William Shepherd
astronauta estadounidense
William McMichael "Bill" Shepherd, nado en Oak Ridge, Tennessee, o 26 de xullo de 1949, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-27, STS-41, STS-52, STS-102 e Soiuz TM-31 e foi membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Nome orixinal | (en) Martin owen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xullo de 1949 (75 anos) Oak Ridge, Estados Unidos de América (pt) |
Comandante da EEI Expedición 1 | |
2 de novembro de 2000 – 19 de marzo de 2001 ← sen valor – Iuri Usachov → | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Arcadia High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, enxeñeiro, astronauta, Enxeñeiro de aviación |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | capitán de navío |
Tempo no espazo | 159 días, 7 horas e 49 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
|
Traxectoria
editarShepherd graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1971 e en enxeñería oceánica e mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-27, STS-41, STS-52, STS-102 e Soiuz TM-31 e sendo membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 159,33 días no espazo. Deixou a NASA en xaneiro de 2002.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Shepherd, William McMichael" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 2002). "WILLIAM M. SHEPHERD (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Shepherd |