Otto Moritz Walter Model nado en Genthin o 24 de xaneiro de 1891 e finado en Duisburg o 21 de abril de 1945, foi un xeneral e mariscal de campo alemán que salientou durante a segunda guerra mundial.

Modelo:BiografíaWalter Model

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Genthin, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Ratingen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, disparo na cabeza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKriegsgräberstätte Vossenack (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor en Wikidata - 21 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Imperial Alemán e Wehrmacht Editar o valor en Wikidata
Rango militarFahnenjunker (en) Traducir (1909–)
Mariscal de Campo Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)3ª Divisão Panzer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHansgeorg Model Editar o valor en Wikidata
IrmánsOtto Model Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Модель Вальтер) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4755109 Find a Grave: 11833 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Loitou na primeira guerra mundial onde foi ferido e recibiu a Cruz de Ferro en recoñecemento á súa afouteza e bravura. En 1917 foi promovido a capitán.

Comezada a segunda guerra mundial comezou como xefe do Estado Maior do XVI exército, participando nesa posición na organización da conquista de Polonia e na batalla de Francia.

Fronte oriental

editar

Como comandante da terceira división blindada, salientou na invasión da Unión Soviética o que lle valeu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro. En xullo de 1941, baixo ás ordes do xeneral Heinz Guderian foi a punta de lanza que acadou o río Dniéper. Participou vitoriosamente no xiro cara ao sur que supuxo a conquista de Ucraína.

Baixo o mando do xeneral Reinhard, tras o fracaso da toma de Moscova, Model foi o encargado de cubrir a retirada en condicións climáticas extremas e con medios precarios evitando que a contraofensiva masiva do xeneral Gueorgui Zhukov barrese os grupos de exército xermanos. En Rzhev, ao mando do noveno exército estabilizou a fronte rexeitando os ataques inimigos. Chegou a xeneral de XXXXI Corpo de Exército o 1 de outubro de 1941 e máis tarde do noveno exército.

Tivo unha participación moi activa na batalla de Kursk e, tralo definitivo avance soviético, como comandante en xefe de altos comandos, foi quen de estabilizar a fronte en varias ocasións, conseguindo un retroceso ordenado e asemade asestar golpes aos soviéticos de xeito que impediu o colapso decisivo dos exércitos alemáns. Acadou o nomeamento de mariscal de campo o 1 de marzo de 1944 (o máis novo dos mariscais tras unha meteórica carreira) e obtivo as máis altas condecoracións (incluída a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con follas de carballo, espadas e diamantes).

Fronte occidental

editar

Aberta a fronte occidental tras o desembarco de Normandía, confiáronselle alí importantes misións. Tras convencer a Hitler da absoluta necesidade de autorizar a retirada do sétimo exército da bolsa da Falaise, conseguiu salvar un destacable número de unidades sobreviventes.

Obtivo un éxito total na desfeita da Operación Market Garden. Este foi un intento aliado de grande envergadura que pretendía controlar os Países Baixos e cruzar o Rhin, co fin de forzar a rendición de Alemaña antes do Nadal de 1944. Model destruíu a 1ª división aerotransportada británica e rexeitou ás tropas estadounidenses, o que prolongou sete meses máis a guerra.

Tamén acadou éxitos iniciais na contraofensiva das Ardenas dirixida por Gerd von Rundstedt. Pero a falla de material e combustible deixaron ás tropas alemás a escasos 100 quilómetros de Anveres, sen poder cortar totalmente os grupos de exércitos aliados. Embolsados os seus exércitos no Ruhr, suicidouse tras ordenar os fusilamentos de Essen.

Walter Model foi un dos xenerais alemáns que máis afinidade ideolóxica amosou cara ao nazismo e os seus crimes, ao tempo que foi un dos poucos que se atrevía a contradicir abertamente a Hitler, quen o tiña como un dos seus xenerais favoritos.