Xosé Cuíña

político galego

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaXosé Cuíña

Estatua de Xosé Cuíña en Lalín.
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata
Prado, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
1989 – 2007
Presidente da Deputación de Pontevedra
1987 – 1990
← Fernando García del ValleCésar Mera →
Alcalde de Lalín
22 de marzo de 1979 – 1990 (dimisión)
← Luis González TaboadaXosé Crespo Iglesias →
Conselleiro da Xunta de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRafael Cuíña Editar o valor en Wikidata
IrmánsEladio Cuíña Crespo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX889908 BUSC: cuina-crespo-jose-1950 Dialnet: 2645347

Traxectoria política

editar

Alcalde de Lalín

editar

Fillo de Luis Cuíña Fondevila, muiñeiro,[1] e Isolina Crespo Taboada.[2] Fixo o bacharelato no Instituto Laboral de Lalín. Trasladouse a Medina del Campo para facer estudos na área agrícola e despois fixo algúns anos da carreira de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1971 foi nomeado concelleiro de Lalín continuando no posto ata 1979, e accedeu como independente á alcaldía de Lalín nas primeiras eleccións democráticas.

Posteriormente ingresou no Partido Popular de Galicia co que continuou á fronte da alcaldía dezá gañando as eleccións municipais de 1983 e 1987 con maioría absoluta, posto que simultaneou co de presidente da Deputación de Pontevedra entre 1987 e 1990, e co de deputado no Parlamento de Galicia dende 1989.

Conselleiro de Obras Públicas

editar

Logo das eleccións que lle outorgaron a maioría absoluta ao Partido Popular de Manuel Fraga, en 1990, Xosé Cuíña converteuse no home forte do executivo ao ocupar a carteira de conselleiro de Obras Públicas. Desde este cargo, impulsou unha rede de vías de alta capacidade entre as que se atopan: a autoestrada A-55 A Coruña-Carballo, a autoestrada A-57 Vigo-Baiona, a autovía Ferrol-As Pontes, o corredor central Lalín-Chantada-Monforte CRG2.1, a vía rápida do Salnés VRG-4.1 e a vía rápida da Barbanza VRG-1.1. Tratábase con elas de poñer fin ao tradicional déficit galego en comunicacións terrestres. Así mesmo, dispuxo a redacción da Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia aínda que de escaso desenvolvemento e execución. Co fin de poñer fin ao caos urbanístico de Galicia e frear a desaparición da arquitectura rural asinou coas sete cidades de Galicia, así como como outros concellos diversos e a FEGAMP o Acordo Marco para a reforma do urbanismo de Galicia de data 27 de xullo de 2001.[3] Froito dese acordo foi a Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. Esta lei supuxo unha maior protección do litoral coa ampliación da servidume de costas de 100 aos 200 metros desde o dominio público marítimo terrestre. A través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e as empresas públicas Xestur creou máis de 6 millóns de metros cadrados de superficie neta industrial e comercial nos 39 parques construídos.[4] Puxo en marcha uns programa de rehabilitación de vivenda rural e a erradicación do chabolismo e da infravivenda con máis de 30.000 actuacións.[5] Espallou pola xeografía do país diversas actuacións en materia de equipamentos urbanos (Conservatorio de Lalín, edificio multiúsos de Vilalba, recinto feiral de Pontevedra, Sala de Congresos e exposicións de Baiona, auditorios de Cerceda, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Ourense,...). Creou o ente Portos de Galicia a través do que dispuxo a mellora ou construción de peiraos, fondeadoiros, lonxas e instalacións náutico-deportivas.

Secretario Xeral do PPdG

editar

Simultaneou o cargo de conselleiro de Obras Públicas co de secretario xeral do partido incidindo na liña galeguista aberta por Manuel Fraga consonte o concepto de autoidentificación e a proposta de administración única. Así, na asemblea do PPdG de 24 de abril de 1991, defendeu un nacionalismo ben entendido "ata a fronteira da autodeterminación".[6] A súa popularidade tiña como expresión os baños de masas da romaría do Monte Faro, concibida como unha xornada festiva e de reafirmación galeguista do PPdG que concentraba na súa Comarca de Deza aos máximos dirixentes do Partido.

Caída

editar

A partir de 1999 o seu poder comezou a esluírse. Primeiro foi substituído no cargo de secretario xeral do PPdeG en 1999 por Xesús Palmou, e logo, en 2003, do posto de conselleiro por Alberto Núñez Feijóo.[7] A súa destitución, producida o 13 de xaneiro de 2003, foi derivada da crise do Prestige, e estivo supostamente motivada pola venda, por parte dunha empresa da súa familia de 8.500 traxes de auga e 3.000 pas aos equipos de limpeza do fuel a empresa Tragsa. Porén, estas acusacións nunca chegaron a probarse xudicialmente. O certo é que na Xunta "houbo serias discrepancias entre un bando encabezado por Cuíña, que avogaba por actuar máis e con autonomía respecto do goberno central e outro que prefería ir a remolque do que decidise Madrid".[8]

Cuíña, que abandeirara posturas galeguistas dentro do Partido Popular, tentou reunir apoios para recuperar a presidencia do Partido Popular á marcha de Fraga. Porén, e malia diversos contactos con Xosé Luís Baltar, non conseguiu xuntar as sinaturas necesarias para competir polo posto. Mantivo a súa acta de deputado no Parlamento pola provincia de Pontevedra ata o seu falecemento.

Recoñecementos

editar

Foi nomeado fillo predilecto de Lalín en 2008.[9]

Vida persoal

editar

Casou con María Carmen Aparicio Rodríguez e foi pai de Rafael e María Cuíña Aparicio. Faleceu aos 57 anos vítima dun choque séptico como consecuencia dunha pneumonía.[10] O seu cadaleito foi sepultado coa bandeira de Galicia e logo de que se interpretase o himno galego.

  1. O Muíño de Cuíña
  2. Madre y testaferro de Cuíña
  3. Galicia 2003, Xunta de Galicia ISBN 84-453-3459-X pax. 333
  4. Galicia 2003, opus cit. pax 340
  5. Galicia 1997, Xunta de Galicia ISBN 84-453-1915-9, pax. 275
  6. A gran historia de Galicia, XIV, Volume 2, Os primeiros pasos da autonomía. Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 125. ISBN 978-84-96931-32-9
  7. Artigo en El Mundo sobre o destacado papel de Cuiña na política galega con mención á rebelión dos deputados ourensáns. (en castelán)
  8. A Gran Historia de Galicia, opus cit. pax.193
  9. Xosé Cuíña ya es hijo predilecto de Lalín por acuerdo unánime Arquivado 25 de abril de 2008 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25/04/08
  10. Xosé Cuiña deixa orfa a dereita galeguista Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia Hoxe

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Luis González Taboada
  
Alcalde de Lalín
 
1979 - 1990
Sucesor:
Xosé Crespo
Predecesor:
Fernando García del Valle
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1987 - 1990
Sucesor:
César Mera
Predecesor:
Antolín Sánchez Presedo
  
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
1990 - 2003
Sucesor:
Alberto Núñez Feijóo