Voz (fonoloxía)
A Voz como Son
editarA física estableceu que para que exista son se requiren tres elementos:
- Un corpo que vibre
- Un medio elástico que vibre (as ondas sonoras son mecánicas que se propagan pola expansión e compresión do propio medio)
- Unha caixa de resonancia que amplifique esas vibracións, permitindo que sexan percibidas polo oído.
A voz humana cumpre coas tres condicións sinaladas:
- O corpo elástico que vibra son as cordas vocais.
- O medio elástico é o aire.
- A caixa de resonancia está formada por parte da garganta, pola boca e pola cavidade nasal.
O aparello fonador humano
editarO aparello fonador compóñeno 3 grupos de órganos diferenciados:
- Órganos de respiración (Cavidades infraglóticas: pulmóns, bronquios e traquea).
- Órganos de fonación (Cavidades glóticas: larinxe, cordas vocais e resoadores -nasal, bucal e farínxeo-).
- Órganos de articulación (cavidade supraglóticas: padal, lingua, dentes, beizos e glote) .
Ademais, o correcto funcionamento do aparello fonador contrólao o sistema nervioso central, pois máis aló da mera fonoloxía, está o significante. Especificamente, sábese que o control da fala se realiza na área de Broca situada no hemisferio esquerdo da cortiza cerebral.
A produción da fala
editarA fonación realízase durante a expiración, cando o aire contido nos pulmóns, sae destes e, a través dos bronquios e a traquea, chega á larinxe.
Na larinxe atópanse as cordas vocais. As cordas vocais non teñen forma cordófona senón que se trata dunha serie de pregues ou beizos.
Hai 4 cordas vocais:
- 2 superiores (bandas ventriculares), que non participan na articulación da voz.
- 2 inferiores, as verdadeiras cordas vocais, responsables da produción da voz.
As dúas cordas inferiores son dous pequenos músculos elásticos:
- Se se abren e se recollen aos lados, o aire pasa libremente, sen facer presión: respiramos.
- Se, pola contra, se xuntan, o aire peta contra elas producindo o son que denominamos voz.
Hai 3 mecanismos básicos de produción de voz:
- Vibración das cordas que produce os sons tonais ou sonoros (vocais, semivogais, nasalé etc.).
- As interrupcións (totais ou parciais) no fluxo de aire que sae dos pulmóns que dá lugar aos sons "xordos" (fricativas etc.)
- A combinación de vibración e interrupción, como as oclusivas sonoras (en galego 'b', 'd' e 'g').
O rango vocal determínao a flexibilidade das cordas vocais, que permite diferenciar os distintos tipos de voces (en canto: tenor, soprano, contralto, ...), en función da altura, intensidade e timbre.
O son producido nas cordas vocais é moi feble; por iso, debe ser amplificado. Esta amplificación terá lugar nos resoadores nasal, bucal e farínxeo, onde se producen modificacións que consisten no aumento da frecuencia de certos sons e a desvalorización doutros.
A voz humana, unha vez que sae dos resoadores, é moldeada polos articuladores (padal, lingua, dentes, beizos e glote), transformándose en sons da fala: fonemas, sílabas, palabras, ... A posición concreta dos articuladores determinará o son que emita a voz.