Xesús Manuel Suárez
médico e político galego
Xesús Manuel Suárez García, nado en Santiago de Compostela en 1955, é un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarMédico endocrinólogo e profesor de Dietética. Foi secretario e tesoureiro da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición.
Foi candidato nas primeiras eleccións democráticas. Militante do Partido Galeguista dende a súa fundación en 1978, integrouse no novo Partido Galeguista en 2004, no que foi secretario xeral e vicepresidente. No IX Congreso, celebrado en Monforte de Lemos o 26 de xaneiro de 2008, foi elixido presidente.[1]
Notas
editar- ↑ "El Ourensano Suárez García elegido en el IX Congreso como nuevo presidente del Partido Galeguista". La Región (en castelán). 2008-01-26. Consultado o 2020-04-22.