Voo

acción de voar con calquera movemento ou efecto a través do aire

O voo[1] é a acción de voar: calquera movemento a través do aire xerado por elevación aerodinámica ou flotabilidade aerostática. Tamén recibe o nome de voo o desprazamento das naves espaciais máis aló da atmosfera terrestre.

Voar é desprazarse a través dun espazo tridimensional, con movementos vectoriais ou relativos en calquera sentido. Ex.: os paracaidistas durante a caída libre, aínda que van sempre cara a abaixo, voan a través do espazo de forma relativa.

Voo animal

editar
 
Gaivota en voo
Véxase tamén: Voo das aves.

Os seres vivos que con máis éxito conseguiron dominar o voo son a gran maioría dos insectos, aves e os morcegos. Entre os vertebrados extintos, destacan os pterosauros, contemporáneos dos dinosauros. As ás de cada un destes grupos de animais evolucionaron de forma separada a partir de diferentes estruturas.

Os morcegos son os únicos mamíferos capaces de voar no sentido estrito da palabra. Con todo hai varias especies de animais, como os esquíos voadores que poden planear dunha árbore a outra grazas a unhas membranas entre as súas extremidades; algunhas poden desprazarse centos de metros desta forma perdendo moi pouca altura.

A maior parte das aves voan, con algunhas excepcións. O avestruz e o emú non poden voar, igual que o extinto dodo, mentres que o pingüín, que tampouco voa, adaptou as súas ás para usalas baixa a auga. Moitas aves pequenas que non poden voar son nativas de illas pequenas, e levan un estilo de vida onde o voo non dá moitas vantaxes. O falcón peregrino é o animal máis rápido do mundo; a súa velocidade terminal excede os 320 Km/h.

Na ficción

editar

Voo mecánico

editar
Artigo principal: Mecánica do Voo.
 
Voo mecánico: helicóptero Robinson R22 Beta.

As máquinas voadoras reciben o nome de aeronaves e pódense citar as seguintes:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar