Xavier del Valle

músico galego

Xavier González González del Valle, artisticamente coñecido como Xavier ou Xavier del Valle, nado na Coruña o 20 de setembro de 1940, é un músico galego que practicou a canción de intervención social e estivo vencellado ao colectivo Voces Ceibes.

Modelo:BiografíaXavier del Valle
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como o da maioría de membros do colectivo, o comezo da carreira musical de Xavier coincide coa súa etapa universitaria en Santiago de Compostela, no seu caso, como estudante de Química. Así, no ano 1967 entra en contacto con Benedicto, co que comezará a dar algúns recitais. Un ano despois participa xa do que sería considerado o acto fundacional da Nova Canción Galega, o recital na Facultade de Medicina do 26 de abril de 1968, no que interpreta ante 2000 asistentes os temas Monólogo do vello traballador, María Soliña, Romance incompleto e Longa noite de pedra. No mesmo recital participan tamén Benedicto, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas e Guillermo Rojo. Xavier fora tamén un participante activo das mobilizacións estudantís do abril compostelán do 68 ás que o concerto daba fin, participando nun feche na Facultade de Medicina que xuntara a uns douscentos alumnos. Informes policiais da época sinálano como un dos estudantes máis destacados nestes feitos.

Fundación de Voces ceibes

editar

En maio de 1968 participa da fundación do colectivo Voces Ceibes, grupo inspirado nas experiencias de Els Setze Jutges e dos vascos Ez dok amairu. Os seus principios eran o monolingüismo en galego, a temática social e o rexeitamento do folclore galego, naquel momento vencellado aos fastos franquistas. Tamén compartían coas experiencias vasca e catalá o seu sentido da comunidade, por riba dos individualismos persoais. O nome do colectivo sería unha idea súa[1].

En 1968, animado polo cantautor en lingua catalá Raimon e xunto con outros compañeiros, desprázase a Barcelona, onde acordan un contrato coa discográfica Edigsa. Ese mesmo ano sairá, da man da mesma e baixo o nome de Xavier, o seu primeiro e único traballo, un EP de catro temas baseados todos en letras de Celso Emilio Ferreiro.

Ao longo do mesmo 1968 participa, con outros membros do colectivo en distintos recitais, algún deles prohibidos polas autoridades franquistas. O máis destacábel é o do 1 de decembro no cine Capitol de Compostela, que se considera o acto fundacional de Voces Ceibes. En 1969, con outros membros do colectivo, dará recitais en Oviedo e Xixón, levando as actuacións de Voces Ceibes por primeira vez fóra das fronteiras de Galiza.

Retirada

editar

Xavier deixa o colectivo e a carreira musical no ano 1970. Dende entón ten acudido a algunhas das homenaxes e aniversarios que se lles brindou, tanto ao colectivo como ao concerto na Facultade de Medicina, chegando a actuar puntualmente nalgún deles.

Discografía

editar

Discos en solitario

editar
  • Edigsa/Xistral XIS 6 (EP, Edigsa, 1968), inclúe os temas Longa noite de pedra, Romance incompleto, Monólogo do vello traballador e María Soliña.

Recompilatorios e discos colectivos

editar