Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados na cidade rusa de Sochi entre o 7 e o 23 de febreiro de 2014, son os 22º Xogos de Inverno, e están organizados polo Comité Organizador de Sochi ao igual que os Xogos Paralímpicos.
Nome oficial | XXII. Olympesch Wanterspiller |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Inverno |
Lema | Hot. Cool. Yours |
Mascota | Leopard, Bely Mishka, and Zaika (en) |
Deporte | Deporte de inverno |
Composto por | Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 Snowboard nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 Skeleton nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 ../... 16 |
Número de participantes | 88 2.780 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 98 |
Localización |
Sochi (Resort Town of Sochi (en) ) Clareira Vermelha (pt) (Resort Town of Sochi (en) ) |
País | Rusia |
Intervalo de tempo | 7 de febreiro de 2014 – 23 de febreiro de 2014 |
Número de edición | 22 (2014) |
Aberto oficialmente por | Vladimir Putin |
Xuramento feito por | Ruslan Zakharov (pt) |
Facho acendido por | Vladislav Tretiak |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Elección da sede
editarSete cidades presentaron a súa candidatura ante o COI, que desbotou catro o 22 de xuño de 2006: Almati, Borjomi, Jaca e Sofía, chegando á final as localidades de Sochi, Salzburgo e Pyeongchang. Durante a 119ª sesión do COI celebrada en Guatemala elixiuse o 4 de xullo de 2007 a cidade de Sochi como a organizadora dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 tras caer Salzburgo na primeira rolda e vencer a Pyeongchang na segunda rolda.
Resultado da votación do COI | |||||
---|---|---|---|---|---|
Cidade | País | 1ª Rolda | 2ª Rolda | ||
Sochi | Rusia | 34 | 51 | ||
Pyeongchang | Corea do Sur | 36 | 47 | ||
Salzburgo | Austria | 25 | — |
Organización
editarEmblema
editarO emblema oficial creouno a axencia internacional de mercadotecnia Interbrand que o presentou o 1 de decembro de 2009 en Moscova. Por primeira vez na historia dos emblemas olímpicos presenta un enderezo electrónico, sochi.ru. Tipograficamente Sochi e 2014 son case simétricos, coma un espello, ilustrando o feito que a cidade de Sochi é o punto onde se encontra o mar Negro e as montañas do Cáucaso que se reflicten nese mar[1].
Mascotas
editarA cidade de Sochi realizou unha consulta popular o 2 de marzo de 2008, coincidindo coas eleccións presidenciais, para elixir unha mascota para os xogos, saíndo vencedora un golfiño esquiador da autoría de Olga Belyaeva [2]. Así e todo os organizadores decidiron pospoñer a elección e o 1 de decembro de 2010 anunciouse que se ía elixir nunha competición nacional organizada conxuntamente co xornal Izvestia, presentáronse 24.048 propostas. A elección final realizouse no programa de televisión Talismaniya Sochi 2014 o 26 de febreiro de 2011, resultando elixidos o leopardo das neves Barsik, a lebre Zaika e o oso polar Mishka, que representan respectivamente o ouro, a prata e o bronce do podio olímpico. Houbo algunha controversia na elección por unha posible fraude no voto telefónico que puxo en cabeza ao leopardo das neves, o candidato favorito de Vladimir Putin[3].
Seguridade
editarOs atentados de decembro de 2013 en Volgogrado que se produciron semanas antes do comezo dos Xogos, fixeron que aumentasen as medidas de seguridade en torno a celebración das Olímpiadas, mobilizando a máis de 100.000 policías e militares, no recinto olímpico desprazáronse arredor de 40.000 policías, que recibiron adestramento para conversar nun nivel básico en tres linguas (inglés, alemán e francés)[4]. Ademais de 5000 cámaras, utilización de drons, misis terra-aire, sistemas sofisticados de vixilancia aérea e submarina, incluíndo seis baterías Pantsir S-1 para intentar asegurar unha protección completa arredor da vila olímpica, mais tamén navíos de guerra e submarinos rusos, asistidos por unha fragata e un navío de mando americanos. Todas as comunicacións están baixo vixilancia do sistema SORM da FSB[5]. Todas as manifestacións, marchas, demostracións e protestas organzadas a partir do 7 de xaneiro e ata o 21 de marzo na área teñen que contar coa aprobación do servizo de intelixencia, a policía e o goberno local [6]
A xendarmería do ministerio do interior conta con 10.000 efectivos na zona[7], dedicados principalmente á previr accesos non autorizados nas instalacións deportivas e nas zonas residenciais, e algúns efectivos tamén están ao cargo do mantemento da orde pública canda a policía.[8].
Arredor de 400 cosacos chegaron a Sochi a primeiros de xaneiro para axudar as forzas de seguridade, coa misión de acompañar ás patrullas de policía vestindo o seu uniforme tradicional.[9], autorizados por lei a comprobar documentos de identidade e levar os sospeitosos ás comisarías de policía.[10] A 58º unidade do exército das Forzas Armadas Rusas, composto por uns 70.000 soldados, patrullan a achegada fronteira con Xeorxía.[11]
Instalacións deportivas
editarOs Xogos Olímpicos de 2014 celébranse en dúas áreas diferentes: o Parque Olímpico de Sochi, localizado en Adler un arrabalde de de Sochi, onde se celebran os deportes de interior e o complexo de montaña de Krasnaia Poliana situado a 60 km do centro de Sochi e a 40 de Adler
Parque Olímpico de Sochi
editarO Parque Olímpico de Sochi construíuse na costa do mar Negro no val de Imeretin, a uns catro quilómetros da fronteira de Rusia con Xeorxia[12][13] As instalacións sitúanse arredor dun estanque de auga que serve de marco para a Praza das Medallas, o que permite achegarse a pé desde as instalacións:
Estadio Olímpico de Fisht | Pazo de Xeo de Bolshoy | Arena Shayba | Centro de Patinaxe Adler Arena |
---|---|---|---|
40.000 | 12.000 | 7.000 | 8.000 |
Pazo de Patinaxe Iceberg Skating | Centro de Curling Cubo de Xeo | Vila Olímpica | Centro Internacional de Prensa |
Capacidade: 12.000 | Capacidade: 3.000 | - | - |
Krasnaia Poliana
editar- Complexo de esquí e bíatlon Laura – Bíatlon, esquí de fondo e combinada nórdica
- Extreme-Park Rosa Khutor – esquí acrobático e snowboard
- Centro de Esquí Rosa Khutor – esquí alpino
- Sanki – bobsleigh, luge e skeleton
- Centro de Saltos RusSki Gorki – saltos de esquí e combinada nórdica
- Vila olímpica Rosa Khutor
Participantes
editarA seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 e o número de atletas representantes:
Calendario
editarCA | Cerimonia de apertura | ● | Competicións de eventos | 1 | Finais de eventos | GE | Gala de exhibición | CC | Cerimonia de clausura |
Febreiro | 6 Xov |
7 Ven |
8 Sáb |
9 Dom |
10 Lun |
11 Mar |
12 Mér |
13 Xov |
14 Ven |
15 Sáb |
16 Dom |
17 Lun |
18 Mar |
19 Mér |
20 Xov |
21 Ven |
22 Sáb |
23 Dom |
Eventos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cerimonias | CA | CC | ||||||||||||||||||
Bíatlon | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 11 | ||||||||
Bobsleigh | ● | 1 | ● | 1 | ● | 1 | 3 | |||||||||||||
Combinada nórdica | 1 | 1 | 1 | 3 | ||||||||||||||||
Curling | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | 1 | 1 | 2 | |||||||
Esquí acrobático | ● | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 10 | |||||||||
Esquí alpino | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | |||||||||
Esquí de fondo | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 12 | |||||||||
Hockey sobre xeo | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | ● | 1 | ● | ● | 1 | 2 | |||
Luge | ● | 1 | ● | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Patinaxe artística | ● | ● | 1 | ● | 1 | ● | 1 | ● | 1 | ● | 1 | GE | 5 | |||||||
Patinaxe de velocidade | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | ● | 2 | 12 | |||||||
Patinaxe de velocidade sobre pista curta | 1 | 1 | 2 | 1 | 3 | 8 | ||||||||||||||
Salto de esquí | ● | 1 | 1 | ● | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Skeleton | ● | 1 | 1 | 2 | ||||||||||||||||
Snowboard | ● | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 10 | ||||||||||
Eventos totais | 5 | 8 | 5 | 8 | 6 | 6 | 6 | 7 | 5 | 6 | 5 | 8 | 6 | 7 | 7 | 3 | 98 | |||
Total acumulado | 5 | 13 | 18 | 26 | 32 | 38 | 44 | 51 | 56 | 62 | 67 | 75 | 81 | 88 | 95 | 98 | ||||
Febreiro | 6 Xov |
7 Ven |
8 Sáb |
9 Dom |
10 Lun |
11 Mar |
12 Mér |
13 Xov |
14 Ven |
15 Sáb |
16 Dom |
17 Lun |
18 Mar |
19 Mér |
20 Xov |
21 Ven |
22 Sáb |
23 Dom |
Eventos |
Medalleiro
editarCadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Rusia | 13 | 11 | 9 | 33 |
2 | Noruega | 11 | 5 | 10 | 26 |
3 | Canadá | 10 | 10 | 5 | 25 |
4 | Estados Unidos | 9 | 7 | 12 | 26 |
5 | Países Baixos | 8 | 7 | 9 | 24 |
6 | Alemaña | 8 | 6 | 5 | 19 |
7 | Suíza | 6 | 3 | 2 | 11 |
8 | Belarús | 5 | 0 | 1 | 6 |
9 | Austria | 4 | 8 | 5 | 17 |
10 | Francia | 4 | 4 | 7 | 15 |
11 | Polonia | 4 | 1 | 1 | 6 |
12 | China | 3 | 4 | 2 | 9 |
13 | Corea do Sur | 3 | 3 | 2 | 8 |
14 | Suecia | 2 | 7 | 6 | 15 |
15 | República Checa | 2 | 4 | 2 | 8 |
16 | Eslovenia | 2 | 2 | 4 | 8 |
17 | Xapón | 1 | 4 | 3 | 8 |
18 | Finlandia | 1 | 3 | 1 | 5 |
19 | Reino Unido | 1 | 1 | 2 | 4 |
20 | Ucraína | 1 | 0 | 1 | 2 |
21 | Eslovaquia | 1 | 0 | 0 | 1 |
22 | Italia | 0 | 2 | 6 | 8 |
23 | Letonia | 0 | 2 | 2 | 4 |
24 | Australia | 0 | 2 | 1 | 3 |
25 | Croacia | 0 | 1 | 0 | 1 |
26 | Kazakhstán | 0 | 0 | 1 | 1 |
Cobertura informativa
editarPanasonic é o subministrador de imaxe de todas os eventos, incluíndo equipamento para a retransmisión por televisión. O COI capturara a cerimonia de inauguración en 4K-Ultra HD.[15] En moitas rexións, os dereitos de retransmisión negociáronse conxuntamente cos dos Xogos Olímpicos de 2016. Máis de 13.000 [16] xornalistas de todos os medios están acreditados para informar dos Xogos e 94 canles de televisión adquiriron os dereitos de retransmisión. Os dereitos para Rusia vendeunos Sportfive a un consorcio formado por tres emisoras: Perviy Kanal, VGTRK e NTV Plus.[17] Sportfive substituíu a Unión Europea de Radiodifusión como a distribuídora dos dereitos dos Xogos 2014 e 2016 en 40 países[18]. Nos Estados Unidos fíxose cos dereitos a NBC, así como todos os xogos olímpicos ata 2020.[19]
Críticas
editarA elección dunha cidade rusa foi obxecto de fortes críticas por parte de certos medios e personalidades arredor de asuntos como a liberdade de prensa, por mor de numerosas intervencións da policía nos medios rusos[20],[21], a liberdade sexual dos atletas posta en cuestión polas novas leis rusas prohibindo a difusión de mensaxes homosexuais aos menores[22], a utilización de gran número de traballadores migrantes, arredor de 60.000 obreiros empregados nas obras de construción dos complexos olímpicos, traballando en condicións difíciles cando non explotados[23][24], a denuncia de organizacións ecoloxistas que afirman que as obras non tiveron en conta o impacto ecolóxico [25], a revisión á alza dos investimentos, estimados oficialmente en 36 mil millóns de euros[26], orzamentos que serviron principalmente para construír a vila olímpica e as construcións deportivas mais tamén un aeroporto, un porto marítimo, 200 km de vías de ferrocarril, 400 km de estradas, 77 pontes, 12 tuneis e outras obras de infraestrutura. Segundo un informe de Boris Nemtsov e Leonid Martynyuk, membros do movemento de oposición Solidarnost[27], unha parte do investido serviu para o enriquecemento de Vladimir Putin e de grandes fortunas, representando a corrupción segundo diversas estimacións entre o 20% e o 50% dos gastos[28].
Notas
editar- ↑ "Unique digital olympic emblem revealed by Sochi 2014 for Russia’s first winter games". interbrand.com. decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014.
- ↑ "Leopard, bear and hare presiding over the Sochi Olympics, RBTH". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2014.
- ↑ Fred Weir (1 de marzo de 2011). "In Russia, accusations of corruption taint even Olympics mascot selection". csmonitor.
- ↑ ""Russian Police to Speak 3 Languages at Sochi Olympics – Ministry". RIA Novosti. 30 de outubro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
- ↑ Veronika Dorman, « Des Jeux sous haute surveillance », Ouest France, no 21139, 7 de febreiro de 2014, p. 2
- ↑ ""Sochi Olympic Protests to Require Approval from Russia's Security Service". RIA Novosti. 6 de decembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
- ↑ "Internal Troops to provide security at Sochi Olympics". Russia Beyond the Headlines. 15 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro 2014.
- ↑ "Siberia joins national effort to make the Sochi Olympics safe and successful". Siberia Times. 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro 2014.
- ↑ "Sochi Drafts In Cossacks for Olympic Security". RIA Novosti. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ "Some 300 Cossacks to Help Police Sochi Olympics". RIA Novosti. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ "Olympic Teams Prepare for Possible Security Crisis in Sochi". The Moscow Times. 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ "Sochi's mixed feelings over Olympics". BBC News. 26 de novembro de 2008. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ Russian Deputy PM leads Sochi delegation to inspect Munich Olympic Park Inside the Games, 22 de maio de 2010
- ↑ Os atletas da India participan como independentes so a bandeira olímpica por mor da suspensión do comité olímpico nacional
- ↑ Forrester, Chris (29 de xaneiro de 2014). Advanced-television.com, ed. "Winter Olympics opening will be in 4K". Consultado o 2014-02-07.
- ↑ Philippe Rioux, « Faut-il boycotter les Jeux Olympiques de Sotchi ? » La Dépêche du Midi, 19 de decembro de 2013
- ↑ Love, Tom (3 de setembro de 2012). SportsPro, ed. "Sportfive concludes Olympic agreement in Russia". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ "IOC awards European broadcast rights to SPORTFIVE". ESPN. 18 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ "Lazarus: We Believe Sochi Olympics Will Be Profitable". Broadcasting & Cable. Consultado o 13 de agosto 2013.
- ↑ ""Journalistes harcelés dans la région de sotchi : la presse étrangère ne doit pas céder à l’intimidation". Reporters sans frontieres, 12 de novembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 10-02-2014. Consultado o 09-02-2014.
- ↑ "Russia: TV Crew Reporting on Sochi Olympics Harassed" Human Rights Watch, 5 de novembro de 2013
- ↑ "Homophobie : la Russie pourrait arrêter les athlètes gay lors des JO d'hiver" Huffington Post, 31 de xullo de 2013
- ↑ "A Sotchi, les ONG dénoncent le traitement des ouvriers", RFI
- ↑ "L'enfer des chantiers olympiques de Sotchi" Le Figaro, 30 de outubro de 2013
- ↑ Yann Bertrand, A Sotchi, l'écologie piétinée par les Jeux olympiques, France Info, 9 de xaneiro de 2014
- ↑ Le Monde, ed. (7 de febreiro de 2013). "JO 2014 : Sotchi entre couacs et drames".
- ↑ Les JO de Sotchi entachés par la corruption, Le Monde, 31 de maio de 2013
- ↑ Pawel Kopczynski (14 de marzo de 2013). L'Express, ed. "JO de Sotchi : un gouffre financier vertigineux pour la Russie".