Xaime Quesada Blanco
Xaime Quesada Blanco, nado o 20 de decembro de 1975 en Ourense e finado o 21 de xuño de 2006 en Vilar de Astrés, Ourense, fillo do tamén pintor Xaime Quessada e da arquitecta María Xesús Blanco Piñeiro, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa curta vida.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1975 Ourense, España |
Morte | 21 de xuño de 2006 (30 anos) |
Actividade | |
Ocupación | artista, pintor |
Familia | |
Pai | Xaime Quessada |
Traxectoria
editarDe formación en Belas Artes pola escola madrileña de San Fernando, expuxo en Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense (tanto no Museo Municipal coma no Centro Cultural da Deputación), Vigo e tamén noutros países europeos coma Suecia, Alemaña ou Noruega. Sempre apoiado pola familia, e coa experiencia que lle transmitiu o pai, Xaime Quessada, o mozo pintor galego deixou un legado de interese para a pintura do país.
Autor de numerosas obras pictóricas, aínda que tamén escultóricas e muralistas, probou a revitalizar técnicas coma o construtivismo e o expresionismo abstracto sen deixar de empregar xeitos novos de traballo coma os dixitais. Díxose amante da arte e amosouse como un grande ilustrador de cores, máis que de ideas ou grandes temas. Apostou tamén pola seriación nos seus cadros, e sinalou en diversas ocasións como mestres os rusos Kandinski e a Vassareli.
Faleceu dun derramo cerebral na súa casa familiar de Vilar de Astrés e foi soterrado no camposanto de Señorín, no Carballiño.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Quesada Blanco, Xaime". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.