Vitesse Arnhem
O Stichting Betaald Voetbal Vitesse, tamén chamado Vitesse Arnhem ou simplemente Vitesse, é un club de fútbol dos Países Baixos, da cidade de Arnhem. Xoga na Eredivisie holandesa e fundouse o 14 de maio de 1892.
Vitesse | |||
---|---|---|---|
Nome | Stichting Betaald Voetbal Vitesse | ||
Fundación | 14 de maio de 1892 (132 anos) | ||
Estadio | GelreDome, Arnhem, Países Baixos | ||
Inauguración | 1998 | ||
Capacidade | 25.000 | ||
Presidente | Merab Jordania | ||
Adestrador | Fred Rutten | ||
Liga | Eredivisie | ||
2021/22 | 6.º | ||
Na rede | |||
http://www.vitesse.nl/ | |||
| |||
Historia
editarO club fundouse en 1892. En 1984 separouse a parte de afeccionados para profesionalizar aínda máis o club.
A finais do século XIX e a principios do século XX, o equipo loitaba polo antigo campionato nacional, pero nunca chegou a gañalo. En 1927 chegou por vez primeira á final da Copa dos Países Baixos, pero perdeu diante do VUC Den Haag. Despois da fundación da Eredivisie en 1956, o equipo non participou na máxima categoría ata 1971. A partir dese intre o equipo mantívose durante 3 tempadas na máxima categoría, e non foi ata 1989 cando volveu á primeira división. En maio de 1990 xogou a súa segunda final de copa, contra o PSV, pero queda de novo subcampión. Ata 2002 o equipo rematou sempre a tempada entre os 6 primeiros na liga, clasificándose para a Copa UEFA en 6 ocasións. En 1993, o Vitesse foi eliminado polo Real Madrid nos oitavos de final da UEFA (0-1, 1-0). Neses anos, varios xogadores do Vitesse foron convocados coa súa selección nacional.
A nivel nacional,o Vitesse ostenta a maior derrota da historia da Eredivisie: o 12 de maio de 1972 os afeccionados do Ajax puideron desfrutar dun contundente 12-1.
O 15 de agosto do 2010 fíxose pública a compra do equipo polo xeorxiano Merab Zjordania, o cal chegou a ser adestrador da selección de Xeorxia.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camisola negra-amarela a raias, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camisola gris, pantalón negro e medias negras.