William John Swainson

biólogo inglés
(Redirección desde «William Swainson»)

William John Swainson, nado o 8 de outubro de 1789 en Londres, e finado o 6 de decembro de 1855 en Fern Grove, Hutt Valley, Nova Zelandia, foi un naturalista, ornitólogo e artista inglés.

Modelo:BiografíaWilliam John Swainson

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) William Swainson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1789 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 1855 (66 anos)
Lower Hutt, Nova Zelandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. James Churchyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, malacólogo, ilustrador, botánico, entomólogo, ornitólogo, ictiólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1820–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSwainson Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaSwainson Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMary Swainson Editar o valor en Wikidata
FillosMary Frederica Marshall, George Frederick Swainson, Henry Gabriel Swainson, Edwin Newcombe Swainson, Mrs Lucelle Frances Beetham (Swainson, Lucelle Frances), Edith Halcombe Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles Litchfield Swainson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
The Dictionary of Australasian Biography, 1892 (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4976866 WikiTree: Swainson-92 Find a Grave: 156792098 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Aos 14 anos comezou a traballar como empregado na alfándega de Liverpool. Descobre o seu interese pola historia natural grazas ao estudo das coleccións de cunchas e de insectos do seu pai, membro da Sociedade Linneana de Londres. Despois incorporouse ao exército e foi enviado a Sicilia e a Malta, pero pronto foi relevado das súas funcióne debido a problemas de saúde.[1][2]

Entre 1807 e 1815 traballou na administración militar, reunindo unha gran colección zoolóxica. En 1808 publicou, a cargpo do Museo de Liverpool, un manual titulado Instructions for Collecting and Preserving Subjects of Natural History

Viaxes ao Brasil e París

editar

Despois do final das Guerras napoleónicas, retirouse cun parcialmente. Entre 1816 e 1818 viaxou ao Brasil, regresando á Gran Bretaña cunha gran colección de 20 000 insectos, 1 200 plantas, debuxos de 120 especies de peixes e peles de aproximadamente 760 aves. Deu á luz, entre 1834 e 1835, a obra Birds of Brazil.

O seu amigo o zoólogo William Elford Leach (1790-1836) animouno a utilizar a técnica da litografía para o seu libro Zoological Illustrations (1820-1823) en tres volumes (o terceiro dedicado ás cunchas). Cando Leach debe dimitir no British Museum por razóns de saúde, solicitou que Swainson o substituíra, pero finalmente John George Children (1777-1852) foi o elixido.

En 1828 visita o Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, que estaba baixo a dirección de Georges Cuvier (1769-1832) e de Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772-1844).

Novos traballos na Gran Bretaña

editar

Continuou cos seus traballos e publicou en 1831, Fauna Boreali-Americana, en colaboración con John Richardson (1787-1865). Realizou tamén unha segunda serie de Zoological Illustrations (1832-1833), ilustra tres volumes de Naturalist's Library de William Jardine (1800-1874) e once volumes da Cabinet Cyclopedia de Dionysius Lardner (1793-1859). En 1837, deu á luz a primeira avifaune da África do Oeste: The natural history of the Birds of Western Africa, onde describre 186 especies recolectadas principalmente por George Rendall, subgobernador de Gambia.

En Nova Zelandia

editar

En 1841 emigra a Nova Zelandia onde se fai granxeiro, aínda que a súa emeresa durou pouco, en parte a causa da oposición das poboacións maorís. En 1851 instálase rn Sydney, onde traballa como botánico para o goberno de Victoria. Pero sofre un novo fracaso, quizais debido á súa falta de coñecementos en botánica. Daquela regresou a Nova Zelandia, onde faleceu en decembro de 1855.

Lista parcial de publicacións

editar
  • 1834: A preliminary discourse on the study of natural history. The cabinet cyclopaedia: Natural history. Editor Longman, Rees, Orme, Brown, Green & Longman, & J. Taylor, 462 pp.
  • 1839: The natural history and classification of fishes, amphibians, and reptiles, or monocardian animals. Londres, dous volumes: i–vi 1–448.

Honras

editar

William seguiu os pasos do seu pai e converteuse en membro da Sociedade Linneana de Londres, en 1815.[1]

Epónimos

editar

Varios autores honrárono dedicándolle varias especies:

Galería

editar

Abreviaturas

editar
  1. 1,0 1,1 "William Swainson F.R.S, F.L.S., Naturalist and Artist: Diaries 1808-1838:Sicily, Malta, Greece, Italy and Brazil." G.M. Swainson, Palmerston, NZ 1989.
  2. SWAINSON, William, 1789-1855 en An Encyclopaedia of New Zealand, editeda por A. H. McLintock.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar