Xavier Zubiri
Xabier Zubiri Apalategui, nado en Donostia o 4 de decembro de 1898 e finado en Madrid o 21 de setembro de 1983, foi un filósofo vasco e un dos máis importantes de España no século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1898 Donostia (España) |
Morte | 21 de setembro de 1983 (84 anos) Madrid (España) |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′21″N 3°38′10″O / 40.422375, -3.636089 |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona Madrid |
Ocupación | filósofo, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Barcelona |
Obra | |
Doutorando | José Gaos (pt) e Julián Marías |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Castro Madinaveitia |
Premios | |
Traxectoria
editarFixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915. Trasladouse a Madrid para ingresar no Seminario Conciliar, onde foi alumno de Juan Zaragüeta. Comezou estudos na Universidade Central na Facultade de Filosofía e Letras, con profesores como José Ortega y Gasset ou Javier García Morente.
Lovaina e Roma
editarEntre 1920 e 1921 Zubiri trasladouse a Lovaina para ampliar os seus estudos filosóficos. Mentres, nun ínterim, en novembro de 1920, presentou na Universidade Pontificia de Roma a súa tese de doutoramento en teoloxía. En Lovaina trabou os primeiros contactos coa fenomenoloxía. De feito, Zubiri presentou a súa memoria de licenciatura en Lovaina sobre ese campo (Le problème de le objectivité d'après Edmund Husserl. I: La logique pure / O problema da obxectividade segundo Edmund Husserl, I: A lóxica pura). Antes de acabar o curso de 1921, en maio Zubiri leu a súa tese doutoral, Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio, na Universidade Central madrileña, dirixida por Ortega. Ese mesmo ano foi ordenado sacerdote.
Profesor, viaxe a Alemaña e matrimonio
editarEn 1926 obtivo a cátedra de Historia da Filosofía na Universidade Central, vacante tralo pasamento de Adolfo Bonilla San Martín. En 1929 seguiu cursos en Friburgo (Alemaña) co seu admirado Edmund Husserl e con Martin Heidegger. Pasou por Berlín antes de reincorporarse á súa cátedra madrileña en 1931. En 1935 obtivo a secularización e casou o ano seguinte con Carmen Castro, filla do profesor e ensaísta Américo Castro. O matrimonio pasou os anos da Guerra Civil española en París.
Dificultades durante o franquismo
editarAo regresar a España acabada a guerra, Zubiri non puido retomar o traballo na súa cátedra madrileña, por oposición das autoridades eclesiásticas. Trasladouse daquela a Barcelona e impartirá clases na universidade entre 1940 e 1942.
Ante as dificultades impostas polas autoridades franquistas, Zubiri decide pedir a excedencia. De regreso a Madrid impartirá cursos privados, e verá financiada pola banca Urquijo unha empresa de publicacións. Dese xeito, e a través de cursos e conferencias no estranxeiro, puido sosterse economicamente, en tanto ía madurando e publicando a súa obra. Parte dela foi publicada postumamente.
A filosofía de Zubiri
editarTalvez o principal achado de Zubiri é a creación dun sistema metafísico que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), a través da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", concepto que se opón a "esencia pechada" (é dicir, unha estrutura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).
Obra (Selección)
editar- Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio (1923)
- Hegel y el problema metafísico, in rev. Cruz y Raya (1933)
- La idea de Naturaleza: la nueva física, in rev. Cruz y Raya (1934)
- El saber filosófico y su historia, in rev. Cruz y Raya (1935)
- Ciencia y realidad, in rev. Escorial (1941)
- Naturaleza, Historia, Dios (1944)
- Sobre la esencia" (1962)
- Cinco lecciones de filosofía (1963)
- El hombre, realidad personal [1963]
- El origen del hombre [1964]
- Notas sobre la inteligencia humana [1966–67]
- La dimensión historica del ser humano [1973]
- El hombre y su cuerpo [1974]
- El problema teologal del hombre [1975]
- El concepto descriptivo del tiempo [1976]
- Respectividad de lo real [1979]
- Inteligencia y Realidad (1980)
- Inteligencia y Logos (1982)
- Inteligencia y Razón (1983)
As seguintes son obras publicadas postumamente:
- El hombre y Dios (1984)
- Sobre el hombre (1986)
- Estructura dinámica de la realidad (1989)
- Sobre el sentimiento y la volición (1992)
- El problema filosófico de la historia de las religiones (1993)
- El problema teologal del hombre: Cristianismo (1997)
- Los problemas fundamentales de la metafísica occidental (1994)
- Primeros escritos (1921-1926) (2000)
- Espacio. Tiempo. Materia (1996)
- El hombre y la verdad (1999)
- Sobre la realidad (2001)
- Sobre el problema de la filosofía y otros escritos (1932-1944) (2002)
- El hombre: lo real y lo irreal (2005).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domínguez Prieto, Xosé Manuel (2003). Xabier Zubiri. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-31-6.
Ligazóns externas
editar- Coca, Juan Romay (2008). "Actualidad del concepto de phylum en Zubiri". Ideas y valores: Revista Colombiana de Filosofía 57 (136): 59–68. ISSN 0120-0062.(en castelán)