Wuhan
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Wuhan (chinés simplificado: 武汉市, chinés tradicional: 武漢市, pinyin: Wǔhàn shi) é a capital da provincia de Hubei, República Popular da China. Situada na confluencia dos ríos Yangtzé e Han, ten 8.310.000 habitantes. Entre 1925 e 1930 Wuhan foi a capital do goberno nacionalista chinés de Wang Jingwei oposto a Chiang Kai-shek.
武汉 (zh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Hubei | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Caidian District (en) Distrito de Dongxihu (pt) Hannan District (en) Hanyang District (en) Hongshan District (en) Huangpi District (en) Jiang'an District (en) Jianghan District (en) Jiangxia District (en) Qiaokou District (en) Qingshan District (en) Wuchang District (en) Xinzhou District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.326.518 (2020) (1.438,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8.569,15 km² | ||||
Bañado por | Río Yangtzé | ||||
Altitude | 37 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Cheng Yongwen (en) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Wuhan Municipal people's Congress (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 430000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 027 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | wuhan.gov.cn | ||||
En realidade Wuhan é a unión de tres cidades Wuchang, Hanyang e Hankou.[Cómpre referencia] A Torre da Grúa Amarela, construída no ano 223, é un dos símbolos da cidade.[Cómpre referencia] Sufriu un incendio en 1884 e unha reconstrución completa en 1981.[Cómpre referencia]
Historia
editarWuhan é o centro xeográfico da China histórica, a metade de camiño na ruta norte-sur entre Pequín e Cantón, xusto no cruzamento do río Yangtzé, a gran ruta fluvial leste-oeste entre Sichuan (Chongqing) e a costa (Shanghai).
Primitiva cidade
editarAsí, dende o 1500 a.C., ao comezo da dinastía Shang, establécese un centro de trasporte fluvial chamado Panlong (no moderno suburbio de Huangpi, ao norte da cidade actual), a primeira cidade daquela dinastía na cunca do río Azul[1].
Pertencente ao estado de Chu por tanto tempo coma o da dinastía dos Zhou Orientais (770 a.C.-221 A.C.), a cultura Chu converteuse no fundamento da actual na rexión da capital. No século III a.C., durante o período dos Reinos combatentes, construíronse dúas fortalezas en dous promontorios a cada lado do Yangtze: o da beira esquerda (oeste) semella unha tartaruga (Guishan), e o da beira dereita (leste) unha serpe (Sheshan) bebendo na auga. Na protección deste vai nacer a cidade de Wuchang e na do primeiro a de Hanyang.
Wuchang e Hanyang
editarNo final da dinastía dos Han Orientais (25-220 d.C) xurdiu ao norte do Outeiro da Tartaruga un activo porto chamado Queyue (antecedente de Hanyang). Foi fortificado con murallas no 206. Por esa época (208), a épica batalla dos Cantís Vermellos, augas arriba do río Azul, marcou o fin da dinastía Han e o comezo do período dos Tres Reinos. En 222 Sun Quan, rei de Wu, move a súa capital a Xiakou (a base do seu exército na campaña militar) renomeándoa Wuchang, construíndo fortes e pazos e, no 223, cercándoa cunha muralla.[Cómpre referencia] Nese ano erixe a famosa Torre da Grúa Amarela (unha ducia de veces reconstruída), que domina ata hoxe o gran río dende o Outeiro da Serpe[2]. A vella Wuchang é unha cidade con estaleiros, metalurxia, cuñaxe de moeda e manufactura de porcelana branca. De calquera maneira, a partir do século IV, a capitalidade volta a Nanjing e as dúas cidades do curso medio teñen un lento desenvolvemento ata a época Tang (618-907) e Song (960-1279).
Foi despois que, durante a dinastía Sui, no 606, se fundase Hanyang, seica ó sur do Outeiro da Tartaruga e na beira norte do río Han, o maior afluente do Yangtze, que daquela alí desembocaba. O seu florecemento coma centro comercial e artesanal da rexión deu pulo ao enclave [1][Ligazón morta].
Na época da dinastía Yuan (1279-1368) Wuchang convértese en capital provincial do imperio e arrodéase de novas murallas [2][Ligazón morta] reforzando o carácter de centro administrativo que vai manter ata hoxe.
Hankou
editarEn 1474 o río Han cambia de súpeto de curso cara ao norte. Os suburbios máis setentrionais de Hanyang quedan separados, o que de feito constitúe o punto de partida dunha nova cidade, a terceira no lugar, que co tempo chamarase Hankow.
A engalaxe de Hankow como porto no século XVI e principalmente no XVII veu a expensas do repregue de Hanyang, cuxos anteriores barrios portuarios, agora entupidos, trasladaron alá a súa actividade [3][Ligazón morta][4].
O século XVIII non fixo senón confirmar a Hankow coma base portuaria de referencia no interior da China; o que no XIX a converteu, tralas Guerras do Opio (coa súa destrución xunto á de Hanyang pola rebelión Taiping en 1850 ) e o Tratado de Tianjin (1860), nunha das obrigadas prazas de apertura ao tráfico internacional con concesións estranxeiras asentadas ao longo da ribeira do Yangtzé [5]. Iso converteuna nunha metrópole cosmopolita [6].
A chegada do ferrocarril a fins de século acelerou o crecemento coma nó comercial de transporte.[Cómpre referencia] Tamén se iniciou unha forte industrialización: así, na banda de Hanyang instaláronse un arsenal e unha aceiraría (primeiro fito do futuro siderúrxico da área).[Cómpre referencia]
Wuhan
editarEn 1911 tivo lugar en Wuchang a revolta que remataría o milenario imperio chinés, o derrocamento da dinastía Qin e a proclamación da República da China. Nas décadas turbulentas que seguiron, a cidade foi elixida brevemente (1926) coma capital da nación por unha das faccións, para o que se decidiu en 1927 unir as tres cidades históricas nunha soa entidade administrativa.[Cómpre referencia]
Trala proclamación da República Popular, o primeiro plan quinquenal reforzou o carácter de centro da industria pesada da cidade, e decidiuse construír a primeira ponte sobre o Yangtzé (1957).[Cómpre referencia] Coma peche dun círculo histórico o trazado elixido foi o que unía os Outeiros da Serpe e da Tartaruga [7][Ligazón morta]. Unha segunda ponte entre Hankou e Wuchang foi tendida en 1995 [8]Arquivado 05 de maio de 2012 en Wayback Machine..
Pandemia por coronavirus de 2019-2020
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ Imaxe[Ligazón morta]
- ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2013.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wuhan |