Xinecoloxía
A Xinecoloxía é a especialidade médica e cirúrxica que trata as enfermidades do sistema reprodutor feminino (útero, vaxina e ovarios). Atópase intimamente relacionada coa especialidade de Obstetricia, a cal se encarga do embarazo, o parto e o puerperio.
Historia
editarO Papiro xinecolóxico de Kahun (parte do Papiro de Kahun) é o texto médico máis antigo coñecido (datado aproximadamente en 1800 a. C.), que trata sobre afeccións femininas - enfermidades xinecolóxicas, fertilidade, embarazo, anticoncepción etc. Este texto dicídese en trinta e catro seccións, cada unha das cales aborda un problema específico xunto co diagnóstico e o tratamento. Ningún destes tratamentos é cirúrxico, tan só inclúen o emprego de menciñas sobre a parte do corpo afectada ou a súa inxesta. A matriz ou útero é, en ocasións, tratada coma fonte dos padecementos que se manifestan noutras partes do corpo.[1]
Segundo o Suda, o antigo médico grego Soranus de Éfeso exerceu en Alexandría e posteriormente en Roma. Foi o principal representante da escola médica coñecida como os Metodistas. O seu tratado Gynaikeia aínda perdura (xunto cunha tradución ao latín do século VI escrita por Muscio, un médico da mesma escola).
Exame físico
editarComo ocorre no resto das especialidades médicas, as ferramentas principais da xinecoloxía son a historia clínica e o exame físico. Porén, o exame xinecolóxico sempre se considerou moito máis íntimo que un exame físico de rutina. Require, así mesmo, de instrumentos específicos da profesión, como o espéculo, que permite retraer os tecidos vaxinais para explorar o colo uterino ou cérvix.
Patoloxías
editarOs xinecólogos son especialistas no diagnóstico e tratamento de síntomas asociados a enfermidades tales como:
- Cancro e enfermidades pre-cancerosas dos órganos reprodutivos.
- Incontinencia urinaria.
- Amenorrea ausencia de(períodos menstruais.
- Dismenorrea (períodos menstruais dolorosos).
- Infertilidade.
- Menorraxia (períodos menstruis anormalmente abundantes): síntoma que con frecuencia carrea a práctica dunha histerectomía.
- Prolapso de órganos pélvicos.
- Infeccións e infestacións dos órganos xenitais
Notas
editar- ↑ Laurinda S. Dixon. Perilous Chastity: Women and Illness in Pre-Enlightenment Art and Medicine, Cornell University Press 1995, pp.15f.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xinecoloxía |
Ligazóns externas
editar- Xinecoloxía e Obstetricia - libros e manuais de balde (en castelán)
- Xinecoloxía Oncolóxica (en castelán)