Xoán I de Galiza e León

Rei de Galiza e León

Xoán I de Galiza e León, nado en Sevilla cara a 1262 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.

Modelo:BiografíaXoán I de Galiza e León

Sepulcro na Catedral de Burgos
Biografía
Nacemento1262 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 1319 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Pinos Puente, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapilla Mayor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Díaz de Haro
Margaret of Montferrat Editar o valor en Wikidata
FillosAlfonso, Lord of Valencia de Campos
 () Margaret of Montferrat
Juan de Haro
 () María Díaz de Haro Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso X o Sabio Editar o valor en Wikidata  e Violante de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de Castela
Berenguela de Castela
Violante de Castela
Beatriz de Castela
Sancho IV de Castela
Pedro de Castela
Fernando de La Cerda
Jaime de Castela
Alfonso Fernández el Niño
Costanza de Castela
Leonor de Castela Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Apoiado polo Rei Dinís I de Portugal, o infante Xoán aspirou á coroa de Castela, Galiza e León na hora da morte do seu pai Afonso X. Coroa que foi usurpada finalmente polo seu irmán Sancho IV en disputa tamén cos partidarios dos fillos do falecido herdeiro dos reinos Fernando de la Cerda. Derrotado, Xoán fuxiu o exilio, regresando na hora da morte de Sancho no 1295[1].

Foi nomeado titor do seu sobriño Fernando IV, e argumentando que o matrimonio de Sancho IV e a súa prima María de Molina non era válido por consanguinidade, erixiuse en cabeza de importantes grupos nobiliarios que o coroaron rei de Galiza, León e Sevilla no ano 1296[2]. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal. O apoio do Rei Dinís I e dos tres Adiantados Maiores que tivo o reino galego no período: Xoán Afonso de Alburquerque, Fernando Rodríguez de Castro e Paio Gómes Chariño, así o testemuñan[3]. A implicación da coroa portuguesa no proxecto contou mesmo coa conformidade do seu consello de estado e foi negociado na vila de Mota por Rodrigo Álvarez Osorio e o propio Dinís I[4]. Malia a este apoio, o rei Xoán viuse obrigado a pactar a renuncia ao título rexio no ano 1301.

Posteriormente, en 1312, tras a morte de Fernando IV, foi nomeado titor de Afonso XI. Señor de Valencia de Campos e señor consorte de Biscaia polo seu matrimonio con María Díaz de Haro. Foi ademais señor de Baena, Luque, Zuheros, Lozoya, Villalón, Oropesa, Santiago de la Puebla, Melgar de Arriba, Paredes de Nava, Medina de Rioseco e Castronuño, ademais de ser alférez do rei durante os períodos comprendidos entre 1277-1278 e 1283-1284. Morreu no Desastre de la Vega de Granada, acaecido o 25 de xuño de 1319.

  1. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 400–403. ISBN 978-84-8341-293-0. 
  2. Boto Varela, Gerardo (2004). "Congreso Internacional "La Catedral de León en la Edad Media"". Sobre reyes y tumbas en la catedral de León (PDF). Universidad de León. pp. 305–365. ISBN 84-9773-161-1. 
  3. González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 422. ISBN 84-7154-303-6. 
  4. González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 422–425. ISBN 84-7154-303-6. ...e el pleito havianle tratado e puesto de esta manera, que diesen luego al infante Don Juan todo el reino de Galicia, e que se llamase ende Rey, e que toviese en su vida la ciudad de León e todos los lugares que havia tomados - Crónica del Rey don Fernando IV 

Véxase tamén

editar
  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Xoán I. O restaurador da independencia da Galiza.
(Nós Diario, 20.10.2022)

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Xoán I de Galiza e León
Nacemento: 1264 Falecemento: 25 de Xuño 1319


Títulos Reais
Precedido por
Fernando IV


Rei de Galicia
1296–1300
Sucedido  por
Fernando IV
Rei de León
1296–1300
Rei de Sevilla
1296–1300