
- De costumes e agoiros do Mar do Norte (2023). A Coruña: Medulia. 56 páxs. ISBN 978-84-19438-54-6.
Obras colectivas
editar- X. M. Tomé. Antolóxica, 2007, Universidade de Santiago de Compostela.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, A Nave das Ideas, 2011.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- XX aniversario Premio de Poesía Afundación (2002-2022). Obra en cinco volumes. ISBN.
Premios
editar- Mención de honra no certame GZ Crea no 2008, por Revoluciona(me).
- Accésit TI Premio de Poesía Terras de Chamoso (Lugo), por Beizos de man de illa.
- Primeiro Premio III Premio de Poesía Terras de Chamoso, por O delicado cheiro de Aumaxab Marma.
- Accésits nos premios de poesía da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo no 2009, por Le petit canteiro e Versos alineados á esquerda con espazos e silencios.
- Gañador do XXII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2009, por Conservas.
- Premio da Universidade de Vigo no 2010, por Marés de xiz.
- Gañador do X Premio de poesía Novacaixagalicia no 2011, por Monicreques.
- Terceiro premio no XII Premio de poesía Díaz Jácome no 2011.