Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.[1][2]
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1928 (96 anos) Vigo, España |
13º Presidente da Real Academia Galega | |
20 de abril de 2013 – 17 de marzo de 2017 ← Xosé Luís Méndez Ferrín – Víctor Freixanes → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid Universidade de Salamanca |
Director de tese | José Luis Pensado |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, poeta, sociolingüista, escritor, crítico literario, lingüista |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio, poesía |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Emilia Pimentel Iglesias Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda† |
Fillos | Emilio Alonso Pimentel () Emilia Pimentel Iglesias Xesús Pimentel () Emilia Pimentel Iglesias |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarNado en Vigo, onde os seus pais Benito Alonso e Angelina Montero rexentaban unha taberna na rúa Urzáiz. A familia trasladouse en 1938 a Ventosela (Ribadavia), a terra dos avós (e do seu sobriño Manuel Rodríguez Alonso), onde pasou a súa infancia e adolescencia. Estudou o bacharelato en Ribadavia con Bernardino Graña e rematouno en Vigo no Instituto Santa Irene en 1948. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid en 1953.
Carreira profesional
editarFoi profesor de Lingua e Literatura Española desde 1956, exerceu na Escola Normal de Santiago de Compostela e nos institutos de Palencia (1959-1960) e Lugo (1960-1976). En 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Manuel Curros Enríquez: Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega. En 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo, despois pasou a ser profesor titular de Literatura Galega e foi catedrático de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Pola súa idade, pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a guerra civil española. É militante do PCE desde 1962, represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do PCG pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións democráticas. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. Foi nomeado catedrático emérito da USC en 1999.[3]
Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro (Páxinas sobre Rosalía de Castro, 1954-2004), Manuel Curros Enríquez (Curros Enríquez no Franquismo, 1936-1971), Manuel Leiras Pulpeiro, Luís Pimentel (Luís Pimentel: biografía da súa poesía), Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro), Luís Seoane (As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane), Mendiño, Xosé Neira Vilas, Lorenzo Varela, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro.
Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas alófonos en galego, e ten realizado estudos sobre autores da literatura española como Antonio Machado, Federico García Lorca, Miguel de Unamuno ou Ramón María del Valle-Inclán. Alén disto, son destacábeis as súas colaboracións na prensa galega, recollidas en parte na obra Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999). Salienta tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e en América. Tamén ten libros de poemas: Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: Coroa poética para Castelao (1988), Coroa poética para un mártir (1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).
Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993 a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares e Ramón Piñeiro. O seu discurso de ingreso, contestado por Xosé Filgueira Valverde, titulouno "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962).[4] O 20 de abril de 2013 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que ocupou ata o 29 de abril de 2017.[1][2]
Deu o seu apoio ao esperanto e ao movemento esperantista galego; escribiu a única visión xeral da historia do movemento en Galicia, o artigo que figura na palabra clave "Esperanto" da Gran Enciclopedia Galega.[5] Nese sentido, impartiu unha conferencia no 46º Congreso Español de Esperanto, en Vigo (1986)[6] e no 69º Congreso Español de Esperanto en Santiago de Compostela (2010)[7].
Etapa luguesa
editarChegou a Lugo en 1960 como catedrático do Instituto Masculino (IES Lucus Augusti), alí atopouse con Amable Veiga e Epifanio Ramos. Axiña se incorporou ao faladoiro do Hotel Méndez Núñez ("La tertulia de los desafectos"). Tamén se incorporou ás actividades do Círculo das Artes de Lugo, que en 1963 acolleu a exposición «Cen anos de literatura galega» polos cen anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, era a época de Ramón Varela Núñez no Círculo. Tamén impartiu docencia na Escola de Maxisterio.[8]
No instituto, no que tamén daba clases a súa muller, tivo como alumnos a Fernando Ónega, Perfecto Conde Muruais, Antón Grande, Claudio Rodríguez Fer, Antón Santamarina, Darío Xoán Cabana, Xesús Rábade, Anxo González Guerra, Fiz Vergara Vilariño, Xulio López Valcárcel, Camilo Valdeorras, Paco Martín etc.[8]
Desde Lugo publicou o Informe —dramático— sobre la lengua gallega, alí se afiliou ao Partido Comunista o 1 de maio de 1962 no Café do Centro e desde Lugo mandaba crónicas a Radio España Indepediente, emisora do PCE coñecida popularmente como "A Pirenaica".
Esta etapa (1960-1976) deixou pegada nel que declarou "Síntome galego de Lugo" en 2024 e tamén deixou pegada nos seus moitos alumnos.[8]
Obra en galego
editarEnsaio
editar- Cen anos de literatura galega. Catálogo da exposición bibliográfica (1964). Con Epifanio Ramos de Castro. Círculo de las Artes de Lugo, Instituto de Estudios, Sección de Publicaciones. 118 páxs.
- O que cómpre saber da lingua galega (1968). Buenos Aires: Alborada Ediciones. 146 páxs.
- Castelao (1975). Madrid: Akal.
- Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados... (1981). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-096-5.
- Manuel Leiras Pulpeiro. O cidadán e o poeta (1983). Madrid: Sálvora.
- Decálogo da lingua galega (1990). Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 978-84-87126-17-8. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia.
- Luís Pimentel: biografía da súa poesía (1990). Vigo: Edicións do Cumio. 224 páxs. ISBN 978-8487126192.
- Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) (1991). Vigo: Edicións do Cumio. 184 páxs. ISBN 978-84-87126-27-7.
- As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-801-X.[9] Reeditado en 2002 na Biblioteca Galega 120.
- Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante (1995). A Coruña: Xunta de Galicia.
- Ensaios breves de literatura e política (1996). Vigo: Nigra. 392 páxs. ISBN 9788487709517.
- Ben-Cho-Shey: Mestre, político galeguista, etnógrafo, bibliófilo, erudito, xornalista. O valedor da lingua galega (1996). Vigo: Ir Indo. 64 páxs. ISBN 978-8476802274.
- Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía (1997). Madrid: Akal.[10] 224 paxs. ISBN 978-84-460-0839-2.
- Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) (2000). Universidade de Santiago de Compostela. 90 páxs. ISBN 84-8121-848-0.[11]
- Oteriana (2000). Vigo: Galaxia. Fundación Otero Pedrayo. 200 páxs. ISBN 978-84-920781-5-8.
- A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9782-036-3.[12][13]
- Curros Enríquez no franquismo (1936-1971) (2003). 314 Euroediciones. 175 páxs. ISBN 978-84-932667-4-5.[14]
- Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004) (2004). Vigo: Xerais. 328 páxs. ISBN 9788497821926.
- Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (2006). Vigo: Galaxia. 176 páxs. ISBN 978-84-8288-929-0.
- Ánxel Fole, García Lorca e os "Seis poemas galegos" (2006). Concello de Lugo. ISBN 84-934842-1-0.
- Os escritores galegos ante a Guerra Civil Española (1936-1939). Textos e actitudes (2007). Vigo: Galaxia. 532 páxs. ISBN 978-84-8288-979-5.
- Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006) (2007). Vigo: Xerais. 616 páxs. ISBN 978-84-9782-531-3.
- Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega) (2007). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-8497826686.
- Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia (2008). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9782-937-3.
- Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) (2009). Vigo: Xerais 560 páxs. ISBN 978-84-9914-000-1.[15]
- Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (2009). Vigo: Galaxia. 454 páxs. ISBN 978-84-9865-189-8.
- Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011) Vigo: Xerais. 416 páxs. ISBN 978-84-9914-198-5.[16]
- Castelao na Unión Soviética en 1938. Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil (2012). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9914-384-2.[17]
- Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual (2015). Vigo: Xerais. 296 páxs. ISBN 9788499148335.
- Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador (2015). Vigo: Ir Indo.
- María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura (2018). A Coruña: La Voz de Galicia, Biblioteca Gallega. 144 páxs. ISBN 9788497573160.[18]
- Dicionario da nova literatura galega. 86 voces responden un inquérito, 1969 (2021). Edición de Ramón Nicolás. Xerais. 258 páxs. ISBN 978-84-9121-978-1.[19]
- Machado (2022). A Coruña: Hércules Ed. 264 páxs. ISBN 978-84-18966-27-9.
- Palabras para o noso tempo (2024). Santiago: Alvarellos. 356 páxs. ISBN 978-84-18567-59-9. Reúne quince discursos do autor.
Poesía
editar- Versos republicanos e outros versos políticos (1963-2001) (2002). Poio: Litoral das Rías. ISBN 84-932093-3-3. Editor.
- Versos satíricos (para hoxe) ó xeito medieval (2002). Nigra Imaxe. ISBN 9788487709609.
- Pois era un barco pirata (romance escrito nalgures no ano 2028, centenario do autor e 180 aniversario da publicación do manifiesto) (2003). Poio: Litoral das Rias. ISBN 84-932093-7-6.
- Romances do dezaseis de febreiro de 1936 (2006). Poio: Litoral das Rías. 48 páxs. ISBN 978-84-933408-6-5.
- Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. Antoloxía: 1963-2016 (2017). Vigo: Xerais.184 páxs. ISBN 978-84-9121-151-8.[20]
Teatro
editar- Un xuízo oral (bilingüe) nunha vila galega outono 1942 (2014). Silleda: Fervenza. ISBN 978-84-933317-8-8.
Ficción
editar- Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (1975). Akal Ed. ISBN 978-8473390354.
- Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (1999). Ed. de José Gómez Alén e Víctor Manuel Santadrián Arias. Fundación 10 de marzo, USC.[21]
- Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (2014). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-656-0. ePub: ISBN 978-84-9914-751-2.
- Das miñas memorias: 27 meses na Guerra Civil (1936-1939) (1999). Sada: Ediciós do Castro.
Escolmas e edicións
editar- Os cen mellores poemas da lingua galega (1969). Lugo: Celta. 268 páxs.
- Cantigas sociales (1969). Vigo: Castrelos. O Moucho, nº 10.
- Castelao. Prosas recuperadas I (1912-1950) (1974). Lugo: Celta.
- Castelao, Páxinas escollidas (1975). Madrid: Akal. 126 páxs. Ed. de 25.000 exemplares gratuítos.
- Obra galega completa, de Rosalía de Castro (1975). Madrid: Akal. 5 edicións.
- Poesía galega completa, Tovar Bobillo, Antonio. (1975). Madrid: Akal. 371 páxs.
- Galicia no corazón de X. Ramón Fernández-Oxea (1977). Sada: Ediciós do Castro.
- Celso E. Ferreiro, Antoloxía (1982).
- Coroa poética para Rosalía de Castro (1985). Vigo: Xerais. 148 páxs.
- Rosalía de Castro e a súa época (1985). Vigo: Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
- Coroa poética para Castelao. 187 poemas de 1911 a 1987 (1988). Sada: Ediciós do Castro. 379 páxs.
- Curros Enríquez para nenos (1988). Madrid: Ediciones de la Torre. 125 páxs.
- Dez poemas de Lorenzo Varela (1988). Sada: Ediciós do Castro. 40 páxs.
- Carles Riba e Galicia. Homenaxe no I centenario do seu nacemento (1993). Vigo: Galaxia. 353 páxs.
- Coroa poética para un mártir: 35 poemas á morte de Alexandre Bóveda (1996). Vigo: Xerais. 94 páxs.
- Poemas ó vagalume (1997). Vigo: Galaxia. Minilibros.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara (1998). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. 109 páxs. ISBN 978-8481216783.
- A cantiga de Mendiño en 28 linguas (1998). Santiago: Xunta de Galicia. 108 páxs.
- A Guerrilla galega antifanquista e os guerrilleiros na voz dos poetas (2002).
- R. Alberti, Once poemas “gallegos” (2002).
Obras colectivas
editar- Antonio Machado na nosa voz (1966). Lugo: Círculo das Artes.
- Castelao na voz dos poetas (1970). Sada: Ediciós do Castro).
- Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega (1990, Xunta de Galicia).
- Vida, obra e milagres de Xan da Coba (1992). Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia. Con Carlos Casares.
- Carles Riba e Galicia (1993). Vigo: Galaxia.
- Poetas alófonos en lingua galega (1994). Vigo: Galaxia.
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996). Vigo: Xerais. Con Marcos Valcárcel, Ramón Villares e Henrique Monteagudo.
- Homenaxe ós tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Códax, Mendiño, Johán de Cangas (1998). Real Academia Galega.
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas (1998). Vigo: Galaxia. 356 páxs. ISBN 978-84-8288-199-7.
- Eladio Rodríguez (1864-1949). Unha fotobiografía (2001). Vigo: Xerais.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003). Comisión Organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo.
- Rosalía de Castro traducida ó latín e cantada en latín e grego clásico (noticia e textos): homenaxe ó profesor Sergio Álvarez Campos (2003). RAG/Centro de Estudios Rosalianos.
- Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004). Consello da Cultura Galega).
- Lorenzo Varela (1916-1978). Unha fotobiografía (2005). Vigo: Xerais.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
- Antón Tovar na Limia (2007). Xunta de Galicia.
- En defensa do Poleiro (2010). Noia: Editorial Toxosoutos.
- Fermín Penzol: unha obra para un país (2010). Vigo: Galaxia.
- A gaita, o gaiteiro e os gaiteiros na poesía galega (1853-1912) (2012). Xunta de Galicia.
- Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (1916-1990) (2013). Vigo: Xerais. Coord. Ramón Nicolás. 224 páxs. ISBN.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013). Compostela: Academia Real Isaac Díaz Pardo. 49 páxs. ISBN [22]
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[23]
- 1936. O Estatuto esquecido (2016). Guiverny.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Textos literarios y geográficos sobre Tierra de Campos (1960). Con Esteban Ortegal Gato. Palencia: Deputación provincial.
- Textos literarios sobre Lugo y su provincia (1963). Con Enrique Santín Díaz. Madrid-Lugo: Celta.
- Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968). Madrid: Ciencia Nueva.
- Rosalía de Castro (1972). Madrid: Ed. Júcar.
- Azorín, Rosalía de Castro y otros motivos gallegos (1973). Lugo: Celta. 155 páxs.
- Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973). Madrid: Akal, Colección Arealonga.
- Galicia vista por los no gallegos. Cuatrocientos autores, de Estrabón a Laín Entralgo (1974). Madrid: Ed. Júcar.
- Celso Emilio Ferreiro (1982). Madrid: Ed. Júcar. 224 páxs. 978-84-334-3036-6.
- En torno a Rosalía (1985). Madrid: Ed. Júcar. 471 páxs.
Premios
editar- 1986: Premio Galicia de Xornalismo
- 1988: Premio nacional de xornalismo Julio Camba[24]
- 1989: Premio Otero Pedrayo
- 1990: Premio Galicia de Xornalismo
- 1992: Pedrón de Ouro
- 1993: Premio Celanova Casa dos Poetas, Fundación Curros Enríquez
- 1994: Premio Irmandade do Libro, Federación de libreiros de Galicia.
- 1995: Premio de Xornalismo Juan Fernández Latorre
- 1995: Premio da Crítica de Galicia
- 2000: Premio Roberto Blanco Torres, por Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)
- 2000: Premio Trasalba
- 2009: Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, por Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)
- 2010: Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Ensaio), por Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)
- 2012: Premio Losada Diéguez (Investigación e Ensaio), por Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo
- 2019: Premio Cultura Galega das Letras [25]
- 2022: Premio Laxeiro[26]
Homenaxes
editar- Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero (1999). USC. ISBN 84-8121-808-1. Coordinado por Rosario Álvarez Blanco e Dolores Vilavedra. Edición en liña
- 2010: Doutor honoris causa da UNED, á que presentou o discurso “Cómo cantaron e contaron a Miguel Hernández os poetas galegos nos anos do franquismo”.[27]
- 19 de abril de 2024: homenaxe no IES Lucus Augusti.[8]
Vida persoal
editarCasou con Emilia Pimentel Iglesias en 1957, coa que tivo tres fillos: Emilio, Jesús (Cuchús Pimentel) e Sara. Divorciado, volveu casar con Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, que finou en setembro de 2018.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Xesús Alonso Montero, novo presidente da Academia". Sermos Galiza. 20 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Miguel Pardo (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública.
- ↑ "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962). Real Academia Galega. 1993.
- ↑ Alonso Montero, Xesús (1984): "Esperanto", en: Silverio Cañada (eldonisto): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago/Gijón, paĝoj 214-218
- ↑ -- (1986): Kongreslibro de la 46-a Hispana Kongreso de Esperanto. Vigo: [Hispana Esperanto-Federacio]
- ↑ -- (2010): Kongreslibro de la 69-a Hispana Kongreso de Esperanto, Santiago de Compostela: [Hispana Esperanto-Federacio]
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Palacios, Xosé María (2024-04-13). "Xesús Alonso Montero: «Síntome galego de Lugo»". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-04-14.
- ↑ Incluído despois na Biblioteca Galega 120, co título, en cuberta e lombo, de: As palabras do exilio.
- ↑ Os poetas galegos e Franco na páxina web de Akal.
- ↑ "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) Uiversidade de Santiago de Compostela LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ Comentarios ó libro por parte de Alonso Montero Arquivado 23/06/2016, en Archive.is (en galego)
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "«A Guerra Civil tamén se perpetrou contra Curros Enríquez»". La Voz de Galicia. 2003-06-16. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ "Presentación de 'María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura'". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ Mariño Dávila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Tempos avoltos, literatura subversiva". Grial LX (233): 110–111. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ Montero, Xesús Alonso (1999). Pedro Petouto: traballos e cavilacións dun mestre subversivo. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-8121-779-7.
- ↑ Nicolás, Ramón (2013-08-27). "Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (Xosé Ramón Fandiño, coord.)". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-03.
- ↑ Libro electrónico
- ↑ "Ficha autor". bvg.udc.es/.
- ↑ "Xesús Alonso Montero, Amancio Prada o la restauración del Pórtico, entre los Premios da Cultura Galega 2019". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-27.
- ↑ "Xesús Alonso Montero, premio Laxeiro 2023". La Voz de Galicia. 2022-12-01. Consultado o 2022-12-04.
- ↑ "Xesús Alonso Montero Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-03-03.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Alonso Montero |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 23. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- F. Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-248-X.
- Hermida, M. (2010). Xesús Alonso Montero (palabras e compromiso). Editorial Galaxia. ISBN 9788476806586.Hermida&rft.btitle=Xesús Alonso Montero (palabras e compromiso)&rft.date=2010&rft.genre=book&rft.isbn=9788476806586&rft.pub=Editorial Galaxia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Ficha do autor Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine. na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. do alumnado do IES Manuel García Barros.
- Franco, Fernando (30/4/2017) "Hay un sector del nacionalismo gallego que me ve como el anticristo españolista", Faro de Vigo.
- Salgado, Daniel (9/3/2007) Entrevista a Alonso Montero El País.
Predecesor: Xosé Luís Méndez Ferrín |
Presidente da RAG 2013 -2017 |
Sucesor: Víctor Freixanes |