Xeración de 1950 de Literatura española
Denomínase Xeración dos 50 en España aos escritores en lingua castelá, fundamentalmente poetas que, superada a guerra civil, son considerados "fillos" desta e que unen a reivindicación social cunha nova lírica e preocupación pola linguaxe, así como incorporan reflexións metafísicas e filosóficas nas súas obras. Non obstante, non se rexen por unha liña academicista. Trátase dunha escrita de corte intimista, e están influenciados pola Xeración do 98, especialmente por Antonio Machado. Na segunda etapa desta xeración literaria, os novelistas consideran que o seu papel como escritores os obriga a denunciar as miserias e inxustizas sociais.
Entre os máis destacados membros desta xeración figuran José Manuel Caballero Bonald, Rafael Sánchez Ferlosio, Ángel González, Antonio Gamoneda, José Agustín Goytisolo, Carmen Martín Gaite, Alfonso Sastre ou Claudio Rodríguez, entre outros.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Riera, C.: La escuela de Barcelona: Barral, Gil de Biedma, Goytisolo : el núcleo poético de la generación de los cincuenta. Barcelona: Anagrama, 1988.