Warren Buffett
Warren Edward Buffett, nado o 30 de agosto de 1930 en Omaha, Nebrasca, é un investidor e filántropo estadounidense. No ano 2008 era considerado o home máis rico do mundo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1930 (94 anos) Omaha, Estados Unidos de América |
Director executivo Berkshire Hathaway | |
1970 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Omaha |
Educación | Columbia Business School (en) - economía (–1951) Universidade de Nebraska-Lincoln (pt) - administración de empresas (–1950) Woodrow Wilson High School (–1947) Wharton School (pt) (1947–) Universidade de Pensilvania New York Institute of Finance |
Actividade | |
Ocupación | investidor, financeiro, accionista, emprendedor, economista |
Período de actividade | 1951 - |
Membro de | |
Profesores | Benjamin Graham |
Patrimonio estimado | 82.500 M$ (2019) |
Familia | |
Cónxuxe | Astrid Menks (2006–) Susan Buffett (1952–2004), death of subject's partner |
Fillos | Susan Alice Buffett () Susan Buffett Howard Graham Buffett () Susan Buffett Peter Buffett () Susan Buffett |
Pais | Howard Homan Buffett e Leila Stahl Buffett |
Irmáns | Doris Buffett Roberta Buffett Elliott |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lentapedia Lentapedia Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarO seu patrimonio líquido ascendía no 2006 a 16 mil millóns de dólares, grazas enteiramente á súa habilidade na escolla de accións e a administración de investimentos doutras persoas. Buffet iniciou a súa carreira en 1954 con apenas 100 dólares para investir. Despois de ser ensinado por Benjamin Graham, fundou unha sociedade de investimento da que el era administrador. Buffet dirixiu esta sociedade ata 1969, cando saíu do mercado debido aos niveis extremadamente altos da Bolsa.
En 1965 comprou unha firma con problemas financeiros no sector téxtil chamada Berkshire Hathaway. Esta firma debería converterse nun holding para investimentos no sector dos medios de comunicación, seguros e compañías do sector de consumo. Buffet comprou varias destas compañías a un prezo moi baixo na recesión de 1973. Isto axudou a manter o seu retorno ben superior ó mercado durante as décadas de 70 e 80. Buffett xa era considerado unha lenda viva no campo dos investimentos cando comprou unha gran parte de Coca-Cola en 1988. Os exemplos empregados nas súas conferencias axudaron a espallar a súa reputación ben lonxe dos confíns de Wall Street, auxiliados por un bando de investidores satisfeitos que Buffet axudou a transformar en millonarios.
Buffett é o investidor con máis éxito de tódolos tempos, cunha taxa de retorno composta de 22,3% durante 36 anos. A compra de Coca Cola supuxo para os seus investidores un lucro de preto do 800% en 12 anos. Menos coñecido foi seu investimento no Grupo de propaganda Interpublic en 1973, que ofreceu ganancias de máis do 900% en pouco máis de 11 anos. Buffet utiliza un cálculo chamado de fluxo de caixa descontado, que envolve a estimativa dos fluxos de caixa futuros do negocio e o desconto. Este cálculo mostra se existe unha diferenza entre o prezo actual e o valor proxectado, e se é grande ou suficiente para dar ó investidor unha marxe de seguridade. Buffet di que despois de comprada unha acción, non lle importaría se a Bolsa pechase por 10 anos se estivese suficiente confiado do valor intrínseco dos seus papeis.
Notas
editar- ↑ Kroll, Luisa (2008-03-05). "The World's Billionaires". Forbes. Consultado o 2008-03-05.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Warren Buffett |