Xoán XXII, papa

(Redirección desde «Xoán XXII»)

Xoán XXII, nado en Cahors en 1249 e finado en Avignon o 4 de decembro de 1334, foi papa da Igrexa católica entre 1316 e 1334, e segundo Papa do pontificado de Avignon.

Modelo:BiografíaXoán XXII, papa

(1316, Palais du Roure (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ioannes PP. XXII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1244 Editar o valor en Wikidata
Cahors, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1334 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAvignon Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
196º Papa
15 de agosto de 1316 – 4 de decembro de 1334 (Gregoriano)
← Clemente VBieito XII →
Cardeal
23 de decembro de 1312 –
Roman Catholic Bishop of Avignon (en) Traducir
18 de marzo de 1310 –
← Bertrand de Saint-Martin (pt) TraducirJean de Cojordan (en) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Fréjus (en) Traducir
4 de febreiro de 1300 –
← Bertrand de Saint-Martin (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónOld University of Orléans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1300 (Gregoriano)–), sacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de maio de 1314Conclave de 1314–1316 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiQ127417205 Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1182617 Discogs: 4179974 WikiTree: Duèze-1 Editar o valor en Wikidata
Xoán XXII

De nome Jacques Duèze, era fillo dun zapateiro de Cahors. Estudou teoloxía e leis na súa cidade natal, en Montpellier e en París, para despois converterse en profesor de Dereito en Tolosa.

Iniciou a súa carreira na igrexa como arcipreste de Cahors para posteriormente ser nomeado bispo de Frejus, arcebispo de Avignon en 1310 (cargo desde o que actuou como chanceler de Carlos II de Anjou, cardeal de San Vital en 1312 e cardeal bispo de Porto en 1313.

O conclave

editar

A súa elección como Papa tivo lugar o 7 de agosto de 1316, tras un interregno de case dous anos nos que o trono de San Pedro permaneceu vacante debido á división existente no conclave reunido en Carpentras, onde os cardeais, divididos en tres faccións de italianos, gascóns e franceses, propuñan tres candidatos diferentes.

Foi Filipe V de Francia quen puxo fin a dita situación convocando o Conclave de Lyón, no que, coa asistencia de vinte e tres cardeais, resultou elixido Jacques Duèze. Foi consagrado o 5 de setembro co nome de Xoán XXII, e fixou a súa residencia en Avignon.

Enfrontamento con Alemaña

editar

Nada máis iniciarse o seu pontificado quixo intervir no conflito que vivía Alemaña desde que en 1314 tivera lugar unha dobre elección ó trono disputado entre Lois, duque de Baviera, e Federico de Habsburgo, duque de Austria. O enfrontamento prolongouse ata 1322, cando Lois venceu na Batalla de Mühldorf a Federico, quen en 1325 renunciou á súa pretensión ó trono.

En 1323, Xoán XXII, que reclamara unha especie de rexencia sobre o trono alemán mentres non se solucionase a disputa entre os dous aspirantes, negouse a recoñecer a Lois como rei alegando que asumira o título sen a súa confirmación, negándose a coroalo como emperador do Sacro Imperio e excomungándoo en 1324 acusándoo de herético, ó ofrecer a súa protección a Guillerme de Ockham, a Marsilio de Padua e a Miguel de Cesena entre outros pensadores heterodoxos.

Lois contestou invadindo Italia á fronte dun poderoso exército que lle permitiu ocupar Roma en xaneiro de 1328, onde foi coroado como emperador, tralo que depuxo ó Papa acusándoo de herexía e proclamando como novo Papa a Nicolao V, o primeiro antipapa italiano.

O pobo romano, oprimido pola ocupación militar da súa cidade, e pola excomuñón que Xoán XXII lanzara sobre a mesma, sublevouse e obrigou a Lois a abandonar Roma en agosto de 1328. O cisma no seo da igrexa foi efémero xa que o antipapa Nicolao renunciou en 1330 ó seu nomeamento e se someteu a Xoán XXII.

Enfrontamento cos franciscanos

editar

No seo da orde franciscana producírase en 1245 unha división entre os chamados "conventuais" e os "espirituais", radicais que defendían un ideal de pobreza absoluta alegando que tanto Xesús como os seus discípulos carecían de posesións individuais e comunais.

En 1318 Xoán XXII publicou unha bula condenando a postura dos espirituais, tamén coñecidos como fraticelli, cualificándoa como herética e citando ó xeral da Orde, Miguel de Cesena, a comparecer na sé de Avignon. Este, que non pertencía á facción radical, negouse a aceptar os argumentos papais e decidiu buscar a protección do rei Lois IV de Baviera polo que, tras ser expulsado da orde, foi excomungado.

Visión beatífica

editar

Un terceiro problema no que se viu inmerso Xoán XXII durante o seu pontificado foi a súa postura sobre a visión beatífica.

Segundo a doutrina católica, os que morren en estado de graza verán a Deus á espera do Xuízo Final. Porén, Xoán mantiña unha postura contraria, polo que foi considerado herexe por moitos teólogos da época. O Papa defendeuse desta acusación manifestando que a igrexa non tiña sobre este punto unha doutrina oficial (fixouna o seu sucesor Bieito XII) e que ademais non expuxera a súa postura ex cathedra, o que lle permitiu, posteriormente, retractarse.

Outros feitos

editar

Ó papa Xoán XXII débeselle a institución do Tribunal da Sagrada Rota e da festa da Santa Trindade, así como a canonización de Tomé de Aquino.

Promulgou a bula In agro dominico (1329), onde condenaba 28 proposicións do Mestre Eckhart, 17 como heréticas e 11 como sospeitosas.

As profecías de San Malaquías refírense a el como De surore osseo (Do zapateiro de Ossa), cita que fai referencia ó oficio do seu pai e a que nun principio foi considerado erroneamente membro da familia Heusse (Ossa).