Xoana de Portugal
Xoana de Avis, nada o 20 de marzo de 1439 e finada o 13 de xuño de 1475, foi unha infanta de Portugal e raíña de Castela desde 1455 ata a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1439 (Gregoriano) Almada, Portugal |
Morte | 12 de decembro de 1475 (36 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Madrid |
Consorte real da Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | raiña de Castilla |
Familia | |
Familia | Dinastía de Avis |
Cónxuxe | Henrique IV de Castela (1455 (Gregoriano)–) |
Fillos | Andrés de Castilla y Portugal, Xoana a Beltranexa, Pedro de Castilla y Portugal |
Pais | Duarte de Portugal e Leonor de Aragón |
Irmáns | Catarina de Portugal Lionor de Portugal Afonso V de Portugal Fernando de Portugal |
Cronoloxía | |
nacemento póstumo | |
Traxectoria
editarXoana foi filla póstuma de Duarte I, rei de Portugal (1391-1438) e da súa dona, a infanta Leonor de Aragón. Era neta materna de Fernando I de Aragón (fillo de Xoán I de Castela e de Leonor, infanta de Aragón) e da súa dona Leonor Urraca de Castela, señora de Alburquerque (neta do rei Pedro I de Portugal e de Inés de Castro) e paterna de Xoán I de Portugal (fillo de Pedro I de Portugal e de Teresa Lourenzo e de Dª Filipa de Lencaster (filla de Branca de Lencaster e de Xoán de Gante, duque de Lencaster e neta de Eduardo III de Inglaterra). Descendía por parte da avoa materna e do avó paterno dos primeiros reis de Portugal, dos reis de Castela e de Aragón por parte do avó Fernando, e por parte da avoa Filipa dos primeiros reis Ingleses.
Cando naceu Xoana, o seu pai xa morrera da peste, e o seu irmán máis vello, Afonso V, xa ascendera ó trono con só 6 anos. Xoana foi criada pola súa nai, a raíña rexente Leonor, ata os seis anos, cando quedou orfa e pasou a ser coidada polo seu tío, o duque de Coímbra e rexente ata 1449.
Afonso V casou á súa irmá Xoana co seu curmán Henrique IV de Castela (nese tempo xa reinaba como soberano de Castela), fillo de María, infanta de Aragón (irmá máis vella da nai de Xoana) e de Xoán II de Castela, en 1455, tendo ela apenas 16 anos e el xa 31.
Xoana tivo algunhas relacións fóra do matrimonio, das cales naceron algúns do seus fillos. Así, con Pedro de Castela e Fonseca:
- André de Castela e Portugal—casado con Mencía de Quiñones
- Pedro Apóstolo de Castela e Portugal—casado con Xoana de Mendonza
Do matrimonio con Henrique IV de Castela naceu Xoana a Beltranexa (1462-1530), quen foi nomeada herdeira do seu pai, en 1468, e casou con Afonso V de Portugal, o seu tio, por orde da súa nai en 1475.
Xoana, infanta de Portugal foi rexeitada polo seu home, debido ás relacións extramatrimoniais en 1474 e volveu para Portugal, onde falecería en 1475, con apenas 36 anos de idade, deixando á súa filla Xoana a Beltranexa, con apenas 13 anos, orfa.